Galicia foi onde menos se viu a televisión en xaneiro

O consumo televisivo en España marcou un máximo histórico con 261 minutos diarios
Xornal.com Actualizado 15/02/2010 - 18:01 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Galicia colocouse entre as comunidades nas que os seus habitantes menos viron a televisión con 233 minutos durante o mes de xaneiro, mentres que a media no conxunto de España se elevou a 261 minutos ao día, segundo un informe de Barlovento Comunicación con datos de Kantar Media (antes TNSofres).

Segundo explicaron fontes da consultora a Europa Press, dende que Sofres comezou a medir a audiencia das televisións en 1992, o consumo televisivo estas primeiras semanas de 2010 marca un máximo histórico, por diante dos 254 minutos de xaneiro de 2009 e os 251 minutos de decembro de 2009, que ata agora eran os meses con maior consumo de televisión.

Por comunidades autónomas, as rexións con maior consumo diario de televisión foron Aragón (291 minutos), Andalucía (276 minutos), Valencia (267 minutos), Castilla-La Mancha (267 minutos), Cataluña (265 minutos) e Baleares (264 minutos).

Mentres, as comunidades que menos viron a televisión foron o País Vasco (259 minutos), Murcia (252 minutos), Madrid (249 minutos), Asturias (247 minutos), Canarias (236 minutos), e Galicia (233 minutos).Atendendo ao tipo de persoa que ve a televisión, son as mulleres e maiores de 45 anos os que máis tempo pasaron diante do televisor o mes pasado.

Ademais, o informe revela que a TDT volveu medrar durante o mes de xaneiro, facéndose co 56,5% da audiencia total, batendo, de novo, a súa marca. Mentres, a televisión analóxica (con un 21,3%) asinou o seu mínimo mensual. Por último, La 1, xa sen publicidade, fixo medrar a súa audiencia respecto aos resultados de decembro, gañando doce puntos de audiencia.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.