O escritor J.D. Salinger, coñecido por ser o autor da novela O gardián entre o centeo, faleceu na súa residencia de Nova Hampshire, aos 91 anos de idade.
O fillo do escritor, a través dun comunicado, sinalou que Salinger morreu por causas naturais. Dende hai décadas vivía illado na súa casa da localidade de Cornish, fuxindo do éxito da súa obra, que se converteu nunha peza central da literatura norteamericana dende a súa publicación en 1951.
Porén, Salinger voutou aparecer nos titulares o ano pasado, cando se enfrentou ao escritor sueco Fredrik Colting para impedir que publicara unha novela que continuase a historia do Gardian, co título 60 Years Later: Coming Through the Rye.

