O Goberno estuda recorrer a Lei Sanitaria de Área Única de Aguirre

Comisións Obreiras oponse a entrada de capital privado no 
sistema sanitario galego
Xornal.com Actualizado 09/02/2010 - 15:20 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A ministra de Sanidad e Política Social, Trinidad Jiménez, confirmou que os servizos xurídicos do seu departamento están estudando a Lei de Libre Elección e Área Única da Comunidade de Madrid ao entender que pode conter algunhas cuestións que puideran ser “incompatibles coa Lei Xeral de Sanidade”. A norma presentada polo Executivo autonómico de Esperanza Aguirre permitiría que os usuarios puideran elixir o seu médico dentro da comunidade, independentemente do centro ao que estean adscritos.

Non obstante, será finalmente o Ministerio de Administración Territorial, en función dos informes que realicen o departamento que dirixe Jiménez, o que finalmente tomará a decisión de recorrer a Lei. Jiménez sinalou que “hai cuestións que preocupan, como é a creación dunha única área que englobaría a máis de seis millóns de persoas e quedificultaría o funcionamento dos servizos sanitarios”. Por outra banda, Jiménez mostrou o seu interese “por chegar a un acordo que permita facer compatible o que vén definido na Lei Xeral de Sanidade co desenvolvementos normativos nos ámbitos autonómicos”.

Dende Galicia, a preocupación no eido da sanidade vén porque o Executivo autonómico decida seguir os pasos de Gobernos do Partido Popular como o de Aguirre e introducir capital privado neste servizo básico. O secretario xeral de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión, rexeita a proposta da Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, “de construír un novo centro en Pontevedra financiado con capital privado e privatizando servizos non sanitarios”. Dende o sindicato, lémbrase que este modelo “xa fracasou na sanidade británica e está a fracasar na madrileña, pois deteriora a calidade asistencia e empeora o servizo que se queren privatizar”. Por iso, pídese que “os investimentos sexan públicos”.

Lei do tabaco

Por outra banda, a ministra de Sanidad reuniuse onte coa responsable de Participación Social do Partido Popular, Ana Pastor, para tratar a nova lei do tabaco, que prohibirá fumar en todos os estabelecementos de ocio. Pastor botou en falla nesa reunión que o Ministerio “non presentase un borrador sobre o que pronunciarse”, sobre todo cando Jiménez anunciou que este mesmo ano entraría en vigor a nova norma.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.