A Bienal de Pontevedra presentarase o vindeiro día 18 en ARCO

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, estará na feira de Madrid xunto co seu vicepresidente e Santiago Olmo, o comisario da mostra, que cumpre trinta e un anos
Xornal.com Actualizado 10/02/2010 - 00:35 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, acompañado polo vicepresidente da institución, José Juan Durán, e do comisario da mostra, Santiago Olmo, presentará o día 18 a XXXI edición da Bienal de Pontevedra na Feira Internacional ARCO de Madrid.

Esta edición da Bienal, que estará dedicada aos países de Centroamérica e o Caribe e levará por título 'Ut(r)ópicos', vincula os conceptos de Utopía e Trópicos para, segundo explicou a Deputación, "subliñar a conexión entre un espazo xeográfico, que a historia asociou ao paradisíaco, e os proxectos de transformación, emancipación e modernidade que se foron producindo".

Deste modo, a institución provincial reforza a proxección dunha Bienal na que se mantén unha liña xa elaborada en edicións anteriores sobre o multiculturalismo e o diálogo interterritorial, superador de visións localistas, que ofrece un novo discurso da provincia e que pretende resaltar o papel que Pontevedra tivo na historia e na actualidade "como auténtica Ponte de Culturas e de Civilizacións".

A mostra que se presentará en Madrid incidirá na importancia e na diversidade de Centroamérica e o Caribe e, por riba de todo, a transversalidad da Bienal de Pontevedra 2010, que se articula en sete microexposicions, en canto á relación de Galicia cos citados países.

A Bienal 2010 terá como núcleos expositivos o Museo de Pontevedra, a sede da Deputación en Vigo e a zona portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.