Un fillme indie quítalle o primeiro posto a 'Avatar' na billeteira estadounidense

'Dear John', unha historia de amor sobre o 11-S dá a sorpresa ao facerse co número un
Xornal.com Actualizado 10/02/2010 - 00:35 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Tarde ou cedo tiña que pasar... pero ninguén esperaban que Avatar perdese o primeiro posto do despacho de billetes fronte a Dear John, unha cinta indepentiente de baixo orzamento que arrasou en Estados Unidos cunha historia de amor ambientada no 11-S.

O drama romántico, protagonizado por Amanda Seyfried (a nova protagonista de Mamma Mia!) e Channing Tatum (un mozo ao que vimos en Enemigos Públicos) chegou ao primeiro lugar do despacho de billetes USA cunha recadación en tres días de 32,4 millóns de dólares en Estados Unidos e Canadá, superando ao até agora imbatible Avatar.

Os expertos prognosticaran que a cinta que destronaría á superproducción de James Cameron sería chegaría a próxima semana aos cinemas, trátase da película da 20th Century Fox Historias de San Valentín, unha comedia romántica cun potente elenco de estrelas entre as que están nomes como os de Julia Roberts, Jamie Foxx, Anne Hathaway, Ashton Kutcher, Jessica Biel, Jennifer Garner, Jessica Alba, Bradley Cooper, Taylor Swift ou Taylor Lautner.

Pero moi poucos expertos prognosticaran que Dear John causaría unha estampida de mulleres novas cara ás salas. "Cando as mulleres novas van, fano en hordas", dixo Geoffrey Ammer, presidente de mercadotecnia mundial da produtora do filme, Relativity Media.

Ammer dixo que a primeira onda de público enviou mensaxes de texto e a través de Tweeter ás súas amigas durante as funcións para ofrecer os seus veredictos favorables, desencadeando unha maior afluencia ás salas.

No filme, Channing Tatum e Amanda Seyfried interpretan a unha parella cuxo romance é interrompido polos ataques do 11 de setembro. Foi dirixido polo cineasta sueco Lasse Hallstrom e está baseado na novela Dear John, de Nicholas Sparks.

O filme foi distribuído por Screen Gems -unha unidade de Sony Corp-, logo de que a unidade de Time Warner Inc New Line Cinema abandonase o proxecto de 25 millóns de dólares. Screen Gems dixo que o público do filme estivo composto nun 84 por cento por mulleres e que dous terzos tiñan menos de 21 anos.

Ammer dixo que o puñado de homes que foron "arrastrados pateando e gritando" a ver a película pareceron gozala, e que esperaba que os seus comentarios atraesen a máis deles. A maioría dos críticos ofreceron reseñas negativas do filme.

CONSERVA O TÍTULO MUNDIAL

O filme de ciencia ficción en 3D dirixido por James Cameron baixou ao segundo posto, con 23,6 millóns de dólares no seu oitavo fin de semana en cartel. Pero as estimiaciones apuntan que Avatar non perderá o seu trono internacional e que seguirá á cabeza no estranxeiro, con 76 millóns de dólares recadados este fin de semana.

O total de recadación mundial das aventuras dos na'vin chegou a 2.210 millóns de dólares, con 630,1 millóns provenientes de Estados Unidos e Canadá e 1.580 millóns recadados nos mercados estranxeiros.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.