México pedirá compensacións pola nova gripe

Xornal.com Actualizado 09/02/2010 - 15:20 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A pandemia da gripe A en México custou ao país unhas perdas de 0,7% do Produto Interior Bruto. Por ese motivo, o seu secretario de Saúde, José Ángel Córdova Villalobos, solicitou unha compensación porque o seu país “foi castigado ao actuar de xeito rápido coa alerta da gripe A”. Córdova lamentou que “a actitude responsable de México de cumprir co regulamento sanitario internacional que obriga a todos a informar antes de 72 horas da presencia dun virus descoñecido trouxo un impacto negativo”.

O responsable de Saúde mexicano solicita “unha forma de compensación para estes países que alertan o mundo e que fai que o resto de estados se protexan e que o dano que hai sexa menor”.

Na súa opinión, co impacto económico que sufriu o país azteca, “outros poderían decidir non actuar con tanta celeridade, inda que sería unha actitude irresponsable”. Sobre o traballo da Organización Mundial da Saúde (OMS), Córdova pide que non se poña “en dúbida o traballo e a credibilidade da institución, moi necesaria para preservar a saúde de todo o mundo” e descartou “elementos para pensar na presión da industria farmacéutica”.

Neste sentido, José Ángel Córdova insistiu en que “agora estamos na aldea global” e lembrou: “Antes de ver como protexo o meu país, hai que ver como podo axudar a todos”. A ollos do responsable de Saúde de México, nesa axuda foi esencial o papel da OMS, “que tivo o reto de xestionar a primeira epidemia con carácter global do século”.

O secretario de Saúde mexicano realizou estas observacións durante un coloquio coa ministra española de Sanidade, Trinidad Jiménez, que sinalou na súa intervención que “o impacto do virus puido ser peor, pero, grazas á OMS, mitigáronse os efectos da enfermidade.

 

VACINAS

España investiu 90 millóns de euros na compra de vacinas para previr os contaxios polo virus e fixo unha reserva inicial de 37 millóns de doses. España realizou unha campaña de vacinación que foi pouco seguida por parte dos cidadáns, que mostraron indiferenza, escepticismo e mesmo desconfianza ante a inmunizacion e a propia enfermidade. Esta foi a tónica xeral nos países europeos, pero a situación foi totalmente contraria no ámbito latinoamericano.

Córdova sinalou que o seu Goberno “saíu ao metro, foi aos supermercados e alí aplícase a vacina, alí a xente si que se vacina”. Ese foi o método seguido en México para superar o escepticismo e a indiferenza. Trinidad Jiménez lamentou, tras as palabras do seu homólogo mexicano, “o escaso interese” pola vacina que se viviu en España”, pero advertiu de que en toda Europa “tivo unha escasísima repercusión”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.