Galicia Bilingüe anunciou hoxe que iniciará, esta semana, unha campaña informativa para lembrar aos cidadáns as promesas electorais do presidente Alberto Núñez Feijóo, para a que empregarán sete coches con megafonía, que percorrerán as principais cidades galegas.
Ademais, esta asociación informou hoxe, nun comunicado, que repartirá 200.000 folletos informativos co lema "non imos permitir que usen aos nosos fillos para xogar á política ", en que mostran a súa oposición ás bases do decreto sobre o uso das linguas no ensino, presentado polo Goberno galego.
Os sete coches que empregará este colectivo reproducirán gravacións do Núñez Feijóo en que "prometía" un recadro no sobre de matrícula para que os pais elixisen o idioma das materias troncais, ou que os nenos poderían examinarse, comprar os libros e dirixirse aos profesores "no idioma que desexasen".
Para este colectivo, as bases do decreto presentado polo Goberno galego "manterán" ao sistema educativo galego "afastado dos sistemas de liberdade de elección de lingua existente en todas as democracias con dous ou máis idiomas oficiais".
Por iso os folletos que distribuirán reflicten a preocupación de "numerosas familias" ante a "ausencia de cambios" en materias de liberdade lingüística e lembrarán que nas "demais democracias con máis dunha lingua oficial si considérase aos pais capacitados para elixir en cal estudan os seus fillos", engade a nota
Ratifícome... estás fatal da cabeza. Ti non sabes o que é debate educado. Para empezar, non pode ser educado quen nega o consagrado na Constitución, no Estatuto e nas leis... Hale, eu de ti iríame a un balenario un par de días... e logo volvería con forzas renovadas a seguir a defender as túas teses ultradereitistas...
