Cidades con mal de altura

En 1925 naceu o primeiro rañaceos de Galicia na Coruña, onde tamén está agora o edificio máis alto da comunidade. Pero xa ningunha urbe compite por alcanzar o ceo
MÓNICA SEQUEIRO 07/02/2010 - 17:00 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Houbo un tempo en que as cidades só pensaban en medrar, en chegar cada vez máis arriba e ser tan altas case como a lúa. Porén, agora non se sabe se por cordura, por falta de cartos ou por imposicións do planeamento, o crecemento urbano é máis ben ao ancho. Polo menos nas urbes galegas. A maioría dos edificios máis altos de Galicia bateron récords hai xa moitas décadas e dende entón non se viron superados, aínda que proliferaron como setas as macrourbanizacións nos ensanches das grandes poboacións. A actual crise do ladrillo levou a que moitos destes novos barrios quedasen sen completar, pero as cidades xa non teñen moitas oportunidades de volver mirar cara ao ceo, porque a tendencia actual é limitar as alturas das construcións na maioría dos plans de ordenación urbanística.

Así que o teito de Galicia segue situado dende hai 35 anos no mesmo sitio, na rúa Costa Rica da Coruña, nun rañaceos rematado no 1975. O resto dos grandes edificios da comunidade tamén datan desa época, a do desarrollismo, cando Spain era different para o turismo e as suecas eran o mito erótico do momento. Naquela década na cidade herculina construíronse ata cinco rañaceos máis que superaban os 70 metros, e deixaron pequena a emblemática Torre de Hércules, de 68 metros. Daquel entón data a imaxe da Coruña como unha das cidades máis altas de toda España, non pola súa altitude, senón pol seu costume de instalar os veciños uns enriba dos outros. E é que nesta urbe atlántica aínda hai ata media ducia máis de edificacións nas que se pode vivir por riba dos 60 metros.

As primeiras, a Torre Galicia, a de Torres e Sáez, a Torre Trébol, ou a Golpe da víronse superadas pronto pola Torre Costa Rica, e aí parece que acabou a loita por alcanzar o ceo coruñés. Noutras cidades a febre empezara uns anos antes, pero tanto Ourense como Vigo quedaron atrás na carreira, e agora mesmo sitúanse no segundo e no terceiro lugar, respectivamente.

O edificio ourensán máis alto tamén leva o nome de A Torre, aínda que é máis coñecido por albergar o hotel San Martín, de catro estrelas, cuxo nome identifica a súa fachada. Esta construción rematouse en 1968 e alcanza os 76 metros de altura coas súas 17 plantas. Mide só uns dous metros máis que o Hospital Xeral de Vigo, que chega, na súa extensión máxima, aos 74 metros de altura.

 

AO ESTILO DE CHICAGO

O coñecido na cidade olívica, polo menos polos máis vellos, como “o pirulí” foi inaugurado en 1955 polo ditador Francisco Franco e hai quen di que foi o primeiro rañaceos de Galicia. Por aquel entón chamábase Residencia Almirante Vierna, e revolucionou a asistencia médica na cidade ademais de despertar moitos rumores, xa que dada a súa envergadura houbo quen dixo que se fixera para cederllo aos Estados Unidos, o amigo Mister Marshall da película de Berlanga. O nome foille posto na honra do almirante ferrolán Manuel de Vierna, quen comandaba na Guerra Civil o Baleares, atacado e afundido polas forzas republicanas. Ata 1983 non perdeu esta denominación, pasando a ser o Hospital Xeral de Vigo.

Pero, en realidade, o primeiro rañaceos galego naceu moito antes, en 1925, na Coruña, inspirado na Escola de Chicago. Foi a sede do Banco Pastor, no Cantón, que hoxe en día segue a ser un emblema da cidade. Aínda que agora parecen poucos os seus 38 metros e once plantas, daquela foi todo un fito, xa que, ata que en 1929 se levantou na Gran Vía madrileña a sede de Telefónica, foi o máis alto de España.

Despois das alturas de vertixe dos rañaceos actuais, tamén o resto das cidades de Galicia, en comparación, poden parecer baixas. De feito, como seguintes na lista de alturas estarían situados dous edificios Patrimonio da Humanidade: a propia Torre de Hércules, e despois a catedral de Santiago, cos seus 53 metros de altura media. O emblema da capital de Galicia marca o teito do resto dos edificios da cidade compostelá. Ningún superou polo momento este límite e tampouco hai ningún planificado que o vaia superar, aínda que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) non marcou ata o de agora ningún tope neste sentido.

Máis baixos que a catedral, aínda que dunha altura considerable, hai outros edificios en Santiago, neste caso habitados. Son o da República do Salvador número 7, en pleno Ensanche, que ten 13 plantas, e as catro torres do barrio das Cancelas, tamén con 13 plantas, a superior a 44 metros.

En todo caso, estas construcións compostelás teñen competidores noutras cidades, xa que tanto Ferrol como Pontevedra contan con pisos que superan esta altura. Neste caso volven ser construcións dos anos 70 cando, ás veces, se rozaba a legalidade, ou incluso se saltaba, en favor do desarrollismo. Hoxe son deseños que pasan desapercibidos ou se por algo destacan é pola súa simpleza, non exenta de certa polémica se raia na fealdade.

O teito de Pontevedra está situado a 50 metros sobre o chan, nunha vivenda de 14 pisos e dúas entreplantas da rúa García Camba, número 14. Na cidade é coñecido, ao igual que moitos dos rañaceos de Galicia, como “as torres” porque durante moitos anos houbo un bar con ese nome no seu baixo.

No caso de Ferrol, foron as necesidades de realoxamento dos expropiados de Esteiro o que levou a crear o barrio de Caranza, a partir do 1970, pero estas vivendas sociais no foron entregadas ata moitos anos despois. O proxecto foi promocionado directamente dende Madrid, polo Ministerio de Vivenda franquista, que reinterpretou á súa maneira a normativa que impedía facer construcións tan altas. Agora a súa silueta marca a entrada á cidade departamental cando se entra dende a Ponte das Pías e o barrio nunca perdeu de todo a súa marca de suburbio de xente humilde.

A última cidade na lista de alturas é Lugo, cuxo perfil marcado pola Muralla romana, outro Patrimonio da Humanidade, non ten destacado nunca polos rañaceos. Só nos últimos anos xurdiron as Torres do Seminario, nunha urbanización en construción, e que aínda poder dar algún que outro xigante para a posteridade. Pero máis ben parece que o tempo dos xigantes, ou dos muíños, como apuntaba Sancho Panza a Don Quixote, rematou en Galicia. O único proxecto coñecido que podería volver bater o récord de alturas galego son unhas torres proxectadas en Someso (A Coruña), de 32 plantas, que aínda non se empezaron a construír.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
vertixe ou medo aos demais?
Altón
2010-02-08 00:51:29
A arquitectura galega esta mediatizada por unha escola , unha tendencia ou un grupo de arquitectos que definen o que hai que facer , cercenando todo aquilo que a eles non lles interesa. Non se trata de defender a boa arquitectura , trátase de facer arquitectura modélica ou de molde repetitiva e sobre todo de altura media ou mediocre. Nin tan siquera tería cabida na Coruña o rañaceos que fixo De Sousa no Porto, e imaxino as bombas en forma de ameazas ou comparacións con disneylandias, que parece darlle moito xogo , si no seu tempo se pretender facer na Galiza o Banco de China que se fixo en Hong Kong. E que pasaría ca premiada séde do BBVA en Madrid? Nin por asomo pensar en torres agbar, turning torsos, ou obras de arquitectos tan mal considerados aquí como Foster, Koolhass,Renzo Piano etc. Nin a Moneo se lle permitiría facer o rañaceos que esta en vistas de facer. Aquí estamos no país dos Ananos que aínda non entendemos que unha cidade vertical é moito mais ecolóxica que unha horizontal. Non entendemos que millor uns poucos edificios en altura e de altura que moitos de media altura ou mediocres.Para mostra un Palexcon. Estamos rodeados de feismo de media e pequena altura. Na arquitectura se distinguen dous tipos a boa é a mala pero para os arquitectos desta terra son a alta e a baixa.Será que aquí somos mais listos que ninguén e asi nos vai. Despois din que fora da Galiza non saben apreciar a nosa arquitectura actual. ¿ Por que será?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.