Fernández Mallo retrata con ironía a elite social en ‘Klásicos’

A trama reflicte a vida dun rico herdeiro que se ve implicado nun homicidio cando seus pais lle retiran o seu apoio económico
ALBERTO RAMOS Actualizado 05/02/2010 - 00:43 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

“Trátase dunha novela que mantén a tensión dende o primeiro instante até a resolución final, na que se transmite a existencia dunha xeración enferma que conforma pseudoelites acomplexadas como pasa na actualidade co noso idioma”. Deste xeito, o empresario Rafael Cuíña, colaborador de Xornal, presentou onte na compostelá Libraría Couceiro Klásicos (Rinoceronte), a segunda novela de Marcelino Fernández Mallo. Nesta obra, o autor retrata a clase alta con ironía e con suspense mediante a historia dun rico herdeiro cuxos pais deciden, despois de moitos excesos, retirarlle o seu apoio económico.

Fernández Mallo aproveita a figura dun fillo de bo berce para retratar con ironía as miserias dunha clase social que, inda sendo minoritaria, é a máis visible e, seguramente, a máis envexada. A este príncipe destronado polo cansanzo dos seus ricos proxenitores ábreselle diante dos ollos un mundo totalmente descoñecido que non comprende e que o asusta: a vida real. Eses temores materialízanse da forma máis cruenta cando se ve involucrado nun homicidio.

“Estamos ante unha historia de intriga na que se reproducen unha serie de tics sociais” explicou Fernández Mallo que estivo acompañado, ademais de por Rafael Cuíña, polo escritor Francisco Fernández Naval. Esa serie de tics sociais, tratados con retranca e humor, reitéranse no argumento como o contrapunto satírico dunha historia que vai moito máis aló do simple retrato. “É un thriller psicolóxico na medida que a personaxe se mestura nun homicidio involuntario e por iso, ao redor das súas circunstancias persoais co diñeiro, hai unha tensión, un fluxo mental do protagonista, o que lle dá un cariz psicolóxico”, adianta o autor sobre este Klásicos.

Deste xeito, a obra de Marcelino Fernández Mallo, tamén habitual das páxinas deste diario, reparte a súa intensidade literaria en dous ámbitos: por unha banda, na intriga e no suspense propio dun crime e, pola outra, unha descrición da sociedade que amosa unha visión crítica e propia da realidade. “Chama a atención a diferenza de oportunidades, a hipocrisía, porque toda a igualdade e os valores sociais de­sapa­recen de feito na práctica social e, dalgún xeito, esta cuestión xa se fixo en exercicios literarios como O porco de pé, salvando, claro está, as distancias”, destacou Marcelino Fernández Mallo.

Con esta segunda novela, o autor parécese asentar na tradición da parodia, da ironía e da retranca. Unha cruel ironía que se encarna na triste realidade de moitos homes feitos a si mesmos, que levantaron imperios da nada e que teñen que ver como os seus fillos non son quen de seguir a súa senda nin dende o punto de vista económico nin dende o social. Presencian en moitos casos como o seu descendente bota por terra o que se construíu en toda unha vida. “Xa o dicía meu avó, que falaba de pais arrieiros, fillos taberneiros e netos pordioseiros”, lembrou Rafael Cuíña en Couceiro para resumir, mediante a sabedoría popular, o prisma de triste ironía empregado por Fernández Mallo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.