Jonathan Dunne: “Manuel Rivas fala a través de min”

Tras o éxito que colleitou no mercado anglófono ‘O lapis do carpinteiro’, Random House edita en tapa dura o último de Rivas

O escritor coruñés e o seu tradutor, Jonathan Dunne, presentan este mes en Londres a versión inglesa de 'Os libros arden mal'

IAGO MARTÍNEZ 09/02/2010 - 00:52 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 26 voto/s

Cando en Barcelona lle preguntaban de que parte de Galicia era, Jonathan Dunne mentía. Facíase pasar por lugués malia a que en Lugo, onde pasara un ano tras licenciarse en Filoloxía Clásica en Oxford, só se preñara do acento. A súa partida de nacemento xuraba, e xura, que vén de Kingston-upon-Thames (Inglaterra), quinta de 1969, e o galego que fala e escribe con normalidade aprendeuno tan lonxe da súa casa como da cidade das murallas. De non ser pola Universitat de Barcelona hoxe non sería o tradutor de Manuel Rivas ao inglés. A profesores como Camilo Valdeorras e Basilio Losada débelles unha lingua, un oficio e un dos momentos máis especiais da súa vida: cando interpretou a Rafael Dieste coa compañía de teatro da facultade.

Mentres atravesaba aquel patio de butacas lendo en voz alta ‘A luz en silencio’, un dos seus contos favoritos entre os que o escritor de Rianxo deitou en Dos arquivos do trasno, Jonathan Dunne non podía imaxinar que habería outros papeis despois dese, que un día podería dicir, como agora, que Manuel Rivas fala a través del. Hai doce anos que interpreta ao escritor máis traducido da historia da literatura galega no maior mercado editorial do mundo, o anglófono. Sen dúbida, un dos máis ensimesmados que existen.

Nun ecosistema onde as traducións só representan o 3% dos libros que se publican cada ano –o mesmo guías turísticas ca novelas–, os 12.000 exemplares vendidos de The Carpenter’s Pencil (O lapis do carpinteiro), editado por Harvill Press en 2001 e por Vintage en edición de peto, son “moitos exemplares”. Por iso Dunne cre que a tradución d’Os libros arden malBooks burn badly– que Random House porá á venda a finais deste mes en tapa dura é “un paso de xigante para Rivas e para a literatura galega”. Tradutor e autor presentarana xuntos, durante tres días, na emblemática e centenaria libraría Foyles de Londres.

“Foi a tradución máis difícil de todas, pola extensión do orixinal e pola cantidade de referencias históricas, culturais e filosóficas que contén. Con este libro, Rivas chegou a outro nivel. Xa non é o que era, e obrigoume a desconfiar constantemente do texto, a investigalo todo”, explica o tradutor.

Dunne sabe do que fala. Non só porque tamén é o responsábel das versións do nada doado Enrique Vila Matas, senón porque dende The Carpenter’s Pencil todas as versión inglesas de Manuel Rivas pasan primeiro pola súa man. Encargouse de In the Wilderness (En salvaxe compaña), de Vermeers’s Milk­maid (una selección a partir de Que me queres, amor?) e de From Unknown to Unknown, unha escolma da poesía do coruñés que Dunne publicou no seu propio selo, Small Stations Press, onde tamén figura a tradución ao búlgaro d’O lapis do carpinteiro.

A tal hora, Dunne debe de ser un dos poucos profesionais que non cre no tradutor como autor. Ao contrario. Para el, nin sequera o autor é autor nin o orixinal é orixinal. “Non creamos nada. Manuel Rivas fala a través de min, a xente escoita a súa voz en inglés a través da miña voz, pero eu non son o autor de nada”, argumenta. “A escrita, de feito, tamén é unha especie de tradución. As cousas pasan a través de nós, como a vida cando temos fillos”.

Os números de Rivas no mercado anglófono e a aposta de Random House –a tapa dura é un síntoma– permítenlle ser “optimista” con este Books burn badly. Cre que o escritor de Monte Alto recolle agora o que sementou nos últimos anos, nunha historia de “traballo e constancia” que tirou partido da popularidade d’A lingua das bolboretas, o filme de José Luis Cuerda inspirado en varios relatos de Que me queres, amor?. “Mágoa que ese camiño aberto por Rivas estea completamente desaproveitado”, apón. “Precísanse máis traducións ao inglés, pero non feitas en quince días, senón de calidade, e un esforzo moito maior na internacionalización da literatura e a cultura galegas”.

 

TRINTA LIBROS EN CINCO DÉCADAS

Dende 1964 até hoxe só se verteron 33 libros galegos ao inglés. O primeiro foi unha escolma de textos de Rosalía de Castro financiada polo Ministerio de Asuntos Exteriores español, e o último este Books burn badly de Random House que na súa versión orixinal de Xerais segue abeirado ao cumio das listas de vendas. “É pouco, moi pouco”, di Dunne. “Faltan autores contemporáneos importantísimos, dende Agustín Fernández Paz a Suso de Toro, por exemplo”.

Cando remate 2009, se todo vai ben, serán trinta e catro e medio. Medio máis, porque Jonathan Dunne prepara unha antoloxía de poetas galegos contemporáneos para a revista Poetry Review, a máis importante do seu xénero no Reino Unido, con máis de catro mil subscritores. E outro máis porque este “británico de Lugo” tamén ultima unha rara escolma que editarán en abril, xuntas, as dúas editoriais máis importantes de Galicia, Xerais e Galaxia. Unha antoloxía da literatura galega dende 1196 até 1980 con 120 nomes propios na páxina de agradecementos: os cincuenta autores dos textos, seis deles anónimos; as cincuenta persoas que os seleccionaron, entre elas escritores xa desaparecidos como Novoneyra, Manuel María ou Carlos Casares; e os dezanove tradutores que se encargaron de construír as pontes desta edición bilingüe. Xa o di Dunne: “Os escritores trazan a ferida, os tradutores cosémola”.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Para Sayid Jarah
Tono
2010-02-05 12:49:44
Queres outra cunquiña de cliché?
2
Parabens
amaranta
2010-02-04 19:19:37
Felicidades a Manuel Rivas como literato e como galego, no momento que vivimos voces como a súa son vitais para a nosa cultura. Pasará a historia como gran autor e persoa íntegra.
3
Xefe de Prensa
2010-02-04 17:10:59
Que lle lean (quizais non sabe nin ler) esta nova ao Excelentísimo Conselleiro de Cultura.
4
pois é
Sayid Jarah
2010-02-04 16:57:40
En gallego no se escriben libros de calidad y viven de subvenciones, y el Rivas es un juntaletras amigo-de-ZP.
5
Cuánto aldeanismo!!
Un de Redondela
2010-02-04 13:52:31
Yo lo que no tentiendo es que el ghicho este le tenga traducido la noveliña esa al Rivas paleto y no traduciera aun la ultimísima de nuestra queridísima Gloria, que te la ha presentado en Vigo hace unas semanas. Vas comparar la escrita en el dialeto que sirve para hablar con las bacas con la que te habla en nuestra lengua española común y imperial. Mi má, el aldeanismo que te hay. En Inglaterra había de ser un esito la historia de nuestra Gloriña.
6
Cosmopaleto
Cosmopaleto
2010-02-04 11:09:48
Uy, mira tú, este Manolo Rivas muy bien te debe de escribir porque , sabes?, hasta le traducen sus obras al inglés. Fíjate tú si le lleva idea esto de la escritura...
7
Ensemismados
eisimesmo
2010-02-04 01:57:11
Quen era ese que estaba na verza que dicía que a cultura galega estaba ensimesmada e "limitaba"?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.