A TVG promociona a lectura con microespazos dun minuto

Cultura inviste 120.000 euros no proxecto, que inclúe ademais entrevistas na Radio Galega
ALBERTO RAMOS 05/02/2010 - 00:28 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A Televisión de Galicia emite dende onte e de luns a venres, despois do telexornal do mediodía, o espazo Palabra de autor, palabra de autora co obxectivo de fomentar o libro galego ao longo deste Ano da Lectura. A campaña difusora das nosas letras tamén se estende á Radio Galega, xa que cada mañá a emisora autonómica programará unha entrevista que, baixo o título Biblioteca aberta, achegará os gustos literarios de autores, ilustradores e editores. A Consellería de Cultura inviste 120.000 euros entre a promoción radiofónica e a televisiva.

“Esta iniciativa consiste en dar noticia dos libros galegos, que é o mesmo que dicir: os libros como noticia, dándolle protagonismo aos autores e ás autoras”, sinalou o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López-Barxas, durante a presentación da campaña. Deste xeito, a Consellería de Cultura pretende que os medios de comunicación se fagan eco das novidades literarias galegas para que a audiencia coñeza a produción dos seus autores e que se animen a ler no idioma propio. “Estamos ante unha frutífera colaboración que levará máis cultura á nosa programación televisiva e radiofónica, o que será o principal esforzo de promoción e a meirande oportunidade de difundir a nosa lingua e a nosa literatura ”, sinalou o conselleiro do ramo, Roberto Varela.

 

VILLAR, O PRIMEIRO

O primeiro protagonista do espazo Palabra de autor, palabra de autora foi o escritor d’A praia dos afogados, Domingo Villar. Ao seu capítulo, que xa foi emitido onte, seguiranlle outros dedicados a escritores como Xosé Carlos Caneiro, Rosa Aneiros ou Iolanda Castaño. En total, serán 220 entregas nas que os escritores lles falarán aos espectadores. Cada un deles disporá dun minuto no que poderán explicar de xeito moi sintético a súa última obra. O programa busca facer unha radiografía da produción literaria do país e, para iso, realizaranse pezas centradas en obras de diferentes xéneros e distintas editoriais.

Pola súa banda, as entrevistas Biblioteca aberta da Radio Galega durarán entre tres e cinco minutos e serán programadas dentro do espazo matinal Galicia por diante. Nese tempo, un autor, un escritor ou un ilustrador poderá falar do último libro que leron e farán recomendacións aos oíntes.

Ademais, a Radio Galega convidará a participar neste espazo a directores e directoras de Bibliotecas públicas e privadas de toda Galicia para que transmitan e expliquen á sociedade o funcionamento e a realidade destas institucións culturais e a súa diversidade.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.