Lunes, 22 de marzo de 2010 - 2:07 h

Unha lingua, 55 mentiras e 69 cidades

A plataforma ProLingua emite un sinal en defensa da lingua de forma simultánea en varios lugares do mundo coa presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por Xosé Henrique Costas, en 69 auditorios
IAGO MARTÍNEZ Actualizado 19/02/2010 - 13:32 h.
87 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 48 voto/s

Cando chegou á súa casa de Bos Aires o venres á noite, Débora escribiulles aos seus compañeiros de ProLingua. Quería contarlles como fora a presentación na capital arxentina de 55 mentiras sobre a lingua galega (Laiovento), un libro escrito en mancomún á calor desta plataforma cidadá e co profesor Xosé Henrique Costas no timón. Díxolles que fora “emotiva e intensa”, que se enchera a Biblioteca Galega con medio cento de persoas “interesadas, comprometidas e sensíbeis” e que lle preguntaran, esas xentes, que podían facer para botarlle unha man á lingua galega dende a outra beira do Atlántico. Confesoulles que ela, que é de alí pero tamén de aquí, e que ademais é xornalista, retrucara con outra pregunta. Débora quixo saber por que estaba alí aquela xente. Por que atravesaran, malia á chuvia “forte e impiadosa”, a cidade de Bos Aires. “Por amor”, disque lle responderon.

Mentres Débora enviaba o seu informe dende Arxentina, Pilar facía o mesmo dende A Coruña e Xosé María dende Baio. Como Eva e Inma dende Londres, Ana dende Pontevedra ou Xosé Luís dende Santiago. Unha hora despois das noticias de Bos Aires, Aitor, Mariana e Johannes enviaron as súas dende Tübingen, en Alemaña, e aínda habían chegar as de Xosé Henrique dende Vigo, as de Jairo dende Saraievo, as de Xosé Manuel dende Cangas, as de Xilberte dende Gondomar ou as de Isaac dende Corcaigh, en Irlanda. Así até as oito da tarde de onte, hora galega, cando Chisco enviou o seu parte. En Carnota, “nun serán duro de temporal”, xuntáranse 45 persoas.

Con cada correo, un número. Duascentas persoas en Vigo e outras tantas en Vilagarcía. Trece en París, trinta e unha en Copenhagen e vinte e dúas en Londres. Setenta en Madrid e corenta en Trintxerpe, en Euscadi. Trinta e unha en Madison, trinta e cinco en Bruxelas, duascentas máis en Santiago e un cento en Pontevedra e Lugo. Foi como unha desas poucas madrugadas electorais. Esas noites, escasísimas, nas que se gaña. O escrutinio, din en ProLingua, deitou un éxito: unhas cinco mil persoas asistiron, ao mesmo tempo pero en 69 lugares diferentes do mundo, á presentación do libro.

O escritor Xavier Queipo, en Bruxelas, chamoulle “guerra de guerrillas”, e o académico Francisco Fernández Rei, dende Cambados, atribuíulle o acto a unhas “novas Irmandades da Fala”. Foi probabelmente, como deu a entender en Vigo o director de Xerais, Manuel Bragado, a presentación dun libro máis multitudinaria e descentralizada que se coñeza. Un xesto global, en rede, que recuperou a Ramón Cabanillas a xeito de contrasinal. Aquí e alá, a voz do poeta de Cambados volveu soar na voz dun prolingüeiro ou unha prolingüeira. Así é como se chaman entre si os que comparten esta plataforma. En Vigo foi o escritor Agustín Fernández Paz, un deses once Premios Nacionais de Literatura que lle lembraron a semana pasada ao conselleiro de Cultura que magoar a dignidade das letras galegas non é gratis, quen trouxo as palabras de Cabanillas ao presente. “A lingua”, dixo na Fundación Penzol, onde estaban só os que deran apañado un sitio nun auditorio ateigado, “é o noso escudo”.

O libro era tamén unha escusa. O mesmo na libraría Kalila w-Dimma de Bethelem (Palestina) ca na Universidade de Wisconsin, en Madison (EUA), a xente escoitou o que alí lle dixeron. En resumo, que hai moito conto no debate lingüístico, e que de todas as mentiras que se empregan como arma arreboladiza, hai 55 que xa teñen resposta no libro que coordinou o profesor Xosé Henrique Costas. Pero acabado o acto, en case todas partes houbo coloquio. Na Livraría Orfeu de Bruxelas, por exemplo, falaron das dificultades coas que baten algúns para vivir en galego o seu día a día ou de como pode ser a convivencia co portugués. Na sala, por certo, non eran todos galegos.

En Londres e en Copenhage, por poñer un caso, esgotáronse os libros, pero en Pontevedra quedaron ademais sen pins de ProLingua, unha plataforma que xuntou máis de 2.000 adhesións dende que se presentou publicamente o pasado mes de outubro na facultade de Filoloxía de Santiago. Aquel día falaron, entre outros, os escritores Xabier P. DoCampo, Agustín Fernández Paz e Mercedes Queixas, pero os focos foron para o empresario Rafael Cuíña, hoxe colaborador de Xornal. Algúns non entenderon que facía un militante do PP, fillo do histórico barón provincial Xosé Cuíña, a carón de xentes tan afastadas no ideolóxico como Xosé Luís Rodríguez Pardo, outro histórico, no seu caso como fundador do Partido Socialista Galego (PSG), hoxe no PSOE.

No seu manifesto, ProLingua defínese como un espazo compartido “por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión”, unha plataforma apartidaria “que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real”. Claro que tamén esixe “que non se leve a cabo ningunha medida lexislativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e os galegos a usaren e coñeceren a lingua galega e a facer dela o seu sinal de identidade”.

Onte, no medio da euforia e a enxurrada de parabéns, alguén en ProLingua dixo que se fixera historia. Máis modestos, en Teo limitáronse a parir un slogan. Colleron prestado o que usa a Xunta para promocionar o Xacobeo e o reciclaron noutro que lle faga fronte ao decreto do plurilingüismo que argalla o Goberno, amplamente contestado polas forzas políticas, os sindicatos, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura e o mundo do ensino. Os anuncios do Ano Santo din que agora é cando e Galicia é onde. En Teo, ademais, din que “o galego é o porqué”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Vai pola sombra
Mutenrohi
2010-02-17 20:42:18
Bla bla bla...Es tendencioso, aburres as ovellas, a túa prosa é plúmbea e absolutamente todos os teus post nestes meses, resúmense nas 3 primeiras sílabas deste post. Xamais contestas as preguntas, vaste polo monte adiante e perdeste...Simplemente es unha caricatura que nos serves para deixar en evidencia a supina ignorancia da xente coma ti e evitar que outros, o le-los artigos, caigan no pozo onde ti metícheste. Non creas que falamos (polo menos eu) contigo, polo teu tremendo carisma. Ale...con Deus.
2
a nostrus
Sancho
2010-02-16 15:58:31
Que ti deches argumentos sólidos? Andaaaaaaa, que fenómeno. Non fuches capaz de dar nin sequera un argumento con mínima rixidez. Eu e outros, como Mutenrohi ou Hindemith si que che demos argumentos, tan sólidos como que están baseados na lei. O teu problema é que non vives na realidade... ou mellor dito, vivides na realidade preconstitucional, e por iso pensades que podedes estar á vosa vontade para convivir. A Lei é o que regula á cidadanía, non as vosas teses trasnochadas... os tempos nos que xente coma ti estaba por riba da lei remataron nené... porque a Lei permite un estado en igualdade e liberdade... algo que vós non asumides, pois credes noutro estatu quo... Pero mira, recórdoche a realidade, unha vez máis, que non admite cuestionamentos, pois está escrita; a Constitución española considera cooficial ao galego, e empraza aos poderes públicos a protexelo e promovelo; o Estatuto de Autonomía, lei orgánica do Estado, considera ao galego como o idioma propio de Galicia, e polo tanto oficial, cuestión que se materializa na Lei 3/1983, que determina que o galego é oficial na Administración pública galega; a mesma lei non recolle un inexistente dereito a elixir a língua no ensino, e establece que os topónimos serán na forma galega de xeito oficial. Isto, nostrus, é realidade; o teu... paranoias de fachitas que pensades que todo o monte sigue a ser ourego... Hale, segue a "argumentar" sobre que o sol sae polo norte e se pon polo sur.
3
A Sancho e Mutenrohi, deica logo.
nostrus
2010-02-15 16:32:01
Bueno Sancho, pareceme ben que rematemos esto, por un lado iste e un artigo apagado e por outro vexo que non te queres parar a pensar. Xa che expuxen que o verdadeiro termo e o de lingua oficial e che expoño o que non quero que Galicia acabe como Cataluña. Creo que che puxen argumentos solidos, pero que ti non aceptas polo feito de que te negas a collelos. Tamen che amoso o meu desdexo polo bilingüismo. E dende logo para nada che importa a xente, sinxelamente queres sairte ca tua. Mutenrohi, certo, dixeches un ejemplo apropiado, ¿sentirias mito afecto por un lugar que o seu clima e hostil?, pois eso e o que queredes facer de Galicia, un lugar hostil. No teu partido, os seus membros, alomenos cara a galeria falan solo en galego, velai o apego que lle teñen ao bilingüismo e a realidade galega. Usan o castelan cando o galego se lles queda corto, deixandoo esi en evidencia e inda enriba pensan que nos perdonan a vida por falar castelan. E deixa xa de xogar ao tenis conmigo, que eu non teño complexos, nin me fales nun tono de superioridade que eu sempre usei o galego, e fago uso del “ a capela”, non coma vos que tedes un tradutor no PC, claro que e porque vos fai falta. Quixera falar contigo para ver o colorado que te porias falando galego.
4
a nostrus
Sancho
2010-02-15 11:48:31
... está claro que xa non tes ideas. Isto remata; con realidades na man nunca terás razón. E non estabamos a falar de Cataluña... xa non sabes qué inserir para darlle mínima entereza ao teu desparramado e agotado discurso.
5
Manipulación
Mutenrohi
2010-02-13 15:44:12
Tirria por que?? E asco?? Podías dicir incomprensión, confusión, non estar dacordo...Pero non. ASCO. Como se fora unha m.rda. Sabes que pasa?? Seguro que o 90 % das persoas con ese sentimento que ti dis, son de xente totalitaria e ultradereitista. Casualidade?? Non creo. E para máis INRI, producese en xente que NON son de alí. E na xente autóctona, o problema ese é para que vaian o psiquiatra. E como dicir que sinten noxo polo clima, pola xente de pelo rubio....Algo que sempre estará ahí, pero provocalles repulsión. E non podemos permitir que esta xente intenten facer participes dos seus complexos os demáis. Manipular, Nuestro, consiste en intentar facer crer que esos complexos son normais e de sentido común. No meu partido, vexo xente que fala galego e teño visto entrevistas a medios españois falando en castelán. Dime algunha declaración despectiva cara o castelán ou os castelanfalantes dos dirixentes do BNG. Algo que si se ve nos seguidores de GB para o galego. E segues coa teoría da "imposición" que xa non a traga ninguén. Recórdoche tamén co decreto 124/2007 que tanto "noxo" vos da, o fixeron os socialistas. E ti acusasme de manipulación?? Xa che dixen hai uns días que me botas en cara a min, cousas que dis ti.
6
A Mutenrohi
nostrus
2010-02-13 13:03:35
Listo pode que non sexas, mais como manipulador non tes precio. Claro que hai xente que lle pode coller tirria a un idioma si lle dan con el nos dentes, pero ti intentas manipular dicindo que eu lle teño asco ao galego. Tamen eres malo procesando pois dicen que o 90% en castelan non e imposición “si ise e teu desexo”. Nun pais elixese democráticamente cal e a sua lingua oficial, e nos sitios onde hai mais de unha, o que debe existir e o respeto para os que usan unha ou outra. O teu ¿partido? non amosa tanto respeto como tu dices. Intenta ti poñer un pouco de sensatez veras canto duras nel.
7
Interesantes reflexións
Mutenrohi
2010-02-12 23:46:51
"Mucha gente le termina cogiendo asco a ese idioma" Interesante reflexión. Interesante por que amosa unha parte das vosas mentes enfermas. O categórico que sodes cos demáis idiomas do estado español. "Da asco", "No sirve para nada", "los que lo hablan son unos fascistas"...E a continuación de botar estas perlas de sabiduría, pedides respeto e facedesvos as víctimas. Por certo, animo a xente que entre na páxina de FACE de GB, por que veredes cousas alucinantes. Iso si, non vos inscribades e tratedes de razoar con eles. Seredes botados despois duns cantos insultos. O mellor que se pode facer é coñece-lo inimigo. Por iso non concordo coa xente que critica a cobertura que se lle fai a GB neste xornal. Tampouco concordo en que estean mortos. Están feridos e os animais feridos son máis perigosos. E aparte non contades cun tema importante: A relativa e misteriosa solvencia económica de que dispoñen. Por certo, Nuestro. Recomendoche ti que entres no FACE de GB. Puxeron un enlace a unha páxina de apoio a unha persoa que lanzou louvas a Primo de Rivera e que dixo co franquismo "lo utilizó". Quen non queira ve-los vínculos da Falange con GB que se saque os ollos. Nuestro, teu avó (se é certo o que contaches) estará orgulloso de ti.
8
Este pérdese..
Mutenrohi
2010-02-12 21:53:05
E como sabes co 90 % é o meu desexo?? Ós meus pais ninguén preguntoulles nada. Onde estaba Gloria Lago entón?? Pero diso calades. Por que se saca o tema, Glory xa non iría a Intereconomía. E para unha cadea que lle fai caso... Falades dun dereito que supostamente quitouvos o bipartito. XAMAIS existiu ese dereito. E ademáis é ILEGAL. E non sigas co conto do "malo lo dijiste tú no yo". Non estamos nun patio de colexo. Todo o mundo con máis de 2 neuronas entendeuno ben. O que pasa es que ti es dos que antes de admirar a catedral de Santiago, quedaste a mirar un galpón en ruinas. Xa ves...ainda dicindochelo eu, para que non perdas tempo, perdeste. O teu chámase dispersión mental. Ti perdeste nunha habitación baleira.
9
A Sancho
nostrus
2010-02-12 16:47:42
Bien Sancho, con la rotulación no me refería solo a los topónimos, sino a aquellos letreros que dan información. Los letreros deben ser para servir a las personas, para darle información, no para servir a las lenguas. Y si pretendes que den identidad, deben dar la real y no tratar de esconder una realidad. Al mismo tiempo los carteles bilingües trasmiten cultura, puesto que ponen una cosa y su traducción, “SAIDA –SALIDA” si vas a Bilbao encuentras “SALIDA-ÉRTERA”. Si la utilización de cartelería bilingüe supone saturación de información, podemos recurrir a ponerlos repartidos, ya que los carteles suelen estar repetidos en varios sitios y poner en grande y luego debajo en pequeño su traducción, ejemplo: “SAIDA-salida” y en el siguiente letrero, “SALIDA-saida”, siempre con criterio de repartir y no despreciar. De este modo trasmitimos cultura, dignificamos el gallego y no hacemos que se aborrezca. En Cataluña se usa obsesivamente la carteleria monolingüe en catalán llegando mucha gente a cogerle asco a ese idioma, mientras que si se usara el criterio que yo te expongo, la gente lo iría cogiendo de una forma agradable. En el fondo le hacen un flaco favor al catalán y por nada quisiera que le pasara así al gallego. En Cataluña la gente es educada y te habla castellano si se da cuenta que no entiendes, quienes no son educados son los gobiernos que tienen y de eso si son responsables los catalanes. En lo que mencionas de los de aldea, te diré que yo soy aldeano, así como suena y te confirmo que efectivamente se usa mucho más el gallego, pero no confundas con que los de aldea no sabemos hablar castellano, aunque hay gente que le cuesta, pero absolutamente todo el mundo lo comprende. También en la ciudad todo el mundo comprende gallego, quedaran como excepción una minoría de gallegos que haga poco que disfrutan de esa condición. Con lo que podemos decir que los dos idiomas son de Galicia y que los hábitos lingüísticos pertenecen a cada persona. Lo de los topónimos lo dejamos para otro debate. De lo que se trata es de debatir diferentes puntos de vista.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.