Manicómicos converterá nun circo o Teatro Rosalía

A. Losada Actualizado 07/01/2010 - 01:08 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Dende o seu novo local, estreado recentemente na rúa Andrés Gaos da Coruña, os membros da asociación Manicómicos presentaron onte a gala coa que celebrarán o seu sexto aniversario, este domingo día 3 no Teatro Rosalía de Castro. Nunha rolda de prensa que comezou por consenso, cando a ducia longa de artistas presentes remataron de interpretar un número musical, un dos voceiros da asociación, Carlos Sante, asegurou que “todo o teatro, e arredores, converterase nunha especie de circo”, en homenaxe ao mestre de pallasos Carlo Colombaioni, falecido en 2008.

A gala, na que participarán máis de 20 artistas de teatro e novo circo –socios de Manicómicos na súa maioría–, comezará ás 19.00 horas, pero xa un anaco antes haberá malabaristas, clowns e actores na porta do Rosalía para saudar o público e animar os peóns. Xemelgas siamesas, mulleres barbudas e outros fenómenos de feria delatarán xa dende o comezo que o tema da gala son os freak circus da Norteamérica dos anos 50. A festa durará un par de horas, con descanso polo medio, e estará amenizada pola música en directo da banda Pasafame, “unha gran orquestra de máis de 300 músicos, pero por cousas da crise, só catro van poder vir á gala”, asegurou en broma Juanillo Esteban, secretario de Manicómicos.

Segundo explicaron os artistas, a gala, que mestura teatro e novo circo, está especialmente dirixida ao público familiar. As entradas custan oito euros, aínda que existe a posibilidade de mercar tres por 16 euros, e a recadación destinarase integramente a financiar as actividades dos Manicómicos, unha asociación que entre outras cousas ofrece cursos de formación para actores e organiza dous festivais de teatro de rúa ao ano. 

NA MEMORIA DE COLOMBAIONI

O protagonista ausente desta gala será o clown italiano Carlo Colombaioni, falecido en maio de 2008. Descendente dunha familia de pallasos con séculos de tradición, foi un dos primeiros en pasar da carpa do circo tradicional aos escenarios do teatro, e está considerado un dos precursores do novo circo. Traballou con Federico Fellini no filme I Pagliacci, e tamén co dramaturgo italiano Dario Fo.

Igualmente, Colombaioni foi un dos padriños dos inicios de Manicómicos, xa que participou no primeiro festival organizado pola asociación, en 2004, e estivo na Coruña en catro ocasións para ofrecer cursos de formación. Mesmo chegou a inspirar unha das obras creadas polos Manicómicos, Colombaíños. Xa que logo, durante a gala proxectarase un vídeo dunha das visitas de Colombaioni á cidade, para que as súas ensinanzas falen por el. 

DE 2009 A 2010

Os membros de Manicómicos aproveitaron o encontro cos medios para facer balance da súa actividade durante o ano 2009, do que destacaron a apertura do seu novo local no barrio da Agra do Orzán. Cumpren así un dos obxectivos fundacionais da asociación, que é dar un espazo aos artistas e técnicos para ensaiar e pulir as súas habilidades.

Do mesmo xeito, Carlos Sante sinalou como dende 2006, o ano no que Manicómicos e outros colectivos como Pistacatro, de Santiago, fundaron a Federación Galega de Novo Circo, lográronse grandes avances para que o circo deixase de ser considerado como unha arte menor e de pouca consideración.

En 2010, a asociación tentará sacarlle todo o partido posible á súa nova sede, e chegará no verán á décima edición do seu festival de teatro de rúa –despois de celebrar a novena edición en marzo–. Manicómicos naceu en xaneiro de 2004 coa intención de axudar a formar artistas, tecnicos e expertos en teatro cómico, e funciona como unha asociación sen ánimo de lucro.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.