Sábado, 20 de marzo de 2010 - 16:24 h

Baltar atribúe aos “políticos” o conflito da lingua

Xornal.com Actualizado 12/02/2010 - 01:16 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

“Un problema artificial que estamos a crear os políticos”. Deste xeito define o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, o “conflito” xerado en torno ao uso da lingua galega, unha controversia que, a xuízo do histórico dirixente do PP ourensán, “ao 90% da poboación galega lle ten sen coidado”.

No marco dunha entrevista en Radio Nacional de España, Baltar subliñou que, ao longo dos anos, “a convivencia galego-castelán foi harmónica”, unha circunstancia que, en pleno debate sobre o denominado “decreto do plurilingüismo”, debera continuar, dende a perspectiva do político ourensán.

Neste sentido, o ata o pasado mes líder do PP na provincia sostén que a cidadanía aposta por que “se cumpra a lei” nun contexto no que, di, os “futuros cidadáns” deben “saír con pleno coñecemento dos dous idiomas” e, no caso de que nesa formación escolar se inclúa o inglés, apunta, “pois moito mellor”.

Así e todo, o que fora máximo expoñente dun dos sectores máis galeguistas do PPdeG critica tamén as reivindicacións lingüísticas dos “nacionalistas” xa que, asegura, “se empeñaron en que só tiña que habaer galego, e iso non pode ser”.

repercusión do congreso

Despois do congreso do PP de Ourense no que o perfil galeguista do novo presidente, Manuel Baltar, foi unha das claves dos intensos debates, o titular da Deputación afirma que os partidarios do que fora opoñente do seu fillo coma Antonio Rodríguez Miranda ou Rogelio Martínez non están “tocados” no futuro da formación.

Mentres Manuel Baltar dá forma á nova dirección dos populares ourensáns, o seu pai móstrase convencido de que o novo presidente “administrará a vitoria con sentidiño e fará un equipo cohesionado”. Así, di, en referencia aos partidarios de Juan Manuel Jiménez Morán, “os demais teñen moito que facer en postos institucionais e políticos”.

No que atinxe ao seu futuro político, Baltar Pumar asegura que está “disposto a estar” nas listas electorais das vindeiras municipais, sempre e cando “o partido considere que podo servir para algo bo”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Xooooooooo Feijoooooooooo!
Plural
2010-02-08 02:07:28
"o “conflito” xerado en torno ao uso da lingua galega, unha controversia que, a xuízo do histórico dirixente do PP ourensán, “ao 90% da poboación galega lle ten sen coidado”." Home, quererá dicir, que o tema da falacia da "imposición" nos la repampinflaba, non a lingua galega. A ver se redactamos correctamente as crónica, non? Hai unha enquisa do CIS despois da autonómicas do 2009 onde se revela que para só o 1% dos votantes foi decisivo o tema da "lingua" á hora de orientar o voto. Iso xa o di todo. O que pasa é que entre falacias de imposicións, audis, "sultanatos socialistas", eólicos para os amigos si que se vai facendo "corrente de opinión" que fai efecto electoral, tanto desencantando aos partidarios do bipartito, como exacerbando aos ultradereitistas. Xa que recoñece que foi "un invento dos políticos" (debería dicir, dos políticos do PP -Quen estaba na manifa de GB en Compostela? Premio), tendo o cargo que ten, xunto co seu fillo, que se define galeguista, deberían darlle un bo tirón de orellas a Feijóo y sus niños "pixies pink foulard" para que deixen de seguir marreando no cravo da lingua. Ou? Se non é así, todo che vai ser puro conto.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.