Domingo, 01 de agosto de 2010 - 10:13 h

Un cento de xuristas ve "indicios claros de ilegalidade" no decreto

O "decreto do plurilingüismo", din, podería vulnerar a Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística e a Carta Europea das Linguas.
Xornal.com / E.P 22/01/2010 - 01:30 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
15 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 28 voto/s

Xuíces, avogados e fiscais de toda Galicia coidan que o proxecto impulsado por Educación podería ser declarado "nulo" nos tribunais por cuestións como a elección da lingua por parte dos pais ou a introdución do inglés en materias non lingüísticas

Un colectivo "plural" de preto dun cento de xuristas de Galicia alertou hoxe de que o borrador de decreto do galego no ensino presenta "indicios claros de ilegalidade", polo que podería ser declarado "nulo". Ao mesmo tempo, critican que o texto supón unha "regresión" e un "paso atrás" no referente á promoción da lingua propia.

En rolda de prensa, presentaron os argumentos xurídicos segundo os cales as bases do novo texto poderían ser recorridas, aínda que descartaron iniciar eles mesmos o proceso. En cambio, confiaron en que o Goberno autonómico sexa "receptivo" ás formulacións e que estes sirvan para "evitar o decreto das ilegalidades ".

En todo caso, explicaron que os recursos contra este documento deben dirixirse ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aínda que tamén se pode solicitar un recurso de amparo para acudir ao Tribunal Constitucional (TC), cuxa xurisprudencia, expresada a través das súas sentenzas, "contradí varios puntos" do decreto.

Os puntos que estes xuristas pon en cuestión do borrador son a elección lingüística, a regulación de materias de acordo con porcentaxes e a equiparación das linguas oficiais a unha estranxeira; ao tempo que sinalan que a liberdade de opción idiomática non lle pode aplicar a profesores nin estudantes e advirten de que este texto contravén a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

PUNTOS "MÁIS CONTROVERTIDOS"

A profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alba Nogueira, detallou pormenorizadamente os puntos "máis comprometidos" do documento presentado pola Xunta o pasado día 30 de decembro.

En primeiro lugar, aludiu a que a votación por parte dos pais da lingua na que deben ser educados os seus fillos vulnera, tal e como ten adiantado Xornal de Galicia, a configuración do dereito á educación recollida na Constitución española, tendo en conta que só atende a cuestións "morais ou relixiosas". No resto, corresponde aos poderes públicos configurar os elementos curriculares, polo que "non poden deixaro en mans dos pais ". "Non existe o dereito á ignorancia ", exemplificou, para evidenciar que os titores dos alumnos non poden elixir que materias deben ou non estudar, tendo en conta que esta elección parte de argumentos "técnicos".

Como reforzo, nun documento que enviarán aos responsables da Administración educativa galega, o colectivo de xuristas recompilou sentenzas do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos e do TC que serviron de base ao TSXG para negar, en 2007, "o dereito de elección dos pais da lingua na que se imparte a docencia".

No relativo ás porcentaxes, explicou que "non é unha cuestión de horarios nin de equilibrio, senón de obxectivos", baseados en lograr a "plena competencia" dos alumnos nas dúas linguas. A este respecto, apuntou que Cataluña e Euskadi utilizan criterios de "desequilibrio" horario que favorecen ás linguas autóctonas co fin de "corrixir desigualdades históricas", segundo o expresado polo TC.

Ademais, Alba Nogueira advertiu de que o reparto das horas lectivas en tres terzos entre galego, castelán e inglés pode derivar nunha "invasión de competencias estatais", tendo en conta que a Lei Orgánica de Educación (LOE) establece que as comunidades cunha lingua oficial distinta do castelán poden dispor de, como máximo, un 55 por cento para regular os contidos. Neste punto, a suma das porcentaxes de inglés e galego, un 66 por cento, excede a cota marcada pola normativa estatal.

Tamén a equiparación dunha lingua estranxeira coas dous cooficiais en Galicia, segundo sinalou, invade competencias estatais, xa que engadiría á necesidade de avaliar os contidos das materias impartidas en tal idioma, o dominio da citada lingua. Ademais, o TC esixe garantir aos alumnos "o dereito de recibir a educación nunha lingua que poidan comprender" para "non desvirtuar os obxectivos" do sistema educativo.


LIBERDADE DE ELECCIÓN

Noutro punto, a profesora de Dereito Administrativo da USC lembrou que o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei de Normalización Lingüística (LNL)--de rango superior ao decreto-- establecen o galego como lingua de uso xeral na Administración de Galicia. Por iso, considerou "sorprendente" que o novo decreto faculte aos docentes para impor as súas "preferencias individuais" sobre as programacións educativas, xa que a liberdade lingüística exclúe aos funcionarios no exercicio das súas competencias.

Finalmente, alertou dunha vulneración ""da Carta Europea de Linguas Minoritarias que podería darse en Educación Infantil, xa que se imparten a docencia segundo a lingua materna da maioría dos alumnos. Tamén apuntou que o cumprimento da normativa europea está suxeita a unha avaliación trianual e que Galicia logrou por primeira vez un informe "suave" despois da aprobación do decreto 124/2007 para o galego no ensino.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Informe PISA e lingua galega
Impais
2010-01-21 02:59:28
O informe PISA da OCDE indica que os resultados obtidos polo alumnado galego superan a media española e tamén a media dos países da OCDE, sendo especialmente salientables os resultados obtidos en matemáticas, e aínda superiores os obtidos en ciencias (materia que se imparte en galego), o que vén tirar por terra e amosa que é unha falacia esa suposta problemática que provoca estudar en galego, cando os resultados son claramente superiores a comunidades autónomas nas que só se fala castelán. Así pois, as cousas no seu sitio e menos mentiras políticas.
2
Sentenza do TSJ de Valencia contra EpC en inglés
Impais
2010-01-21 02:13:27
Para quen lle interese, vai o enlace á sentenza do TSJCV que tumbou a implantación de Educación para a cidadanía en inglés en Valencia: "Sentencia 1097 del TSJ Comunidad Valenciana de 24/07/2009" http://www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media/200907/24/sociedad/20090724elpepusoc_1_Pes_PDF.pdf E estoutra máis sincrética: http://filosofiaweb20.blogspot.com/2009/07/educacion-para-la-ciudadania-sentencia.html
3
FREIJOO A EUROVISIÓN!
Impais
2010-01-21 01:21:20
Pero que é iso de que vaia a Eurovisión esa impresentable da Karmele!? A Eurovisión terá que ir alguén cunha sólida formación, ben parecido, serio, cabal y buen español. QUE VAIA FEIJÓO!!! e que interprete a súa canción: "El varredor del gallego". Os coros que llos fagan o Conselleiro de Educación e o de Cultura. O estribillo será: "Derribemos el muro del gallego (Vázquez) por eso yo nunca he leído un libro en gallego (Varela)".
4
Galicia non merece isto
daqui
2010-01-21 01:08:50
PAREMOS O "VARREDOR" DO GALEGO!
5
NON AO "BARREDOR" DO GALEGO
Impais
2010-01-21 00:51:24
Por ilegal, por sectario e por antigalego: NON AO "BARREDOR" DO GALEGO!
6
Co nacionalismo Hispano hemos topado!
Roi
2010-01-21 00:23:31
Ao tejero de marras ese dicirlle, que o dereito a folga está recoñecido pola túa constitución Española e os profesores están en todo o seu dereito a opoñerse ao decreto exterminador duns fachas, se non che gusta, bótalle sucre!
7
"separatistas"?,.. mán dura? ..coitado..
Gómez Pérez
2010-01-21 00:15:34
Por lle dar tanto e, seica, tan forte, a iso que andas a fumar, esqueces o ano en que vives, meu rei.. 2010.. O dereito de folga é algo plenamente legal e regulamentado.. A mesma cousa pasa coas distintas e lexítimas culturas do estado, diferentes da castelá. A sociedade civil, finalmente, gañou a batalla da racionalidade democrática.. O exército español rematou por ser unha excelente organización institucionalizada, profisionalizada e lealmente subordinada ao poder lexítimamente democrático, e que na meirande parte das veces, sobrancea no panorama internacional cunha manchea de traballos de estabilización política, militar e, mesmo, humanitaria, de grande prestixio e de excelente execución.. Non o recoñecerías.. Cáseque para te evitar disgustos e impresións fortes, pégalle unha calada ben forte a iso que fumas e vólvete ao teu século XX, aló polos anos 40.. E queda alí..
8
POR GALICIA
Pondal
2010-01-20 23:58:56
Por 1000 anos de cultura e as suas travesías, non lle podemos fallar a Galicia agora. Por enriba de partidos,asociacións,etc.etc.
9
Pero, ¿es en serio?
Xaime
2010-01-20 23:09:27
Veña, en serio... a anterior mensaxe é coña... ou se non dádelle as señas do pirado este os servicios de saúde... Veña feixista, montade outra manifa coa Glory Lake... e empeza a falar injlés, que é o que che queda se queres ser escravo nos USA...

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.