Viernes, 19 de marzo de 2010 - 15:09 h

Ramón Villares: “Se Feijóo segue ao CCG, ao galego iralle mellor”

O presidente do Consello da Cultura pide deixar 
o futuro do idioma fóra 
dos “intereses políticos”
DAVID LOMBAO Actualizado 12/02/2010 - 01:16 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 voto/s

“O Plan Xeral de Normalización do ano 2004 é o que marca todas as pautas que debe seguir a Consellería”. O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, ten claro que o “último” documento que, ata o de agora, obtivo o consenso de PP, PSOE e BNG, debe ser o “punto esencial” para restaurar un pacto lingüístico en Galicia e, para iso, lembra, a lingua propia debe estar presente nun “mínimo” do 50% das materias escolares.

Menos dunha semana despois de que o Consello fixese público o seu ditame sobre denominado “decreto do plurilingüismo” –un crítico informe que foi reducido pola Xunta á categoría de “opinión”–, o presidente da institución que, atendendo ao Estatuto, debe ser o piar da política cultural do Goberno insiste en que o fin último das recomendacións non é outro que garantir “unha competencia solvente” nos dous idiomas oficiais”.

Durante unha entrevista concedida á Cadena Ser, Villares mostrou a súa esperanza en que a “batalla” da promoción da lingua propia non estea “perdida”. Para iso, di, o primeiro paso debe ser a introdución de “cambios” nas “bases” do decreto que promove a Xunta, “pero non sei ata que punto van introducilos”, dubida o historiador.

Mentres que o máximo dirixente do CCG se pregunta “por que razóns non foi posible” ata o momento que o Parlamento de Galicia asumise a proposta da institución para crear unha “comisión” para “restaurar o consenso” –iniciativa rexeitada en diversas ocasións polo Grupo Popular– e aconséllalle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “corrixa” o seu proxecto inicial.

Nun ton sensiblemente máis ponderado que o empregado polo Executivo ao recibir o ditame do Consello, Ramón Villares non dubida que “canto máis o corrixa”, o escenario que se abrirá para o futuro do galego será “moito mellor”. Non obstante, Villares dubida ironicamente sobre a posibilidade de que eses cambios beneficien “á estratexia política” dos conservadores galegos. “Pero iso –conclúe con retranca– non me compete a min”.

Na mesma intervención, o presidente do Consello matizou tamén, sen citalas, as palabras do propio Feijóo, segundo as cales a intención última do CCG é “recuperar” o decreto 124/2007, aprobado polo bipartito. “Sería unha distorsión enorme dicir que o estamos recuperando o decreto do bipartito” cando a institución, lembra, nin sequera “se pronunciou” sobre el, xa que cando foi aprobado “non foi requirido” para emitir un ditame sobre o documento.

En calquera caso, Villares coida irrenunciable o mantemento do “mínimo” do 50% de materias en galego, a partir do cal, di, cómpre abrir a porta a “unha actuación flexible e progresiva, na que nalgúns lugares pode haber máis do 50% e noutros menos, dependendo do contexto”.

Tamén polo mantemento de, cando menos, a metade das áreas escolares na lingua propia pulará hoxe a plataforma Queremos Galego. O colectivo en defensa da lingua formalizará esta mañá no Parlamento, xunto a Esquerda Unida, unha Iniciativa Lexislativa Popular para “garantir os dereitos lingüísticos” na Administración e no ensino.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Viva a intelixencia!
plural
2010-02-08 01:55:30

Estimado compañeiro "varela singular", sinto contestar aquí, pero Xornal xa quitou o fío onde ti comentaba. Fantástico que esa fose a túa percepción da manifestación do 21 dende unha óptica que ti manifestas "non nacionalista". Mira, eu a nivel, persoal, sentinme absolutamente cómodo, porque alí había moitos amigos e amigas persoais, ademais dos milleiros de compañeiros e compañeiras no amor á lingua e á dignidade, tanto persoal, como colectiva. Obviamente, eu non pretendía dar unha visión "dende a posesión da verdade". Faltaría máis. Simplemente é algo que veño observando constantemente o uso, brutal unha veces (aiii, ese "Yo Protesto" de The Tower-Coz. A portada de La Razón, coa bandeira queimada (Alguén víu cos seus ollos tal cousa no Obradoiro?)), e sibilina moitas outras dos estereotipos fabricados para facerlle á "xente" (como din eles) chegar mensaxes simples, pero tremendamente destrutivas. Benquerido varela, se sabemos por onde nos van atacar, pero por que coño lles damos munición para que nos ametrallen? É que eu véxoo así de simple. Hai que convater intelixentemente os estereotipos nos que nos encasiñan doadamente. Eu recoñezo nos meus compatriotas a capacidade para discernir, pero ti tamén sabes que hoxe en día estamos bombardeados por miles de mensaxes ("novas-noticias") que, por mágoa, moitas veces a poboación asome como "verdades" (Oíches, dixeron nas noticias que... Oíches, dixeron na radio que...) e, obviamente, non lle imos pedir a cada cidadán que contraste esas informacións que recibe e, a día de hoxe, o que "pon a prensa" ou o que "di a TV (un telexornal, por ex.)" vai a misa. A ver se agora imos ser tan inocentes que nolas meten por todos lados e non a vemos nin vir (véxase a campaña da Voz e demais media "amigos"). Por algo se matan por repartir subvencións para que lles fagan a propaganda (A Voz, perdón pola insistencia, xa leva pillados case 4 millóns de euros, e os que lle quedan por Pillar: Lomana Cash - Latorre Cash, clink, clink). Faltaría máis que o nacionalismo non estivese na manifestación. Sería de tolos. Pois claro que ten que estar, aínda máis, é obrigado que estea en cumprimento dos seus principios. Agora ben, eu non falo do fondo, no que creo que todos estamos de acordo, senón da forma (chámalle "marketing" se queres). Estamos nunha sociedade da información e da imaxe. Non se trata de entrar nun mundo de "arrugas bellas" (outro que se despachou de carallo) e desideoloxizado, senón de xogar coas mesmas estratexias coas que intentan noquearte. Acaso non ve agora todo o mundo o erro do bipartito de calaren a boca no canto de contestarlle expeditivamente as trolas do PP dos audis, dos eólicos para os amigos... Mira ao que chegou esa falacia chea de fel da “imposición do galego”. Contábame o outro día unha amiga profe que cada vez chegan máis alumnos ao colexio aleccionados dende a casa dicindo: “A mí tú me hablas como yo te diga, que me dijo mi padre que tienes que hacerlo”. Tamén podemos mirar pra outro lado e non querer ver o que pasa, pero eu case que non. Outra cousa, aos compañeiros do STEG coñézoos e son sinceros. De CCOO habería que falar en privée, porque eu sei ben como manobraron e sumáronse daquela maneira (eu tiven algunha conversa con algún representante sobre o tema da lingua que metía medo), non sexamos inocentes, que nola meten dobrada. Do PSOE, si, como no Prestige, na esquina, detrás da parede, a ver que pasa: “ahora saco la patita, ahora la retiro. Ahora me uno, ahora pacto”. Tamén deberías coñecer o malestar que había en CCOO, UXT, PSOE por deixarlos na cola da manifa. A iso me refería eu: “sumanos pluralmente, pero daquela maneira, non sabes, que na manada cada un sabe onde ten que ir, e vós ides ao final e todos contentos, que isto montámolo nós”. Despois queixámonos de que non participen militantes e simpatizantes do PSOE e do PP? Pois xa me contarás. Debemos ser máis intelixentes nas estratexias. Debemos fiar moi fino quen fala ao final da manifa no estrado (ejem), eu entendo a pluralidade doutro xeito. Debemos ser máis intelixentes, conciliadores e integradores nas divisas (“slogans”) que escollamos. Falo de conciliadores e integradores cos simpatizantes e militantes do PP (non confundamos aos dirixentes ultras antigalegos do “pink foulard” cos milleiros de militantes e simpatizantes. Lembro que é nos votantes do PP onde se dá, proporcionalmente no abano de forzas políticas, o maior número de galegofalantes) e tamén do PSOE, EU, TEGA. Os que están/estamos ao pé do canón nesta defensa da nosa lingua, os que suamos a camiseta e traballamos día a día en todos lados por ela, podemos caer na tentación de cegarnos e querer patrimonializar esa loita, e, ollo, estariamos no noso pleno dereito, pero sería/é un erro de estratexia brutal que non nos fai permeables a eses sectores que acabo de indicar. Non me vale iso de que, e rebélome (afectuosamente ;-)) contra: “é probable no caso dos xa convencidos previamente, cos que, se faga o que se faga, tanto vai ter”. Non, non e non. De verdade. É preciso vencer convencendo co peso da verdade, cos argumentos lúcidos, manifestados tranquilamente, co intercambio de impresións sosegadas ante o máis cerril dos interlocutores. Se me permitides, pra rematar, parafrasear as verbas que Miguel de Unamuno lle dixo ao inhumano Millán Astray no paraninfo da Universidade de Salamanca, e que eu lles digo aos que queren aniquilar a nosa lingua: “Para convencer hay que persuadir, y para persuadir necesitaréis algo que os falta: razón y derecho en la lucha. Me parece inútil el pediros que penséis en Galicia. He dicho." VIVA A INTELIXENCIA!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.