Como facer unha frauta de cana

Xornal.com Actualizado 10/02/2010 - 00:35 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Nas anteriores semanas fomos explicando a construción de instrumentos que pertencen a distintas categorías: idiófonos, nos que o corpo do propio instrumento emite o son ao seren axitado, batido, rañado, etc; membranófonos, nos que unha membrana tensa soa ao seren golpeada ou refregada; cordófonos, nos que unha corda tensa emite o son cando é pulsada ou refregada, e finalmente aerófonos, nos que o aire contido nun tubo é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador.

Este tipo de frauta denomínase en Galicia simplemente como frauta, ou tamén frauta de cana ou frauta de sabugueiro se se fai con este pau. Fabricábanas os propios tocadores ou algún veciño mañoso. Teñen unha lonxitude moi variable, entre 25 e 40 cm aproximadamente. Cando eran de pequeno tamaño tamén se denominaban pífanos, pínfanos ou chínfanos.

As frautas traveseiras de cana e sabugueiro foron moi empregadas como xoguetes, iso si, algo avanzados, pois a técnica de soprar non é doada. Tamén se empregaron moito polos pastores nenos, mozos e adultos que, tendo que pasar longas horas coidando do gando, gustaban distraerse tocando nestes instrumentos.

Debemos destacar que este tipo tan sinxelo de frautas foron instrumentos de aprendizaxe para aqueles rapaces interesados na música e que acababan moitas veces sendo gaiteiros. Con esta función aparecen por toda Galicia, pero sobre todo na provincia de Pontevedra e en Portugal.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.