Feijóo acude hoxe a Roncesvalles á apertura do Ano Santo

Os príncipes de Asturias presidirán o acto
Xornal.com Actualizado 09/02/2010 - 13:00 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Os Príncipes de Asturias e de Viana, Don Felipe e Dona Letizia, desprazaranse a Navarra hoxe para abrir o Ano Xacobeo 2010, nun acto que se celebrará na Real Colexiata de Santa María de Roncesvalles e nel que participarán tamén a ministra de Cultura, Ángeles González Sinde, así como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e dos gobernos das outras sete comunidades autónomas polas que transcorre o Camiño (Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla-León, La Rioja, Navarra e País Vasco).

 

A xornada constará de dúas partes. A primeira, durante a mañá, terá como escenario a Colexiata de Roncesvalles, mentres que a segunda, pola tarde, se desenvolverá na cidade oscense de Jaca.

 

Don Felipe e Dona Letizia acudirán ás inmediacións da Colexiata de Roncesvalles e serán recibidos polo presidente do Goberno de Navarra, Miguel Sanz, e pola ministra de Cultura, María Ángeles González Sinde. Os Príncipes saudarán alí aos presidentes das comunidades autónomas e ás principais autoridades políticas de Navarra.

 

Despois dos saúdos, os Príncipes e as autoridades invitadas realizarán un pequeno percorrido simbólico a pé e accederán á Igrexa de Santiago, onde serán recibidos polo arcebispo de Pamplona e Tudela, Francisco González Pérez, e polo prior da Colexiata de Roncesvalles, Jesús Idoate Gil.

 

Os Príncipes e os presidentes das comunidades autónomas presentes pousarán entón para unha fotografía ante a portada gótica da igrexa de Santiago. De alí dirixiranse á igrexa de Santa María, onde terá lugar o acto conmemorativo.

 

 

Desenvolvemento do acto

O arcebispo de Pamplona abrirá o acto cunhas palabras de saúdo a todos os presentes e o presidente do Goberno de Navarra, Miguel Sanz Sesma, intervirá a continuación. Cederaa logo a palabra aos presidentes das comunidades autónomas do Camiño, por esta orde: Juan Vicente Herrera (Castilla y León), Marcelino Iglesias (Aragón), Pedro Sanz (A Rioja), Miguel Ángel revilla (Cantabria), Alberto Núñez Feijóo (Galicia) e Patxi López (País Vasco).

 

Dende a Comunidade de Asturias viaxará a conselleira de Cultura e Turismo, Mercedes Álvarez González, en representación do seu presidente, Vicente Álvarez Areces. Posteriormente, será a quenda da ministra de Cultura, María Ángeles González Sinde. A súa Alteza Real, Don Felipe de Borbón, pechará a quenda dos discursos.

 

Como preludio e peche do acto intercalaranse pezas da Capela de Música da Catedral de Pamplona, dirixida por Aurelio Sagaseta e acompañada ao órgano por Julián Ayesa.

 

A comitiva, presidida por Sus Altezas Reais, visitará logo o claustro da colexiata e a capela de Santo Agustín, onde os Príncipes depositarán unha coroa ante o mausoleo do rei de Navarra Sancho VII o Forte.

 

Posteriormente, trasladaranse ao Museo de Roncesvalles onde contemplarán o relicario do século XIV denominado Xadrez de Carlomagno e asinarán no Libro de Honra da Colexiata.

 

 

Precedentes do acto

Dende 1993 celébrase, ao inicio de cada Ano Xacobeo, un acto destas características en Roncesvalles, reunindo ás representacións da Coroa e do Goberno da Nación, cos presidentes das distintas comunidades da ruta, co fin de subliñar a importancia que para o patrimonio cultural propio e universal ten o Camiño de Santiago e o nexo de unión que supón para todas as comunidades, pobos e nacións que comparten a herdanza común xacobea.

 

Como xa aconteceu no último Xacobeo -2004- a organización deste acto está compartida co Consello Xacobeo, institución de carácter nacional, presidido pola ministra de Cultura e conformado con representantes da Administración Central e das Comunidades, que impulsa os asuntos relacionados co Camiño.

 

Roncesvalles é o primeiro enclave do camiño francés, tras superar a barreira pirenaica, e o lugar elixido para iniciar a súa andaina polo maior número de peregrinos que se dirixen a pé ata Santiago.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.