Pablo Grandío: “A innovación é a chave para compensar a crise publicitaria”

Creou a web como un pasatempo, pero en doce anos xa é o sitio máis visitado de Galicia
NOELA REY MÉNDEZ Actualizado 12/02/2010 - 15:31 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

En 1997, un dos entretementos de moda era Vandal, un videoxogo de rol. Naquel momento, Pablo Grandío era só un rapaz, pero a súa afección por este tipo de recreos levouno a iniciar unha páxina web sobre estes. En 2010, Vandal.net, a páxina que dirixe Grandío, é xa un sitio consolidado que ocupa o primeiro posto do ranking de visitas entre as webs galegas –por riba de empresas como Zara ou institucións como a Xunta– e está entre as 5.000 máis consultadas do mundo.

 

Que é Vandal.net?

Naceu como un proxecto sen ningunha pretensión. Unha páxina de videoxogos con críticas, novas... Pero daquela non se sabía o que ía ser internet. Logo foi crecendo e perfilándose como o que é agora, unha páxina de información sobre videoxogos que inclúe noticias, entrevistas con directores, críticas...

 

Que se sinte ao ser o director unha das webs máis visitadas do mundo e a primeira de Galicia?

É unha mistura de orgullo e, sobre todo, agradecemento aos que nos siguen desde hai moito. Son xa doce anos falando de videoxogos, comentándoos, valorándoos... Hai xente que cando nos escribe dinos que nos visitan desde o 98, e mira que xa choveu desde entón.

 

Que buscan os usuarios cando acoden a Vandal.net?

Hai moitos perfís de usuarios. Hai xente que, por exemplo, simplemente viu un anuncio na televisión e entra na web para ver unha crítica deste xogo, se é bo ou malo, os comentarios doutra xente e mesmo pode que non entre directamente na web, senón que chegue a ela a través de Google. Despois hai outros que entran todos os días para seguir a actualidade do mundo dos videoxogos e que o que lle interesa son as últimas noticias. Por outra banda, temos público que está moito máis implicado e xa coñece as noticias importantes case que pola fonte principal. E tamén os hai que buscan trucos directamente.

 

Naquel momento, os videoxogos non eran medios masivos como agora.

Daquela eran moi diferentes. Era un entretemento moito máis minoritario e, sobre todo, moi sectorial. Estaba moi limitado a unhas idades, dos 15 aos 25 ou 30 como moito, e un público principalmente masculino. Agora o espectro demográfico abriuse moito e, de feito, o obxectivo é que todo o mundo desde os 5 anos ata os 80 xogue a algún tipo de videoxogo, que sexa algo tan universal como o cine ou os xogos de mesa. Daquela, os videoxogos non saían do cuarto do afeccionado. Agora, en cambio, están nos salóns para toda a familia.

 

 

Está internet a cubrir o espazo que deixaron as revistas de videoxogos que foron pechando por mor da crise?

O declive das revistas en papel vén dándose desde o ano 2000 ou 2001, sobre todo pola saturación do mercado, xa que en España había dez ou doce dedicadas aos videoxogos. Especialmente no mundo do videoxogo, que é algo moi visual, os portais aproveitamos os vídeos, as imaxes, a información directa, para ofrecer o que non pode unha revista. Unha revista pode dar maquetación, opinión, podes levala, pero non pode poñer un vídeo dun xogo. E ter actualización instantánea é unha vantaxe considerable en comparación coas revistas.

 

Como se fai rendible unha web sobre videoxogos en tempos de crise?

Con publicidade e tentando innovar sempre e compensar a incerteza do mercado publicitario lanzando novas cousas para ampliar o noso público. Coma todas as empresas, somo vítimas potenciais da crise, pero o que facemos é seguir crecendo en público para acadar relevancia e atraer investimento publicitario.

 

O futuro destes soportes pasa pola interactividade?

Internet vai moito por tendencias. No 2004-2005 foi a explosión dos blogs. Logo, no 2006, 2007 e 20008 foi o momento da explosión das redes sociais. Agora Facebook é fonte de actualidade en si mesma. Ver que vai ser o seguinte en internet é moi difícil.

 

Que lle parece a nova Lei de Economía Sostible que inclúe a posibilidade de pechar webs se se vulneran os dereitos de autor?

Nós non temos descarga de videoxogos, só información. O que si é certo é que se nunha web alguén que comenta pon un enlace a unha descarga de música pirata, a responsabilidade civil non só é de quen pon o comentario, senón tamén da páxina na que se pon. O problema diso é que poden pagar xustos por pecadores. Realmente, a lei non deixa moi claro se se valora a intencionalidade ou non. O perigo é se os usuarios poñen enlaces pirata, porque o propietario da páxina tamén terá responsabilidade.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.