O PP dálle dous meses ao Goberno para que lle poña couto ao ‘botellón’

En Galicia, o 20% dos mozos que participan en encontros para beber alcol ao aire libre son menores de idade
REDACCIÓN / AXENCIAS Actualizado 09/02/2010 - 00:47 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

O Partido Popular pediu onte ao Goberno que remita á comisión correspondente, nun prazo de dous meses, un informe detallado das accións que desenvolve ou ten pensado acometer para previr o consumo excesivo de alcol entre os mozos. Ademais, pedíronlle ao Executivo central que detalle se ten intención de tomar medidas contra este problema en solitario ou en colaboración con outras Administracións Públicas ou axentes sociais.

O obxectivo de tal petición é coñecer con detalle a acción do Goberno nesta materia, así como o esforzo orzamentario requirido para levala a cabo. Por iso, os populares esixiron ao Executivo que detalle os créditos asignados a cada unha das accións previstas.En concreto, o PP quere coñecer as medidas orientadas a formar e informar a poboación xuvenil, co obxecto de lograr un consumo responsable, así como as accións desenvolvidas en prol das actividades alternativas como política disuasoria.

Por outra parte, o PP solicitou información acerca das medidas adoptadas en relación á dispensación do tratamento cando sexa necesario, co fin de recuperar os rapaces que caeron nesta dependencia ou están en perigo de facelo. Para iso, o Grupo Popular no Congreso presentou unha Proposición non de Lei, para o seu debate en Comisión.

 

POLÍTICAS CON CONTINUIDADE

O PP instou ao Goberno a manter no tempo e de forma continuada unha política activa en relación á prevención do consumo excesivo de alcol entre os mozos. Tamén advertiu de que os datos que se coñecen sobre a idade de inicio de consumo e as consecuencias que unha inxesta elevada desta substancia poden ter sobre os mozos resultan preocupantes e poden ocasionar problemas serios de rendemento e de integración, así como exclusión social.

No entanto, recoñeceu que a solución ao problema non é fácil, polo que ve necesaria unha acción continuada que, entre outros aspectos, inclúa a prevención e información, actividades sustitutivas e medidas de tratamento naqueles casos nos que sexa necesario.

En Galicia, o 20% dos mozos que participan en botellóns son menores, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ademais, un estudo da Universidade de Valencia apunta que o 69% dos adolescentes españois recoñece que acode a estes encontros de xeito regular. Ante esta situación, a lexislación é moi dispersa.

Andalucía foi pioneira ao aprobar unha lei para tratar de controlar o fenómeno no 2006; tamén hai normas ao respecto en Aragón e Murcia e unha sobre a venda e subministro de alcol en Asturias; Castela-A Mancha; Castela e León; Cataluña, que prohíbe o consumo en vía pública cando o digan as ordenanzas municipais; Galicia, que foi a sétima en propoñer un texto a este respecto; A Rioxa, Murcia, Navarra, e País Vasco. Porén, a nivel estatal o único intento de controlar o botellón foi a proposta que tentara levar adiante Elena Salgado, sendo ministra de Sanidade, que nunca se aprobou.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
FALANDO CLARO
observador
2010-02-07 19:57:13
Pois o PP ten razón. Pídolle ao PP que implante ordenanzas anti-botellón nas cidades que goberna e que as faga cumplir. Só así será creíble. ¡¡¡ BASTA XA DE TANTA DEMAGOXIA PEPERA ¡¡¡

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.