A Xunta deixa usar o logo Xacobeo co nome doutras comunidades

Galicia promocionarase como “multidestino” na Feira de Turismo, en Madrid do 20 ao 24
Xornal.com Actualizado 11/01/2010 - 01:00 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, indicou onte que o logotipo do Xacobeo 2010 coa cruz vermella formada por catro cunchas de vieira pode ser empregado por empresas privadas, como fai ALSA co seu anuncio do “Xacobeo 2010 Asturias”, aínda que non teñan relación coa Xunta nin co Xacobeo galego.

Pardo destacou como un logro que a palabra “Galicia” que inclúe o logotipo orixinal sexa substituída por “Spain” cando se usa no estranxeiro e indicou que “se é unha empresa que patrocina a Asturias, pode poñer baixo o logotipo a palabra Asturias, e se a empresa patrocinase varias comunidades non debería poñer o nome de ningunha”.Así, a Xunta e 17 entidades de promoción turística locais e provinciais de Galicia tentarán atraer turistas á comunidade na Feira Internacional de Turismo de Madrid –Fitur–, que se celebrará entre o 20 e o 24 de xaneiro e na que terá un especial protagonismo o Xacobeo 2010.

Así o asegurou onte a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que presentou en Santiago o programa de actividades que a Administración autonómica levará a Fitur para promocionar Galicia xunto outras 17 entidades nun stand de 1.400 metros cadrados.

O obxectivo da Xunta nesta cita, a máis importante no sector en España, é que os operadores turísticos e os visitantes “sintan que Galicia é, especialmente este ano, un lugar para vivir unha experiencia máxica, única e inesquecible”.

Para iso, o espazo de Galicia, recuberto por unha “impresionante” pel de cunchas de vieira, recrea unha comunidade “universal e aberta” cun “atractivo espiritual, natural, gastronómico e cultural” que pretende amosarse como “un multidestino”, dando importancia ás entidades locais.

 

PROMACIÓN DA FEIRA DE TURISMO

A estrela da promoción do Ano Santo en Fitur será a exposición durante toda a feira do martelo de prata co que se abriu hai escasos días a Porta Santa da Catedral de Santiago. Na primeira xornada terá lugar a presentación da guía E para comer, Lugo, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo; así como da Rede de Cidades do Camiño de Santiago e da Muralla de Lugo como destino turístico.

Finalmente, ese día ofrecerase aos visitantes información sobre os paquetes turísticos das zonas de Ulla e Tambre. O xoves día 2 a promoción céntrase na Coruña, co reclamo da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.