Marrocos agradécelle a Moratinos que recoñeza a súa soberanía sobre o Sáhara

O Goberno saharauí considera “paradoxal” o apoio español ás leis do reino alauí no territorio ocupado, e Zapatero defende ao seu ministro
Xornal.com Actualizado 21/12/2009 - 02:21 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Mentres Aminatu Haidar pedía a España responsabilidades pola actual situación do pobo saharauí e Washington avogaba por atopar unha solución dialogada á situación que se vive nestes territorios ocupados por Marrocos en 1975, o embaixador do reino alauí en España, Omar Azziman, non tiña ningún reparo en agradecerlle ao Goberno español o seu recoñecemento de que a lei marroquina impera no Sáhara Occidental. “Deixa as cousas claras para o futuro”, dixo o diplomático.

No comunicado emitido polo Ministerio de Asuntos Exteriores español o pasado venres, pouco antes de que a activista saharuí embarcase nun avión medicalizado rumbo a El Aaiún afirmábase: “Mentres se resolve o contencioso, España constata que a lei marroquí se aplica no territorio do Sáhara Occidental”. O embaixador de Marrocos non deixou marxe para a dúbida na interpretación da nota de Exteriores. “Queda claro que o Sáhara está baixo o imperio do dereito marroquí”, proclamou.

Azziman tamén se felicitou polo feliz desenlace da situación vivida pola activista saharauí e concluíu que as relacións diplomáticas entre o seu país e España saíron “fortalecidas”. “Era importante que países amigos coma España e Francia lembrasen ese estatuto –en referencia ás leis marroquís sobre o Sáhara– porque durante estas semanas, aquí, en España, tense lido e ouvido de todo”, sinalou. París tamén recoñeceu no comunicado emitido na mesma noite na que Rabat lle permitiu a Haidar voltar ao Sáhara que “á espera dunha resolución, aplícase a lexislación marroquí”.

O embaixador considera que destas declaracións se desprende que España, Francia e tamén Estados Unidos apoian o plan de autonomía para o Sáhara, auspiciado por Marrocos e rexeitado pola Fronte Polisaria porque pecha a porta á independencia deste territorio. Respecto á negativa de Haidar de pedirlle perdón ao Rei Mohamed VI, o diplomático quitoulle ferro ao asunto porque “non era unha cuestión de vencer, senón de convencer”.

Por outra banda, o embaixador marroquí negou onte que o acordo agrícola acadado polo seu país coa Unión Europea tivese que ver coa resolución do caso Aminatu Haidar. Foi unha “coincidencia” que ambos os dous casos se resolvesen o pasado xoves, “pero non teñen nada que ver”. “Non penso que se estivese negociando en termos de qué me pode dar e qué lle podo dar eu, ese non foi o espírito”, especificou. O acordo acadado coa Unión Europea permítelle a Marrocos un aumento do cupo de tomates que poden entrar na UE con arancel reducido.

O Goberno saharauí considerou “paradoxal” que España recoñeza a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental, cando as resolucións da ONU afirman que o reino alauí é un “país que ocupa militarmente un territorio cuxa descolonización non foi realizada validamente até hoxe”.

Zapatero saíu a última hora do venres ao rescate do seu ministro de Exteriores. “Actuou en todo momento con grande sentido da responsabilidade e con grande sentido da sinceridade”, afirmou.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.