Viernes, 12 de marzo de 2010 - 14:06 h

Baltar Pumar dá por segura a vitoria do seu fillo en Ourense

Sostén que o 99% dos que apoian ao seu fillo son "consecuentes" e prevé que Jiménez Morán terá "máis desercións"
Xornal.com Actualizado 16/01/2010 - 00:22 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O presidente do PP en Ourense, José Luis Baltar Pumar, asegurou hoxe non ter "pánico á votación secreta" do XV Congreso provincial, que se celebrará o día 30 de xaneiro, posto que as adhesións ao seu fillo e candidato a sucederlle, José Manuel Baltar Blanco, "superan xa o 50 por cento".

  Nunha entrevista na Cadena Cope, recollida por Europa Press, o líder popular mostrouse convencido de que "o 99 por cento" dos que apoian a Baltar Blanco son "consecuentes" co seu compromiso e augurou "máis desercións" nos que avalan ao rival do seu fillo e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. "Os seus apoios son moi presionados, con ameazas e chantaxes dende hai moito tempo", denunciou.

  Na súa intervención, sinalou que o día de hoxe -cando se elixen os compromisarios das nove localidades máis poboadas da provincia e a propia cidade de Ourense- "non é decisivo" porque na actualidade as adhesións a favor de Baltar Blanco "superan o 50 por cento" do número total de compromisarios (1.212), polo que os apoios obtidos no día de hoxe "sumarán esa cantidade para superar amplamente ese 50% que fai falta para gañar o congreso".

  Por último, Baltar Pumar mostrouse convencido que Jiménez Morán obterá os avais necesarios para chegar á votación no conclave popular pero advertiu que "para gañar fai falta máis do 50 por cento". Así mesmo recalcou que o "amplo" apoio obtido na elección nos municipios de menos de 5.000 habitantes a semana pasada "foi o esperado". "Sabiamos qué Concellos ían fallar e con cáles contabamos", concluíu.

  Neste sentido, o barón 'popular' incidiu en que el "non ve" onde pode estar "ese 42 por cento que afirma ter o señor Jiménez Morán analizando Concello por Concello ou compromisario por compromisario". De feito, acusou a Morán de "facer mala política", convencido de que o alcalde de Verín "quere sementar unha dúbida nos electores de que ten o que non é certo". "Non pasa dun 4 ou 5 por cento nos Concellos de menos de 5.000 habitantes", incidiu.

"Fraco Favor"

Por último, Baltar Pumar sinalou que o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, fixo un "fraco favor" ao PPdeG e ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao manifestar que Jiménez Morán é un home de confianza de Núñez Feijóo.

  "O que era Rodríguez Miranda xa sabíao eu dende hai moito tempo", incidiu e advertiu de que "cada un responde das súas accións", aínda que "ten a liberdade de facer o que queira". Non obstante, afirmou ter as "súas dúbidas" de que facer estas declaracións como voceiro do PPdeG "sexa honesto e eticamente bo neste instante".


Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Este hombre (Baltar) no tiene verguenza
Angel
2010-01-13 23:01:13
Afirma publicamente que apoya a su hijo, que es normal que lo apoye, hace campaña por ahi a favor de el siendo el presidente de la diputación y ahora no sólo censura y critica a Rodriguez Miranda por decir que Jimenez es el candidato de Feijoo sino que...lo amenaza!! Ver para creer. La politica de los baltares, ademas de su caciquismo infame, ya se ve cual es, o eres mi amigo y me apoyas o si no eres un traidor, me has decepcionado, un desagradecido...ojala se acabe con esta gente y sus practicas mafiosas cuanto antes.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.