Domingo, 21 de marzo de 2010 - 21:52 h

Atacan cun artefacto a vivenda do catedrático Blanco Valdés

A casa do profesor e articulista sufriu danos materiais provocados por un explosivo caseiro.
Xornal.com Actualizado 31/01/2010 - 01:43 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

A vivenda do catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago e articulista de opinión, Roberto Blanco Valdés, sufriu durante a madrugada de onte un ataque cun artefacto explosivo de fabricación caseira que provocou algúns danos materiais no garaxe e no acceso ao xardín da casa.

A Policía Nacional investiga a orixe do explosivo, que estoupou pasadas as tres da madrugada, estaba composto por varios foguetes e unha bombona de camping-gas, cuxa detonación provocou un forte estrondo na veciñanza.

Segundo informa Europa Press, xunto aos restos do artefacto foi posible atopar panfletos esparexidos polo chan, nos que se criticaban as opinións do profesor e colaborador do diario La Voz de Galicia en materia lingüística. “O ton do texto e a reivindicación” incluída nas volantinas, nas que non se incluían sinaturas nin siglas, leva a Blanco Valdés a atribuír o acontencido á man de “grupos independentistas radicais” cuxo obxectivo, lamenta, “é que deixe de dar a miña opinión”.

O catedrático cursou ante as forzas de seguridade a correspondente denuncia, do mesmo xeito que, apunta, aconteceu despois de que, o pasado novembro, localizase no seu xardín un cóctel molotov e, días despois, uns descoñecidos provocasen con líquido inflamable o incendio dunha roda, tamén nas inmediacións da súa vivenda.

 

REPULSA DE FEIJÓO E DA PRENSA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou onte “profundamente” que “haxa persoas que sexan atacadas” por “defender unhas ideas” ou polo feito de “expresar en liberdade o que pensa”.

Tamén as Asociacións da Prensa de Santiago e da Coruña expresaron onte o seu rexeitamento contra unha “accción intimidatoria que atenta contra a liberdade de expresión”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Talibáns, NON
Antica
2010-01-29 23:32:02
Respecto do galego Blanco Valdés ten comportamento de talibán, pero iso non xustifica que outros talibáns ataquen de forma terrorista a un home antigalego,pero que garda sa formas democráticas. Non hai lingua, nin relixión nin Patria que xustifique o terrorismo. Con estes actos a quen están favorecendo a estes antigalegos reccionarios. NUNCA VIOLENCIA.
2
pasmo!!
un calquer
2010-01-29 17:40:29
É obrigado reconhecer que tanto Juan Carlos coma Blas de Leso e demáis pp-Troll-eiros non acudiron coma preeiros a comenta-la nova (ata d'agora). Mesmo eles tenhen máis "savoir affaire" que Frijolo I, o lingoa de serpe.
3
Descerebrados iluminados
Silvino
2010-01-29 09:58:47
A miña solidariedade e ánimo para Roberto Blanco Valdés. Eses iluminados cren que lle fan un favor a alguén e só lles dan argumentos ós galegófobs que dende as FAES e o PP montan campañas contra a nosa terra. Nin o profesor Blanco Valdés nin Galiza precisa deses talibáns de feira. Isto haino que cortar de raíz antes de que pase algo máis grave.
4
Condena absoluta
Goris Cuiña
2010-01-29 00:07:53
Actos condenables sen ningunha dubida,e quen mais e mais alto os temos que condenar e condenamos somos aqueles que en palabras de algún político ben destacado nos queren facer cómplices de tal acción,nos queren facer cómplices para sacar réditos diante da cidadanía xa que se ve condenado ao abismo,mais non e de recibo que cun acto miserento coma este alguén actúe dun xeito igualmente miserento e sen poder probar acuse e sinale aos que non poderá vencer coa razón.E falo directamente de Feijoo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.