Recortan un 13% os cartos dos pisos de acollida para persoas con sida

A Administración ten previsto reducir este ano un 39% os fondos para as entidades de iniciativa social, sobre as previsións que deixara o bipartito
NATALIA ARIAS Actualizado 08/02/2010 - 00:17 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

En Galicia só existen tres asociacións que xestionen pisos de acollida para persoas con VIH, en total suman 23 prazas asistenciais, que a Consellería de Traballo e Benestar financiou en 2009 con algo máis de 371.000 euros, o que supuxo un recorte do 13% con respecto á dotación que recibían da antiga Vicepresidencia de Igualdade e Benestar.

Ademais, a financiación deste servizo é absolutamente desigual segundo a provincia na que se oferte. O Comité Antisida de A Coruña-Casco ten habilitadas oito prazas e contou con 135.000 euros, 5.000 menos que no 2008. No caso da Asociación Fase de Encuentro, de Vigo, a redución foi de 17.300 euros, xa que quedou con 110.000, mentres que o Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense foi o que máis notou o recorte, con 33.500 euros menos, quedando nuns 126.000. Isto supón que a Xunta orzamentou as prazas por día cun importe diferente segundo o lugar no que se ubiquen. En todos os casos, as organizacións baixaron dos 50 euros por día, cunha baixada do 21% para o comité ourensano; do 4%, para o da Coruña, e do 13%, para o vigués.

Ademais, as asociacións fixeron a súa planificación anual contando co diñeiro que pactaran co anterior goberno, polo que cando foron informadas do novo orzamento, que se publicou no DOG o 22 de decembro – un mes máis tarde que en 2008–, xa sufrían un endebedamento irreversible. “Aquí os empregados están sen cobrar porque xa non temos cartos, o ano pasado quedamos en déficit e para este teremos máis recortes”, explica Suso Seijas, delegado sindical na Asociación Fase de Encuentro. “A directora está intentando conseguir fondos privados, pero se a finais de febreiro se publica o concurso para 2010, con sorte, teremos fondos en abril”, engade.

Estas organizacións traballan con créditos de póliza polo que os bancos lles adiantan o diñeiro cando a Xunta lles certifica as axudas, por iso, laméntanse do pago de intereses e da demora no proceso.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), no 2007, 92 persoas faleceron en Galicia a causa da sida. Os responsables destas tres entidades quéixanse de que os recursos son insuficientes.En Vigo, traballan con doentes terminais, mentres en Coruña e Ourense con persoas con VIH en situación de exclusión.“Actualmente nós temos a cinco persoas en lista de espera e na Coruña hai outras tantas”, explica Agustín González, coordinador da asociación ourensá.

Tanto Sonia García Valbuena, presidenta de Casco, como González explican que levan dende novembro tentarndo reunirse coa nova Administración, sen resultados. “Tiñamos firmado un acordo co bipartito de que a contía era intocable e non se cumpriu”, di García Valbuena.

Todas as organizacións coinciden en que este ano sufrirán un novo recorte, que segundo as previsións recollidas no DOG será do 39%, en conxunto, para as entidades de inciativa social, xa que, mentres o anterior Goberno presupostara para 2010 case dous millóns de euros, o actual fixo unha previsión duns 880.000 euros.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.