Galicia atopa 141 produtos perigosos no mercado

Xornal.com Actualizado 06/01/2010 - 20:59 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Galicia notificou en 2009 un total de 141 alertas sobre produtos industriais non alimenticios considerados potencialmente perigosos. Así o amosan os datos do Sistema de Intercambio Rápido de Información (Rapex), que sinalan que o Instituto Nacional de Consumo e as comunidades autónomas detectaron en España case un milleiro produtos con risco, dos que máis da metade correspondeu a calzado e a xoguetes.

Destes produtos, 864 alertas foron xeradas polas comunidades e 78 corresponden a rexeitamentos nas aduanas de produtos que podían supoñer un risco grave para a poboación.

Ademais, a Comisión Europea notificou máis de 2.000 alertas no mesmo período, un 15% máis que no 2008, o que segundo o Ministerio de Sanidade “ratifica o progresivo aumento de alertas, paralelo ao do número de produtos no mercado e ao perfeccionamento dos controis”.Dos avisos xerados polos departamentos autonómicos de Consumo, Madrid foi a que máis notificacións emitiu (192) seguida de Galicia (141) e Andalucía (112).

En canto ao motivo da alerta, un 35% destas foron provocados por calzados con dimetilfumarato, unha substancia que pode causar alerxias en persoas sensibles, seguidos dos xoguetes (23,2%). Así o risco máis notificado foi o de asfixia (17%), seguido do de intoxicación (16%) e cortes, feridas e lesións (16%).

Respecto á orixe, a maioría dos produtos alertados proceden, como en anos anteriores, de países asiáticos (61%). Os produtos de orixe comunitaria notificados representan un 17% e os de orixe descoñecido un 18%.

zapatos e peluches inseguros

De feito, segundo se comprobou no mes de xaneiro do pasado ano, algúns galegos se viron afectados por alerxias provocadas polos zapatos mercados nos establecementos chinos.

Pola súa banda, o representante do colectivo animalista Libera en Galicia, Rubén Pérez, xa ten denunciado en varias ocasións a posibilidade de que en establecementos asiáticos da comunidade poidan venderse peluches fabricados con peles de animais, coma cans e gatos.

O Rapex ou Rede de Alerta de produtos industriais é un sistema de intercambio rápido de información por vía electrónica que conecta ás autoridades encargadas do control do mercado e que podería impedir a entrada deste tipo de produtos no país.

Polo momento, a través desta rede advírtese sobre a presenza no mercado dun produto que poida supoñer un risco para o consumidor e das medidas que se adoptaron, todo iso co obxectivo de evitar que poidan chegar aos consumidores produtos inseguros.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.