A escavación de Alfacar remata sen atopar a Lorca

O goberno andaluz quere cambiar o significado deste parque e asocialo á vangarda fronte aos asasinatos da Guerra Civil
Xornal.com Actualizado 20/12/2009 - 01:36 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Sen rastro de restos humanos. Así concluíu a escavación que comezou o pasado 29 de outubro no Parque Federico García Lorca de Alfacar (Granada). Neste lugar era onde se cría que estaba enterrado o poeta andaluz. Ademais, tras este traballo os arqueólogos concluíron que no lugar non houbo ningunha fosa.

A conselleira de Xustiza e Administración Pública, Begoña Álvarez, asegurou que non se atopou “nin un só óso, nin unha esquirla, nin tampouco cascos de bala, nin roupa”. Tamén explicou que se encargaron de situar “a historia cos argumentos da ciencia e non da especulación” e que no traballo arqueolóxico se cribou o terreo “palmo a palmo”, respectando a intimidade dos familiares.

Para Álvarez, os resultados da investigación non supoñen un “fracaso”, senón un “impulso para a memoria histórica”. Por iso, considera que o lugar ao que cada 18 de agosto acoden centos de persoas para recordar a morte do poeta e aos asasinados da Guerra Civil, “seguirá sendo un mito, porque alí morreu moita xente”. “Intentaremos asocialo á arte e á vangarda, cambiar o que significou ata agora, como algo do pasado, escuro e recalcitrante”, reivindicou a conselleira.

A escavación para procurar o cadáver de Lorca realizouse en torno ao monólito, onde o xeorradar detectou seis posibles fosas, que detallaban tamén na zona os testemuños históricos que lle achegou no seu día a Asociación Granadina para a Recuperación da Memoria Histórica, que contaba coa petición de exhumación de Francisco Galadí, asesinado canda a Lorca.

 

a investigación

Os traballos para detectar o lugar do enterramento comezaron o pasado 29 de outubro, pero a escavación arqueolóxica iniciouse o 2 de novembro e finalizou o 16 de decembro. Para iso, instalouse unha gran carpa metálica e arbitráronse medidas de vixilancia privada 24 horas para garantir as actuacións acometidas na zona.

En total, rastrexouse unha superficie de de máis de 260 metros cadrados e extraéronse 75 metros cúbicos de sedimentos. Todo o traballo arqueolóxico foi acometido por un equipo de cinco arqueólogos da Universidade de Granada, coordinados por Francisco Carrión.

As áreas de escavacións foron seleccionadas sobre a base da documentación dos especialistas en historia contemporánea e dos resultados da análise xeográfica realizada polo Instituto Andaluz de Geofísica da Universidade. Segundo Carrión realizáronse tres sondaxes para analizar seis sectores, pero só se atoparon unhas pequenas oquedades que foron gabias para unha antiga plantación de viñedos e unhas canalizacións para luz e auga.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Verde que te quiero verde.
Lalo
2009-12-19 03:19:24
Non pode ficar desta maneira, hai que atopar os restos de García Lorca; é parte da nosa historia e da nosa cultura. Non poden escatimar esforzos.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.