Domingo, 21 de marzo de 2010 - 14:47 h

Rivera: “O medio natural do PP é o campo embarrado”

“O PSOE vaille desputar todos os balóns”
CRISTINA DÍAZ PARDO Actualizado 12/02/2010 - 01:16 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

Juan Carlos Francisco Rivera (Verín, 1968) é o encargado de substituír a Laura Seara á fronte dun dos escanos do PSdeG no Parlamento de Galicia. O verinés afronta este novo reto con entusiasmo e esperando que, coa súa chegada ao hemiciclo, Ourense e a comarca de Monterrei teñan máis presenza. Forxado na política local, Francisco agoira uns bos resultados para os socialistas na súa provincia. “Estamos en progresión fronte a un PP en regresión”, asegura.

 

A súa toma de posesión como deputado marcará o arranque do pleno desta semana. Como lle senta chegar agora ao Pazo do Hórreo, coa lexislatura comezada?

Inicialmente eu non era deputado electo pero accedo á Cámara como consecuencia da marcha de Laura Seara a Madrid. Para min foi todo unha sorpresa moi grande. Vou intentar que a miña comarca e toda a provincia de Ourense teña unha visualización na Cámara de todos os temas que a afectan.

 

Será vostede o primeiro parlamentario socialista da comarca de Monterrei.

Si, historicamente o PSOE nunca tivo un deputado no Parlamento desta comarca, iso é todo un orgullo e unha responsabilidade para min. Centrareime en todo tipo de iniciativas que teñan que ver con esta zona, como é o caso da urxencia de equipamentos industriais. Por suposto, nesta lexislatura hai temas fundamentais como as caixas, o galego ou a necesidade dun Estatuto, e aínda por riba de todo isto hai outros temas cruciais, os que lle interesan ao cidadán, os que teñen que ver coas políticas de emprego que son precisamente as iniciativas das que máis fuxe o PP.

 

Forxouse como político na vida municipal pero durante nove anos foi presidente do Verín C.F. Din que ao PP gústalle xogar co terreo enlodado...

Veño da política local de Verín polo que coñezo ben ao PP e como funcionan os seus candidatos. O seu medio natural é xogar co campo embarrado. A min sempre me gustou estar nun terreo limpo, pero se iso é o que queren, nós imos desputar todos os balóns.

 

Cal é a súa visión de Ourense?

Agora mesmo estamos á cola de todos os índices de desenvolvemento económico e demográfico. Ourense necesita unha discriminación positiva dende o Goberno da Xunta e dende o Goberno do Estado. Nestes últimos anos o Executivo socialista pulou pola provincia, co tema do AVE, coas autovías e con outras actuacións. Dende a Xunta, o bipartito puxo en marcha moitas iniciativas de desenvolvemento industrial, como era o caso da creación de parques empresariais que agora mesmo están paralizados polo PP. Falta emprego e xente moza.

 

Que espera das municipais?

Na provincia hai unha tendencia clara de apoio ao socialismo que tamén vén motivada pola presenza de Manuel Vázquez como secretario xeral do partido.

 

No ámbito local enfrontouse ao actual rexedor de Verín, Jiménez Morán, agora coñecido por ser o opoñente de Baltar Blanco no congreso do PP.

A situación de Verín é excepcional xa que o PP ten instalada unha rede clientelar e de coerción política que fai complicado sacalos da alcaldía. De cara aos comicios imos conformar un equipo moi forte co que esperamos iniciar un cambio.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.