O Plan Galicia cumple seis anos sen case ningún polígono industrial en pé

O proxecto da Xunta de Fraga prevía 20 parques empresariais en 2005, pero só un par deles funciona
SERGIO BARBEIRA Actualizado 25/02/2010 - 17:43 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

“Un impulso á reactivación económica”. Con este lema, tanto Manuel Fraga na Xunta e José María Aznar en Moncloa, pretendían vender o seu Plan Galicia, destinado a revitalizar a zona da Costa da Morte –e algúns municipios das provincias de Pontevedra e Lugo– para contrarrestar os efectos nocivos que causara o verquido de 77.000 toneladas de fuel do buque Prestige sobre as economías dos concellos afectados en novembro de 2002.

O Goberno autonómico e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) acordaron impulsar de forma conxunta o desenvolvemento de 20 parques empresariais nas zonas máis afectadas pola catástrofe. A previsión era levantar 4,3 millóns de metros cadrados de novos espazos de actividade industrial, comercial e de servizos. Os pronósticos tamén falaban de que os novos polígonos terían espazo suficiente para dar cabida a máis de 1.000 empresas, que, segundo o proxecto inicial, actuarían como “foco de atracción” para un “importante” volume de investimento privado, que “podería acadar os 1.200 millóns de euros”. En canto á xeración de emprego, as estimacións apuntaban á creación de máis de 8.700 postos de traballo directos, aos que habería que engadirlle os inducidos en sectores e servizos complementarios. Por último, a inversión prevista nestes 20 parques situaríase en torno aos 155 millóns de euros, dos que case 132 millóns serían aportados por SEPI e 23 millóns pola Xunta. O investimento canalizaríase a través da sociedade Suelo Empresarial del Atlántico, na que Infoinvest (do grupo SEPI) conta co 85% do capital e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), co 15% restante.

 

SEIS ANOS DESPOIS

Os plans ambiciosos de Xunta e Goberno central non quedaron nada máis que en boas intencións, xa que seis anos despois da presentación do Plan Galicia a actividade é practicamente inexistente nos polígonos, incluso naqueles que están rematados pero que non teñen naves industriais ou empresas operando.

O deputado nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera, presentou unha iniciativa ao Goberno central para que “informe” sobre “que foi” dos compromisos do Plan Galicia. Dos 20 parques proxectados inicialmente, tres foron descartados polo goberno bipartito (Carnota, Muxía e Xove-Cerco). O de Porto do Son tamén foi paralizado nun principio, pero logo incluiuse no plan xeral de urbanismo do concello e ampliuse a súa superficie de 50.000 a 370.000 metros cadrados. Agora está en estudo.

Un dos parques máis grandes é o de Vimianzo e despois dun ano construído, segue sen haber ningunha empresa instalada. Recentemente a andamiaxe do parque foi roubada e a maleza é o único que se instalou no polígono. A súa superficie é de 800.000 metros cadrados, pero ningunha compañía quere asentarse polo elevado prezo do metro (uns 90 euros), que a Xunta non quere rebaixar, a pesar de que o pleno da corporación de Vimianzo adoptou un acordo solicitando á Xunta rebaixas nos prezos. O PP pediu 35 euros por metro, pero nada.

 

DOUS GOBERNOS POR MEDIO

Cando o goberno bipartito chegou á Xunta, só había un parque, o de Mondoñedo, rematado –aínda que hoxe aínda segue en venda– e o novo Executivo decidiu que parques mantiña e cales descartaba. O electoralismo levara ao PP a prometer un parque en Muxía, que a consellería de Vivenda e Solo dirixida pola nacionalista Teresa Táboas paralizou polo impacto que tiña sobre a paisaxe e a costa. “Cando chegamos só Mondoñedo estaba en marcha; inauguramos Catoira, Vilanova I quedaba en obras, reamtamos Vimianzo e desbloqueamos Laracha”, asegura a ex conselleira Teresa Táboas. A ex titular de Vivenda argumenta que a crise económica afectou negativamente ao parque de Catoira, que tiña moita demanda pero que os empresarios no podían asumir o custo das parcelas. Táboas decidiu alugar as parcelas, pero os parques seguen valeiros.

Coa chegada de Núñez Feijóo á Xunta, os parques sufriron un parón que volve a agravar a súa situación actual de inutilidade, malia que hai millóns de euros investidos neles. O concelleiro de Urbanismo do concello de Tomiño, Uxío Benítez, indica que o parque empresarial previsto para o municipio, un dos máis grandes, cunha superficie de máis de medio millón de metros cadrados, “é un proxecto que vén dende hai moito tempo”. Benítez recoñece que o polígono “estaba atascado” cando chegaron ao goberno en 2007. “Dende 2008 Xestur asumiu a xestión e o concello aprobou definitivamente os permisos”, asegura. Agora van abrir o proxecto de expropiacións e verificar a obra. Uxío di que se dirixiron ao director xeral do IGVS e a resposta que obtiveron é que “estanse replantexando moitos parques e que non hai cartos”. Sobre a demanda di que “hai bastantes presolicitudes de empresas”. Só falta o parque.

En A Laracha, está sen construír un dos máis grandes polígonos contemplados no Plan Galicia. De feito será o maior se o alcalde consegue rematar os dous millóns de metros cadrados que quere instalar no municipio. O contrato de obra do parque foi concedido a FCC, así como a urbanización dos exteriores, por 9,6 millóns de euros. As obras comezaron en decembro, pero ata dentro de dous anos non estará rematado. Dende o concello aseguran que descoñecen a demanda actual do polígono, pero que “hai uns anos había moitas solicitudes presentadas”, o que levou ao alcalde a ampliar as dimensións. O parque está ben comunicado e preto do futuro porto exterior da Coruña. Pero haberá que esperar.

Neste momentos hai en proxecto parques tan importantes como o de Ferrol, que supera os 900.000 metros cadrados de sueprficie. Tamén en proxecto atópanse o de Vilanova de Arousa II (347.876), A Guarda- O Rosal (260.211) ou Muros (196.207). En execución atópase o polígono industrial de Cee, preto de Fisterra, que contará con case 230.000 metros despois de sufrir unha ampliación ao descartarse o que estaba previsto para a vila de Carnota.

O caos provocado polo Plan Galicia evidénciase cando dende os concellos nos que se tiñan que implantar parques amosan a súa sorpresa sobre a existencia dos mesmos. “¿Que parque empresarial?”, contestan dende o municipio de Salceda de Caselas, en Pontevedra, onde estaba planeado construír un polígono de case 51.000 metros cadrados. Seis anos despois a conclusión que se desprende é que a planificicación dos parques non respondeu nin a unha demanda nin interés por rematalos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.