Consulta a definición de calquera palabra en Xornal.com cun simple clic

Xornal.com incorpora de maneira automática e gratuíta o dicionario de Ir Indo. Fai dobre clic sobre calquera palabra galega na web e unha xanela emerxente darache a súa definición completa
Xornal.com Actualizado 16/02/2010 - 16:28 h.
6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 28 voto/s

En Xornal.com xa é abondo con facer dobre clic sobre calquera palabra galega para coñecer o seu significado. O portal web de Xornal de Galicia na rede incorpora dende hoxe, de forma completamente automática e gratuíta, un novo servizo: a consulta automática do dicionario de Ir Indo. Desta maneira, grazas á colaboración entre a editorial e este diario, o galego xa non ten dúbida na rede.

Ao facer clic dúas veces sobre unha palabra, aparecerá unha xanela emerxente coa definición completa da palabra, exactamente igual que se o usuario a buscase na edición dixital deste dicionario, aloxada en www.digalego.com. Esta ferramenta ten como base de partida o Dicionario normativo editado por Ir Indo Edicións, e que foi elaborado seguindo as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xuño de 2003, e tomando como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa).

É unha das aplicacións lingüísticas máis valoradas da rede en galego e recibe milleiros de consultas mensuais. Conta con 65.000 entradas actualizadas, que inclúen a definición da palabra en todas as súas acepcións. Por estes motivos, www.digalego.com foi escollida en 2009 como mellor aplicación en liña pola Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet). Agora, o acceso a esta potente ferramenta e máis doado que nunca para os lectores de Xornal.com.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
ESPECTACULAR
Pablo
2010-02-16 14:17:10
Parabens
2
Xornal non deixa de mellorar.
Bruno
2010-01-16 20:39:11
Parabéns, magnífica ferramenta!!
3
Como se fai?
María L
2010-01-16 19:08:54
Cómo se fai para poñer isto noutras webs o blogues? Estou pensando nos blogues e webs educativas. Probei a aplicación engadindo o dicionario na barra de marcadores, pero paréceme moi interesante isto de facer dobre clic e consultar o dicionario sen ter que instalar nada.
4
Boa idea
Daniel
2010-01-16 10:04:04
Pois algo tan sinxelo e ao mesmo tempo tan útil. Moi boa idea. Grazas.
5
Grazas, Xornal. A sensibilidade do gran periódico de Galicia
cidadán
2010-01-16 09:56:10
Grazas por semellante galano.. Porén, como usuario cotián dos dicionarios en liña do noso idioma, sei por experiencia propia que a abraiante riqueza en léxico, do tesouro do noso idioma, ha facer que, en bastantes ocasións, as 65000 entradas do grande dicionario en liña de Ir Indo Edicións non den alcanzado. Para todo leitor amante e con curiosidade bastante sobor do idioma, hai enlaces alternativos ben útiles para encher eventuais e inevitabeis baleiros que aínda presentan os nosos dicionarios da presente Internet. Así, o "Dicionario de dicionarios da Universidade de Vigo" [http://sli.uvigo.es/ddd/index.html] é dunha sorprendente utilidade en moitos casos. E as máis de 125.000 entradas do "Estraviz", verquendo á rede o amor á lingua en ortografía reintegracionista (premendo en "pesquiça avançada", pódese facela procura na ortografía ILG-RAG-Universidades), sempre veñen sendo un recurso cáseque infalíbel para pescudar o siñificado da verba máis enxebre.
6
Perfecto, se o utilizades vós tamén
Nacho
2010-01-16 02:02:42
Estará ben que os propios xornalistas o utilicen, alén dunha boa gramática, para deixar de ver cousas como "respaldar", "paradóxicamente", incorrectas colocacións do pronome etc etc etc. Agardemos que a presenza do galego non siga minguando, e que mellore en calidade, que é unha mágoa, calquera diría que estades en Lacuruña XD

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.