Domingo, 21 de marzo de 2010 - 20:14 h

O novo decreto estará en febreiro e cun reparto ao 50% entre galego e castelán

O secretario de Política Linguística recoñece que aínda hai que analizar como se vai “canalizar” a consulta aos pais para que elixan o idioma
Xornal.com Actualizado 04/02/2010 - 22:55 h.
13 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 11 voto/s

Rematada a rolda de conversas cos distintos sectores afectados polo chamado decreto do plurilingüismo, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegura que a norma estará “lista en febreiro” para ser levada á mesa sectorial de educación. Neste foro será onde, según Lorenzo, se “retocarán puntos” en función “dos consensos que se poidan tecer”.

Segundo explicou nunha entrevista a Europa Press, “se deixará claro” que, mentres non se poida impartir o terzo das materias nun idioma estranxeiro ao que aspira o Goberno galego, haberá “unha repartición igualitaria ao 50% entre galego e castelán de materias e horas semanais”, aparte das materias de lingua. En todo caso, Anxo Lorenzo reafirmouse en que “os principios que están detrás” do modelo proposto “non se van cambiar”, malia recoñecer que “hai críticas practicamente por todo”.

Lorenzo tamén recoñeceu que aínda están analizando “como canalizar” a consulta aos pais para que elixan o idioma no que queren que se impartan as materias aos seus fillos, e que a docencia en inglés será “un proceso gradual, progresivo e incluso voluntario”. Aínda que dixo que no próximo curso escolar xa estará plenamente vixente o novo decreto, falou de aplicar “moratorias” en certas cuestións, como os libros de texto.

 

“posicións radicais”

Ao seu xuízo, “fóra das posicións máis radicais, que nestes momentos derivaríanse da CIG por unha banda e de Galicia Bilingüe por outra, no resto hai aspectos de crítica construtiva” que están “vendo como atender”.

Pero, con respecto á postura dos grupos políticos di que non hai “ningún tipo de interese” no BNG por pactar “nada que teña que ver coa lingua”, e ve o PSdeG na mesma estratexia “de tentar sacar réditos políticos”. Sobre a postura do PP durante a campaña das autonómicas, e se empregou de forma electoralista esta cuestión, Lorenzo limitouse a dicir: “Prefiro mirar cara ao futuro, o pasado é pasado. Eu non estaba aquí nese momento”.

Tamén xustificou a necesidade de cambiar o decreto actual, aprobado polo bipartito, porque “aspectos da política que hai catro anos pensabamos que se poderían pór en práctica, á vista do debate que se está producindo na sociedade galega, son absolutamente inviables”. Ademais, proclamou que “o galego xa non sobrevive, senón que vive” e advertiu de que “non se pode fiar” a lingua só a ensinanza.

 

Equipos de Normalización

Pola súa banda, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) informou onte de que enviou unha carta a Lorenzo na que lle reprocha a “involución manifesta” nesta materia da lingua e reclámalle “a retirada” das bases do decreto do plurilingüismo e “o mantemento” do texto en vigor.

Así mesmo, denuncian a redución de premios e axudas para os ENDL e a “actitude de desprezo polo patrimonio literario por parte do conselleiro do ramo [Roberto Varela, titular de Cultura]”.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
TODO MENOS GOVERNAR
CARMEN GARCIA
2010-02-02 20:34:09
HAI CARALLO,A CUESTIÒN ERA PAGARLLES OS AMIGUIÑOS,DALGUN XEITO:????::::EN ENQUISAS,LIBROS,CARTELERIAS ETC....O CASO È DESTRAER Ò INIMIGO PRA NON GOVERNAR....VAMOS VER COMO QUEDA A FUXION.......
2
Vilariño is diferent.
dorrigueiro
2010-02-01 23:52:07
Quizais por algo pode comezar todo. Temos un decreto que recoñece o acordo ao que quere chegar o impresentábel de Lorenzo , guiado polo Conselleiro Vázquez e presidente Feijoo, e para iso tanto balbordo e rebumbio? Cargarse o consenso destes derradeiros vinte anos e pór en cuestión (segundo lle conveña para o inglés si, para o galego non)algo que en sociolingüística está recoñecido como é a inmersión lingüística . En Vilariño de Conso evidenciamos a premisa do idioma, a maxia de calquera lingua é comunicar, en Vilariño comunicamos en galego, a nosa lingua e non temos problemas a comunicar en calquera outra e facermonos entender, pero sempre, sempre, dende o galego, cun inglés , cun inglés, cun castelán cun castelán, cun portugués, cun portugués, cun xaponés, cun xaponés. Non temos complexos, presi e conse. O que máis botamos en falta nese borrador indigno para Galiza é precisamente esa actitude máxica do diálogo e do entendemento, quizais porque os deseñadores do decreto nunca tiveron esa actitude cara ao galego e cara a Galiza. acomplexados pensando en que temos unha lingua de segunda e unha cultura de segunda.Vilariño is diferent, sr.Feijoo e sr Vázquez. En Vilariño pensamos que o galego e a cultura galega son de primeira, aínda máis de Champions League, in english language. En Vilariño queremos a Galiza e queremos o galego
3
Censura?
Mucha
2010-02-01 18:50:29
Xa é a enésima vez que envío un comentario ao Xornal, que sae en pantalla como perfectamente recibido e que logo non se publica. Pasoume varios días. Non fai falta dicir que o tono era totalmente correcto. Xa dubido se hai tantos fallo técnico, se é cousa de meigas...ou de censura.
4
PP RA-DI-CAL antigalego
bastaxa
2010-02-01 17:42:32
O PP fala de radicais, sinalando directamente a Galcia Bilingüe, pois aquí xa sabemos quen son os RA-DI-CA-IS: o PP, que para iso vos manifestastes todos collidiños da man cos de Galicia Bilingüe e a Falange na Praza da Quintana. Alí estaba Rueda, Negreira, Corina Porro, Ana Pastor, etc. Agora vésevos o plurmeiro e caeuvos a carauta ante os galegos, que non tragan co voso intento de eliminar o galego. E se todo vai quedar 50%-50%, logo, por que queredes cambiar o decreto vixente? Ben sabemos todos que volvedes mentir outra vez e que o voso propósito último é o obxectivo de erradicar o galego de Galicia e converternos nunha Cantabria domesticada onde veñan os medrileños fartarse a reventar por catro perras. Xa vos vale, que aquí non traizoamos a nosa terra nin renegamos da nosa lingua.
5
A permanencia no cargo deste impresentábel, sin credibilidade ningunha..
xgl
2010-02-01 16:47:15
..degrádanos a todos coma sociedade civilmente constituída.. Nada menos que "ve a postura dos grupos políticos (BNG e PSdeG) na mesma estratexia de sacar réditos políticos" (!!).. O mesmiño que hai pouco sostiña que "é o Partido Popular quén está a separarse do vieiro lingüístico dos anos oitenta por motivos de estratexia partidaria (desgastar ao goberno) (sic)". Síntoo, non hai deliberación persoal algunha en dirixir escarnios gratuítos a ninguén, cargos políticos deste goberno (?) inclusive. A Política vén sendo unha vocación indispensábel de servizo aos intereses xerais da sociedade pública. Pero cataventos lamentábeis coma este señor, capaz de manter simultáneamente unha cousa e exactamente a súa contraria, aparentemente sen parpadexo intelectivo ningún, a degradan até níveis inasumibeis. A estratéxica responsabilidade (para o noso país) de lexislar sobre o ensino do noso idioma, non pode recaer en tan irresponsábeis máns. E dío todo sobre a catadura política de quén exerce a responsabilidade de mantélo..
6
Decreto? O que xa temos!
Mucha
2010-02-01 16:16:16
O único con xeito é manter o Decreto en vigor, que foi elaborado a través do consenso de todos e do que a última hora se descolgou o PP por intereses políticos partidarios. Facer unha evaluación del, mellorar algún aspecto puntual e esixir o seu cumprimento.
7
Outro engano
Goris Cuiña
2010-02-01 14:21:39
A política do engano non ten limites neste goberno,xa sabiamos que o rascuño tal cal o presentaron era a escusa para agora presentarnos a rebaixa das súas pretensións e tentar coarnos o que ben sendo sen mais unha rebaixa do Galego no ensino;mais non pasara por onde pretenderdes,o galego e unha lingua que se atopa discriminada dende fai séculos,o galego ten unha presencia social moi inferior o castelán en tódolos ámbitos sabédelo, e sabedes tamén que o único xeito de conque rir nun futuro que o galego sexa unha lingua en igualdade de condicións co castelán pasa por unha discriminación en positivo no ensino que lle de valor, todo o demais e traizoar a lingua do pobo que decides representar,e quen traizoa a lingua traizoa o pobo que lle da de comer,non imos pasar por aí,pola nosa lingua pola nosa dignidade nin un paso atrás.
8
Máis moral ca o Alcoyano
A.V.
2010-02-01 14:11:43
Xudas Lorenzo tenos cadrados: o seu enxendro de contradecreto está recibindo ata no carné de identidade, por babor e por estribor, e o tipo aínda ten narices de decir que todo vai estupendo e que só se opoñen os "radicais". Habichuelo e o Gallito Azul están construíndo un "consenso" de moito nabo: só teñen o apoio de eles mesmos e das ANPAs "pijas"; en contra, dende os sindicatos de mestres (non só a CIG) á Real Academia, as Universidades, o CCG, todos os demáis partidos... é que nin os colexios de curas están a favor. Pero a eles dálles igual: eles son o PP e ordenan e mandan por collós, porque teñen a maioría absoluta con 5.000 votos menos.
9
E digo eu...
Daniel
2010-02-01 11:09:55
Non era que iso do 50% en galego era unha imposición. Como se come isto? Co bipartito o 50% era imposición e co PP como se chama? Liberdade? Noxo!!! O peor de todo é que iso do 50% non se cumpre en ningún caso, nin co bipartito e menos agora co PP.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.