381 escritores únense á carta dos Premios Nacionais contra Varela

A Asociación Galega de Escritores e Galix fan un chamamento a recoñecer a cultura galega como o que é, "un legado valioso"
Xornal.com Actualizado 30/01/2010 - 00:37 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 43 voto/s

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), da que forman parte 381 autores, e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix expresaron este xoves a través dun comunicado o seu acordo coa carta publicada a semana pasada polos once Premios Nacionais das letras galegas, na que criticaban a política do conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Aseguran compartir "o reclamo da necesaria valoración responsábel e obxectiva para a cultura galega, pensada e (re)creada en galego, entendéndoa sempre integrada nun escenario permeábel e aberto ao mundo desde a procura da necesaria reatroalimentación que comeza polo coñecemento, apreciación e dignificación do propio".

Dende a AELG argumentan que "a concesión dos Premios Nacionais aos escritores asinantes, por parte do Ministerio de Cultura do Estado español, desde o ano 1985, ratifica a capacidade dos nosos creadores", polo que cren que só se precisa vontade de achegarse a ela e interpretala como o que é, un legado valioso.

Por último, sinalan que "coñecer e recoñecer publicamente a cultura galega en xeral, e a literatura galega dos nosos escritores en particular, é o primeiro paso necesario para superar tópicos arcaicos e caducos e acreditar definitivamente na capacidade, valía e potencial enriquecedor da súa divulgación, materia pendente aínda de abranguer cun proxecto contundente e de futuro".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Roberto varela, o acomplexado
Recesvinto
2010-01-28 21:41:44
Roberto varela e un home tan listo e instruído que ten domostrado que é moi capaz de dicir parvadas en sete idiomas. Fai unha boa xugada co Conselleiro de Educación, ambos fan coma vaca do pobre: aran ás dúas mans.
2
Nunca máis á rebaixa do GALEGO!!
Galicia Caníbal
2010-01-28 19:57:04
No mesmo tempo que o conselleiro abre a bocaza non da as axudas necesarias para a representación galega no salón internacional do cómic, tema no que os galegos dan a talla. É isa a mellor forma de dar a coñecer o que se fai na nosa benquerida terra?? O idioma castelán subvenciónase e promociónase dende o ministerio de cultura con moitísimos medios económicos que pagamos entre TODOS, instituto e premio cervantes son un exemplo, a xunta ten a obriga de facer o mesmo co galego, o contrario sería ir contra a súa competencia. O resto que cada un defina a cultura galega como lle pete, dende logo para min son os usos e costumes que histórica e actualmente fanse en Galicia e dende logo a lingua galega é o maior patrimonio que temos os Galegos, non o único pero si o principal. En tanto á literatura galega, para min é a escrita en galego ou inspirada en Galicia. É "Viaje a la Alcarria", de Cela nado en Padrón,literatura galega?? para min non. Non á intimidación, non á galegofobia, túzaros non!!
3
cultura y Varela juntos?
Abelardo del Caño
2010-01-28 18:58:58
Pero vamos a ver! la palabra cultura y Conselleriro Varela son incompatibles por favor...
4
Vanidade e radicalización do individualismo: nada novo
Hindemith
2010-01-28 16:50:53
A cultura, algo intanxible, que vai definindo espacios e tempos. A día de hoxe, ainda máis que no pasado, as linguas, na súa faceta máis cotiá, nas máis reflexivas e estilizantes, son as que sustentan toda esa cultura, se non se amosan nunha igualdade absoluta. Transmisoras poderosas e indiscutibeis da súa propia existencia. Toda esta xente, cada un deles por separado, fai cultura. É cultura. Representan á cultura, queiramos ou non, queiran eles mesmos ou non. O actual conselleiro será moito conselleiro, no 2010 d.C., pero non representa nen aporta NADA á mesma (estrana línea no tempo, acotacións difusas). Queren pretender, o mesmo que os seus colegas de caducas intencións, facerse un 'noxento' oco na súa propria, triste e ensimismada historia persoal, facerse pasar por adalides de homoxenizacións e 'koinés' pseudo-universalistas ben localizadas na propia historia da nosa lingua. Unha diacronía cargada de desfeitas. Un destartalamento máis. Nada novo, nada grato, a antítese de certo esplendor sistemáticamente negado. Re-negado. Todo a costa de estranos miolos, de obsesivos obxetivos (sempre resucitados) e de intereses demasiado concretos. Que é, que dereitos ten unha xeración de votantes, unha promesa electoral, agora cun retorticeiro argumentario, snob-pailán, de 'liberdade' (retorticeiro e egoísta, no que non cren nin eles mesmos) ao lado do que se trata?. Amósanse dispostos a facelo con todo. Os perigos e as desfeitas dunha xeración de políticos saída dos xeitos, dos valores e do horizonte máis 'friki' (que lle dixo o outro), dunha escola de prepotentes seminaristas. Tardofranquismo parapetado no significante (sen significado) da 'liberdade': non ten máis explicación. Quen é Radical? como se é radical e en canto a qué se é radical?. Cada cor ten o seu radicalismo. A paleta cromática é complexa: vermello, oscuro e claro; gris, oscuro e claro; azul, verde. Negro.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.