O Festival de Cine de Ourense abre o prazo para a presentación de filmes a concurso

O OUFF terá este ano unha edición especial por mor do seu 15º aniversario
Xornal.com Actualizado 10/02/2010 - 00:35 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) abriu este luns o prazo de recepción de películas para o que será a súa 15ª edición, que terá lugar do 1 ao 9 de outubro. A organización informa de que está a preparar un programa especial pola coincidencia do seu 15º aniversario co ano Xacobeo.

A convocatoria aberta céntrase nas seccións a concurso, é dicir, longametraxes, documentais, curtas de ficción, animación e novos medios, ademais da competición OUFF Escola, dirixida aos centros educativos non universitarios de toda Galicia. A inscrición podese facer a través da web do festival.

Neste ano, o festival prepara unha retrospectiva e Exposición dos seus quince anos, no que o percorrido realizado polo Festival dende a súa primeira edición, no ano 1.996, será obxecto de especial atención neste OUFF, cunha retrospectiva cos filmes máis relevantes que se proxectaron no Festival e unha exposición fotográfica adicada aos actores, directores e profesionais que pasaron por Ourense durante quince edicións.

Tamén haberá un ciclo de presentación do palmarés 2009 do OUFF nas cidades de Vigo e A Coruña, así como as proxeccións Cine e Muller, unha celebración do Día Internacional da Muller (8 Marzo) cunha proxección de películas dedicadas a esta temática, un Ciclo de cine xermano, relacionado coa Exposición “Vicente Risco no Berlín de Weimar” que realizará a Fundación Vicente Risco, e unha Retrospectiva de cine sueco, en colaboración co Instituto Sueco de Cine, o Svenska Filminstitutet.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.