A neve colapsa os accesos a Lugo e Ourense e illa varios núcleos

O tempo empeorará 
hoxe e as nevaradas regresan á comunidade por riba dos 800 metros
Xornal.com Actualizado 27/12/2009 - 01:05 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A abundante neve caída onte en Galicia complicou a circulación nas estradas de Ourense e Lugo e obrigou a cortar o tráfico na autovía das Rías Baixas A-52 –que enlaza Vigo e Madrid–, á altura da Gudiña, e na autovía do Noroeste en Benavente (Zamora). O tráfico quedou pechado nas dúas vías para os vehículos pesados e os lixeiros que non levaban cadeas. Máis de 300 camións e centos de persoas permaneceron detidas na A-6 durante máis de tres horas e as colas sobrepasaron os catro quilómetros. A circulación quedou restabrecida a última hora da tarde neses dous puntos.

Varios condutores atrapados polas nevaradas expresaron o seu malestar a Xornal de Galicia, ao tempo que se queixaron da falta de previsión meteorolóxica e dos escasos medios habilitados para facer posible a circulación. “En Alemaña teñen neve varios meses e circulan todos os días. Aquí en Benavente a esta hora (12 do mediodía) non neva pero non podemos circular”, manifestou un dos automobilistas.

Así mesmo, o tránsito viuse dificultado na N-120 entre Ourense e Allariz, e a circulación de camións estivo prohibida na OU-304 ao seu paso por Baltar e na N-541 en Celanova. As vías de acceso á comunidade que transcorren por Pedrafita do Cebreiro, en Lugo, e pola Mezquita, en Ourense, tamén se viron moi afectadas pola neve, e a presenza de placas de xeo foi unha constante nesa zona.

O 112 alertou da situación de “incomunicación” de varias zonas de Lugo e da zona occidental de Ourense, en especial da Baixa Limia, a causa das abundantes nevaradas. En numerosos lugares foi necesario o uso de cadeas para circular, como en Bande, Corbelle, Calvo, Sarreais, Pereiras, Seoane e Recarrei.

Tráfico mantivo varias patrullas nas zonas afectadas durante a xornada pasada e recomendou extremar a precaución hoxe, xa que o tempo experimentará un novo empeoramento, con precipitacións en forma de neve por riba dos 800 metros, segundo MeteoGalicia. As temperaturas aumentarán lixeiramente e no mar haberá mar de fondo con ondas de ata tres metros.

O último temporal de neve e xeo que afectou á provincia de Lugo, do 18 ao 21 de decembro, fixo necesario o uso de case dúas toneladas de sal, que se espallaron nas estradas da provincia e no porto de Pedrafita. Por outra banda, segundo informou a Subdelegación do Goberno, durante eses días empregáronse 32 máquinas quitaneve.

Ademais, a Policía Local de Lugo quedou sen servizo de atestados o pasado luns debido ás placas de xeo, o que provocou numerosos problemas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.