Miércoles, 17 de marzo de 2010 - 21:59 h

Queremos Galego chama a “saír do armario” os galeguistas do PPdeG

Carlos Callón pide apoio aos votantes populares “defraudados coa política galegófoba” do Goberno de Alberto Núñez Feijóo
DAVID LOMBAO Actualizado 12/02/2010 - 01:16 h.
5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

De participantes entusiastas na manifestación de Galicia Bilingüe a receptores do rexeitamento ao “desmantelamento á oficialidade da lingua galega”. Onte, cando se cumpría exactamente un ano de que destacados dirixentes do PPdeG –coma o seu secretario xeral e actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, o coruñés Carlos Negreira ou a viguesa Corina Porro– compartisen pancarta coa asociación contraria á normalización da lingua galega, as protestas contra o denominado decreto do plurilingüismo formalizáronse no Parlamento de Galicia.

Doce meses despois daquel polémico 8 de febreiro, a plataforma Queremos Galego iniciou os trámites da súa primeira iniciativa lexislativa popular (ILP), unha proposta coa que o colectivo en defensa da lingua trata de que a Cámara galega reafirme o seu compromiso “cos dereitos lingüísticos” que, en palabras do seu voceiro, o presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, “está a botar abaixo” o novo Goberno da Xunta.

Apoiados por representantes do mundo da cultura como a académica Margarita Ledo ou o debuxante Xosé Lois González O Carrabouxo, varios membros da plataforma, que xa aglutina a máis de 600 entidades políticas e sociais, presentaron no rexistro parlamentario unha iniciativa que insta á Xunta a “cumprir o mandato estatutario de promoción da lingua propia”, así como a traducir en eidos coma o ensino a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas e o Plan Xeral de Normalización, aprobado en 2004 co apoio unánime de PP, PSOE e BNG.

Neste sentido, Callón salienta que a proposta legal, para a que agora Queremos Galego recabará apoios entre a cidadanía, “non vai contra ninguén”. Por ese motivo, explica, uns dos principais destinatarios das mensaxes da plataforma serán, precisamente, os membros do PP.

Así, o voceiro da plataforma insta os votantes da formación dirixida por Alberto Núñez Feijóo “defraudados coa política galegófoba” do Executivo a que “saian do armario” e apoien, coa súa sinatura, a ILP que, unha vez rexistrada, inicia a súa correspondente tramitación.

A “intensa campaña social” que promoverá o colectivo dirixirase dun xeito significativo “aos cidadáns que, co corazón na man, defenden o bilingüismo” xa que o seu obxectivo, explica a plataforma, é “defender os consensos” acadados no ámbito político e educativo dende o comezo da andaina autonómica.

Mentres no seo do propio PPdeG medran as voces discordantes coas propostas recollidas nas “bases” do decreto elaboradas pola Consellería de Educación, Carlos Callón ten claro que eses militantes conservadores, “contrarios ao odio á nosa cultura”, respaldarán o actual marco normativo das linguas no ensino.

 

MEDIDAS DO GOBERNO

Partindo da base de que “a lingua é motivo de unión”, Queremos Galego chama aos votantes populares a “reflexionar se avalaron ese partido para que ataque a lingua, crispe a cultura e divida a sociedade”, unha circunstancia que, na súa opinión, demostra o rexeitamento ao decreto explicitado pola práctica totalidade de colectivos vinculados ao ensino e polas manifestacións celebradas en outubro e no pasado xaneiro.

Do mesmo xeito, e despois de que o Executivo reiterase o carácter “preventivo” das mobilizacións, Callón asegura que “no tempo que leva Feijóo” coma presidente da Xunta, “non houbo a primeira medida en defensa do idioma”. Pola contra, lembra, ademais do proxecto de decreto para o ensino, o Executivo derrogou a obriga de realizar exames en galego para os funcionarios, modificou a normativa lingüística en ensino infantil e “algúns conselleiros –di– presumen de non saber galego”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Somos moitos os que temos que saír, hai que poñer data!
Galicia Caníbal
2010-02-09 16:51:44
Falando de saír do armario, ó tal nostrus, por qué non saes ti?? porque o de "le va meter" é galego puro o de "ir + a" sería en castelán. Non serás dos acomplexados??
2
jo...
Sancho
2010-02-09 13:46:38
... se é que é máis predecible...
3
nostrus
2010-02-09 12:10:54
Sr. Plural ¿que pretende Rafael Cuiña? pescar en el coto nacionalista, despejar la pista de obstaculos para la patada en el culo que le va meter su partido, perdio la brujula, berrinche de niño mimado...Calquiera sabe
4
Non te preocupes...
Sancho
2010-02-09 11:53:42
Pronto entrará nostrus a dicir que todo iso é unha patraña, que hai que mascar non sei que goma, e que todas as persoas que defendemos o galego, a Lei e a convivencia real somos maleducados e faltamos ao respecto...
5
Tendendo pontes aos galeguistas do PP
Plural
2010-02-09 01:51:52
Entrevista a Rafael Cuiña no Faro de Vigo (05/02/10): "Hai seudoelites que, disfrazadas de bilingüistas, queren marxinar a lingua". "Buscan unha liberdade que conseguiría que a nosa sociedade fose analfabeta en galego". "–Estima que existe unha unanimidade no seo do seu partido que promove o decreto? –Son militante e estou dicindo o que estou dicindo... Tiven conversas con alcaldes ou militantes e, por motivos que se poden entender, non están dispostos a sair á palestra con este tema, aínda que hai concellos que se amosaron en contra. O PP de Ourense manifestouse en contra das teses de Galicia Bilingüe, que apoia outro sector do PP. Ao ser un partido interclasista tan amplo hai opinións distintas sobre un mesmo tema." "–Moitos galegofalantes son votantes do partido que promove esta reforma... –Iso amosa que o debate sobre a lingua nunca existíu. Moitos militantes do PP son os auténticos bilingües, fronte ao que sempre chamo as seudoelites das cidades, acomplexadas co noso idioma que o queren por nunha situación de inferioridade e só para momentos folclóricos. Queren que o castelán sexa a lingua predominante, disfrazándose de bilingüistas para marxinar ao galego, na búsqueda dunha liberdade que conseguiría que a nosa sociedade fose case que analfabeta en galego. O galego non será un idioma residual. Ao longo da historia pasamos por momentos moito máis escuros. Se o franquismo noi puido co idioma, isto non vai a ocorrer nun período democrático. –Cál debe ser o camiño para que isto non ocorra? –Respectar o consenso lingüistico que se acadou no parlamento. Hai temas coma este que deben de estar por riba de consideracións políticas. –Vostede tense posicionado publicamente sobre este asunto. Se existe de verdade unha corrente galeguista dentro do PP, onde están os seus referentes? –Só reclamo ao PPdeG que respecte a tradición dun partido, cun grande sentido galeguista, como recollen os seus estatutos, e cunha visión de Galicia como un ente diferenciado, complementario e nunca excluínte. Creo que é máis que evidente que existe. Os seus referentes están tapados. pero ata que deixen de estalo. Todos sabemos quen son, maniféstense máis ou menos; eu son galeguista, diría que profundamente galeguista." Rafael Cuiña, membro do PPdG. Entrevista completa no Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2010/02/05/hai-seudoelites-disfrazadas-bilinguistas-queren-marxinar-lingua/408897.html Como di Cuiña, hai moita xente que no PP que non se atreve a dar o paso, a facérense visibles, debemos abrirnos a esa xente, que sempre vai mirarnos ao principio con recelo. Sexamos intelixentes!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.