Os once Premios Nacionais galegos piden a dimisión de Roberto Varela

Critican a súa “falta de consideración” e o seu “escaso coñecemento”
da cultura galega
IAGO MARTÍNEZ 03/02/2010 - 00:53 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
15 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 91 voto/s

Once autores galegos, con obras escritas en lingua galega, recibiron nos últimos vinte e cinco anos o Premio Nacional de Literatura que concede o Ministerio de Cultura. Uns como narradores ou autores de textos teatrais, outros como ensaístas ou tradutores. Cada un dende as súas coordenadas estéticas e políticas, cada un a lombos de cadansúa xeración. Ao longo deste tempo, os premiados nunca se presentaron publicamente todos xuntos. De feito, até que asinaron a carta que se fixo pública esta mañá, só tiñan en común unha liña no currículo. Agora comparten tamén unha reivindicación unánime: piden a “dimisión” do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, pola súa “falta de consideración” e o seu “escaso coñecemento” da cultura que se fai en Galicia.

A paciencia ten un límite, e a dos asinantes desta carta caducou o pasado luns. Nun encontro con empresarios, creadores, autoridades e medios de comunicación na Coruña, Roberto Varela confesou que a cultura galega lle parece, ademais dun termo “espiñento”, unha cousa “ensimesmada e acomplexada”. As palabras, pouco diplomáticas para vir dun profesional das relacións institucionais, espalláronse decontado a través da rede. Aí apareceron os primeiros indicios do malestar, non só entre os autores que agora promoven esta iniciativa.

Os asinantes da carta son calquera cousa menos descoñecidos. Son Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier P. DoCampo, Xusto Beramendi, Paco Martín, Antón Santamarina, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo e Rubén Ruibal.

Aa carta, que se difundiu esta mañá, esixe a “dimisión” ou o “cesamento inmediato” de Varela, a quen non consideran acaído para o cargo polo seu desprezo sistemático cara á cultura galega e os seus creadores. Os promotores amósanse tan sorprendidos como ofendidos polas declaracións do conselleiro, que teñen por despectivas e insultantes, e avogan por que abandone o Goberno da Xunta e se recupere a “cordura”.

“Non se trata de explicarlle ao conselleiro de Cultura o que é obvio, senón de recordarlle que dicir certas cousas non é de balde”, explica o escritor Suso de Toro, Premio Nacional de Narrativa en 2003 con Trece badaladas. “Cualificar como acomplexada e ensimesmada a cultura é tan grave como se o titular de Medio Rural dixese que hai que deixar de producir viño en Galicia porque é cativo e non serve, e que hai que importalo de fóra. Non se pode deixar pasar algo así”.

UN PREMIO NADA “ENSIMESMADO”

“Non sabemos se nos doe ou nos fai rir”, engade o vilalbés Agustín Fernández Paz, merecedor do Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o ano pasado coa singularísima O único que queda é o amor. O autor, para quen este pronunciamento é “moi significativo” precisamente por vir avalado por escritores que gañaron un premio “tan pouco ensimesmado” como é o Nacional de Literatura, recorda que as “faltas de respecto” de Varela non son novas, senón que empezaron xa nas primeiras semanas do seu mandato.

Hai entrevistas, efectivamente, que perseguen a Varela dende que tomou posesión, hai case dez meses. Mil veces intentou explicar que fora un malentendido, que non quixera dicir tal cousa, pero tanto a oposición como calquera que busque unha coartada para ilustrar a súa disconformidade coa xestión do conselleiro rescata aquilo de que “a cultura galega está ben, pero limita”. Por iso os cualificativos “acomplexada” e “ensimesmada” que lle dedicou á cultura galega, nun coloquio no que tamén dixo que “a meirande parte dos libros que se editan en Galicia os compra a Xunta”, molestaron especialmente en certos sectores das industrias culturais.

A carta chega agora porque os asinantes están “fartos”, por dicilo con Xabier P. DoCampo, Premio Nacional en 1995 por Cando petan na porta pola noite, pero coincide cun momento delicado para Roberto Varela. O conselleiro de Cultura está a recibir tantas críticas dende a oposición como dende o Partido Popular polo “escaso” protagonismo que lle concedeu á cidade de Santiago na promoción do Xacobeo. Esta semana mesmo se chegou a especular sobre a súa posíbel dimisión, rotundamente descartada tanto polo seu gabinete como pola Presidencia da Xunta. Os socialistas, porén, deron creto á rumoroloxía e pedíronlle oficialmente explicacións a Feijóo. A cambio obtiveron silencio.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
FEIJOOY DESINERADO
PiPooy
2010-01-25 21:40:08
SR. PRESIDENTE, É VOSTEDE UM DEINERADO POIS DI O REFRÁN GALEGO QUE SAIR AOS D'UN NON É DESINERAR E VOSTEDE SAIUNOS ***ACASTELLANADO***.
2
O PP ten maioría de deputados pero non maiorÍa de votos
Alejandro
2010-01-25 20:28:18
Estes señores toman decisións que son rechazadas amplamente gran parte do pobo e por institución e, para defenderse, invocan a súa "maioría" e din que cumpren a vontade expresada nas urnas. É necesario recordarlle que aínda que a lei electoral lle outorga a maioría de deputados no parlamento A SUMA DE VOTOS DE PSG E DO BNG E MAIOR CO NÚMERO DE VOTOS DO PP.
3
CIPAYOS por cantidad
lalo
2010-01-25 20:05:17
Si no me equivoco parece ser que creen CIPAYOS y actuan como tales estes de la jxunta. No hay que basarse en la cantidad sino en el sentido común y la dignidad. Al monton que poco son
4
Al gobierno gallego lo elegimos los gallegos
paraaliciente
2010-01-25 18:58:21
¿Cómo puede ocurrírseles a 11 personas SUPLANTAR la voluntad de DOS MILLONES de gallegos? ¿Qué tipo de democracia creen que tenemos?
5
Gobernando para todos los gallegos
Cultura Galega
2010-01-25 18:35:29
En determinados momentos las palabras que salen de la boca de nuestros dirigentes políticos pueden dar a entender, sacadas o no de contexto, algo que no piensan realmente. Sin embargo, dichas palabras suelen venir acompañadas de rectificaciones, si la gravedad del pronunciamiento lo requiere. Rectificación o bien acusaciones a los medios de comunicación por tergiversar. Por engañar. No es lo mismo que un medio tergiverse a que lo haga un político, más todavía si ostenta un cargo en una administración pública. A menudo vemos movimientos, en redes sociales por ejemplo, pidiendo la disolución de ciertos medios de comunicación que difaman, que insultan y que agreden -siempre verbalmente- a corrientes políticas, a partidos, a los que no son afines. Al señor Varela sólo cabe decirle una cosa: Feijóo dijo que iba a gobernar para todos los gallegos, los que le votaron y los que no lo hicieron. Gobernar para todos. ¿Piensa realmente el conselleiro de CULTURA que puede hacer estas declaraciones, decir que la cultura gallega está “ensimesmada e acomplexada”, y no rectificar? Sólo decirlo e irse a su casa, sin remordimientos. Aun rectificando públicamente, por dignidad, no bastaría. Es muy grave. Señor Feijóo, ¿gobierna usted para todos?, ¿para todos los del opus, para todos los de los legionarios de cristo?, ¿para todos los que apoyan a la FAES?, ¿para los que ven intereconomía?. Si usted permite que su conselleiro de Cultura diga esto, usted no gobierna para nadie. Porque todos los gallegos somos gallegos. Y todos los gallegos debemos respetar nuestra cultura. Cese ya a este conselleiro, porfavor.
6
¡¡Que triste¡¡
Fernando
2010-01-25 17:50:04
TTemos a fronte da nosa CCAA un goberno que non que non sinte o mais mínimo aprecio pola cultura galega e polo seu idioma. Parecen estranxeiros. Poderíano facer tan ben ou mellor que eles calquera equipo de goberno formado por xentes sudafricanas ou tailandesa que de súpeto aterrizaran en Galicia.
7
Eche o que hai
sabela
2010-01-25 16:37:41
A Consellería de Cultura e Turismo está traballando para definir os seus obxectivos prioritarios, polo que esta información non se atopa dispoñible de momento. Esta información aparece no apartado "Que cultura queremos" da páxina web da Consellería de Cultura dende o mes de abril do 2009 e aquí non pasa nada
8
É para chorar!
Cantaruxa
2010-01-25 16:06:11
É para chorar! E para correlo de vergoña! Este homiño por quen se ten? A cultura para el é a unidimensional e cativa, global, esa versión empobrecida e vulgarona da cultura de masas norteamericana. A cultura que quere difundir en Galiza é esa; e para iso non nos fai el falta ningunha. Esa está asegurada, a través das TVs cos seus telelixos, a través de voces e faros, a través de radioemisoras de aquí e de Madrid. Da outra cultura, da de elite, da alta, el non sabe nin quere saber. Por iso a despreza, a de aquí, a de Madrid e do mundo enteiro. A culpa non é del, é do presidentiño e de todo o PP.
9
GROSERO E INDIGNO
Manuel
2010-01-25 14:18:54
O "joder" do nos presidente na entrevista publicada este domindo en El Mundo denota o nivel de amadrileñamiento grosero que acadou este individuo, indigno do cargo que okupa. Con un presidente que nunha entrevista solta groserías deste calibre, que tipo de conselliro de cultura agardamos ter?

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.