O Digalego multiplicou por cinco as súas visitas dende que colabora con Xornal. com

Xornal.com Actualizado 22/01/2010 - 02:44 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

Bieito Ledo, director da editorial Ir Indo, confirmou onte que o dicionario en liña Digalego multiplicou por cinco a súas visitas dende que se pode acceder a el como un servizo da páxina web de Xornal de Galicia. Dende o sábado, é posible consultar o significado de calquera palabra que se atope nunha información de Xornal.com simplemente facendo dobre clic nela, o que abre unha fiestra na que o Digalego ofrece a súa definición.

Isto significa que catro de cada cinco visitas que recibe o Digalego proceden dunha consulta realizada en Xornal.com e, segundo destaca Ledo, moitas delas proveñen de China, India, EEUU e outros países, demostrando “que fóra tamén hai xente que está interesada en investigar sobre o galego”.

O servizo de consultas pódese empregar tamén nas informacións en castelán, o que resulta compatible co feito de que Xornal sexa unha publicación bilingüe. Ao facer dobre clic sobre unha palabra como “justicia”, co dicionario fará unha tradución automática de devolverá a definición de “xustiza”.

 

AMPLIACIÓN COS DATOS DA EGU

O editor de Ir Indo asegura estar “moi satisfeito” deste acordo de colaboración co diario, que nas próximas semanas se ampliará para incluír tamén os contidos da Enciclopedia Galega Universal (EGU), outra publicación en liña da editorial, que permitirá obter información sobre lugares e nomes propios que citen as noticias.

Cando o novo servizo estea activo, poderase facer dobre clic na palabra Haití, por exemplo, para poder ler a entrada da EGU sobre o país e coñecer a súa poboación, renda per cápita, forma de goberno, historia e xeografía.

Ademais, segundo explica Bieito Ledo, a EGU “permite ver o mundo dende os ollos deste país”, polo que ao buscar información sobre Cuba, poderase ver que a entrada inclúe un apartado sobre “os galegos en Cuba”, e a importancia que a illa tivo para Galicia. Non hai data pechada para o lanzamento deste novo servizo, pero os equipos informáticos das dúas empresas están traballando xa na súa adaptación.

O Digalego é o dicionario de galego en liña máis consultado, e o único que está adaptado á última normativa vixente. Existe o Estraviz, que segue as normas reintegracionistas, e o VolGa da Real Academia Galega, que non se adaptou aos cambios de 2003, e que conta con 15.000 entradas, fronte as 65.000 do Digalego. Bieto Ledo anuncia tamén que para reforzar a súa presenza cun servizo de tradución automática que recoñecerá uns 400.000 vocablos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Explicación
Daniel
2010-01-19 15:21:45
Loxicamente non sempre van ser erros, pero tamén hai que ter en conta que ás veces pode premerse dúas veces sen querer e iso tamén conta. A min xa me pasou unhas cantas veces. Inda que iso non quita para dicires que a idea foi moi boa e oxalá se sumen outras páxinas a esta iniciativa de Xornal.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.