Ferrín di que a RAG precisa 1,2 millóns ao ano

Xornal.com Actualizado 12/02/2010 - 15:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), o ourensán Xosé Luis Méndez Ferrín, declarou onte que a casa da lingua precisaría arredor de 1,2 millóns de euros ao ano para poder cumprir correctamente as súas funcións, e reivindicou que as contas da institución se inclúan nos orzamentos da Xunta de Galicia e tamén nos Presupostos Xerais do Estado, como xa fixera a pasada fin de semana nun dos Cafés de Redacción de Xornal de Galicia.

Tras un recepción oficial que tivo lugar na Deputación de Ourense, na que Xosé Luis Baltar ofeceuse a asinar algún tipo de convenio de tipo económico nun futuro para “avalar o seu labor”, Méndez Ferrín sinalou que na actualidade teñen que realizar “tarefas permanentes”, como a nova edición do seu dicionario, “que é unha tarefa inacabable”; así como “as terminoloxías, e tamén continuar co inventario da toponimia e na onomástica persoal”.

Pola súa parte, o presidente da Deputación provincial de Ourense, Xosé Luis Baltar, mostrou momentos antes da devandita intervención o “compromiso moral e económico” da institución ourensá coa RAG para que “non pase apreturas”. Neste sentido, Baltar Pumar ofreceu “dende agora” a posibilidade de asinar un convenio coa Real Academia que lles “permita axudar” a institución “en todo o que necesite”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.