Lunes, 15 de marzo de 2010 - 16:12 h

Guillerme Vázquez plántalle cara a Zapatero coa fusión

Zapatero trasladoulle ao líder nacionalista a intención de negociar o veto de Navantia
C.D.P./AXENCIAS Actualizado 12/02/2010 - 01:16 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

“A valoración é positiva polo cordial da reunión pero, por suposto, tamén serviu para constatar os nosos desa­cordos”. Desta forma fontes do BNG cualificaron a reunión que na tarde de onte mantivo o seu voceiro nacional, Guillerme Vázquez, co presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero. A entrevista, a primeira que Vázquez mantivo co xefe do Goberno central dende que en maio do pasado ano foi elixido voceiro da formación frontista versou na súa gran parte sobre a Lei de Caixas e o recurso de inconstitucionalidade que o Executivo central presentou á norma galega. Non obstante, nas case dúas horas de conversa moitos outros temas de transcendencia para a comunidade foron abordados por ambos os dous dirixentes.

Deste modo, Vázquez expuxo a Zapatero a necesidade de que a presidencia española na UE inclúa “unha axenda galega”. “Demandamos ao Goberno que abra unha axenda galega na súa presidencia semestral e que, consecuentemente, asuma como propios obxectivos como o levantamento do veto que pesa sobre Astano, o impulso dunha nova política agraria que dea viabilidade ao sector lácteo galego ou a defensa dos intereses da frota de pesca galega en Europa, na perspectiva de que Galiza sexa considerada zona altamente dependente da pesca por parte da Unión Europea”, pormenorizou o nacionalista.

Aínda que o político galego cualificou a reunión de “agradable e distendida”, non perdeu a oportunidade de recordarlle ao presidente español algunhas das súas promesas. Deste xeito, Vázquez lembrou especificamente “o compromiso contraído polo presidente do Goberno co BNG no Pleno do Congreso dos Deputados” de defender en Europa o levantamento do veto a Navantia.Sobre este tema, Rodríguez Zapatero amosouse receptivo e manifestou a súa intención de tratar de desbloquear a situación.

Malia que dende a formación frontista aseguran que nestes asuntos semellou haber recepción por parte do Executivo central, avisaron de que estarán “alerta” para ver se os cumprimentos se materializan.

 

INFRAESTRUTURAS

Na axenda que levaba o galego a Madrid tamén se atopaba a situación das infraestruturas. Así, o nacionalista reclamoulle a importancia que cobran na comunidade as infraestruturas ferroviarias, non só as relacionadas co AVE, senón tamén as conexións Ferrol-Coruña, a conexión con Portugal, ou a modernización da liña interior Ourense-Monforte-Lugo. “Aparentemente hai compromiso do Goberno de que non haberá recortes nos investimentos previstos”, apostilou.

Finalmente, Vázquez comentou aos medios que tamén lle tiña trasladado a Zapatero a oposición da súa formación “a calquera medida que busque saídas á crise pola vía dos recortes da prestación aos traballadores”. “Non é baixando as pensións e abaratando o despido como se vai saír da crise económica”, aseverou o dirixente do Bloque.

Con puntos de entendemento e outros de claro desencontro– no tema das caixas e no que ten que ver coas medidas do Executivo central perante á crise– Vázquez pechou o seu primeiro encontro co xefe de Goberno, un encontro intenso que se prolongou máis do acordado, ata case rozar as dúas horas. O líder frontista e o presidente socialista xa se coñecían da súa etapa como deputados no congreso. “Canto tempo!”, contan que lle dixo Zapatero ao político galego.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
E vós que queredes?
Seso
2010-02-11 19:41:29
Gañar diñeiro arreo, caia quen caia! Cando esteades cheos, enchervos máis. Cando estendades o pé máis do que a manta, que vos axude ese papá Estado do que ultraliberalmente vos queredes ver lonxe cando vos peta! E os que non pensan coma vós ou non vos dan polo pao, eses son "gañanes", gente sin tacto, brutos... Claro, vós sempre tan finos, tan "pijos"...
2
sentido comun
lopez
2010-02-09 11:15:52
este home o que quere en unha banca publica mais funcionarios menos productividade y financiar proxectos inviables. sr. vazquez sentido comun
3
2010-02-09 10:40:56
Si si, Guillermo le pone la cara y Jose Luis el zapatazo.
4
¡¡Esta é unha decisión política!!, decía (jajaja)
svgv
2010-02-09 08:15:16
Con su falta de tacto y sus modales de gañán, don Guillerme salió de San Caetano, allá por diciembre, diciendo que la ley de cajas ahora recurrida obedecía a una decisión política. Y lo repitió un par de veces. Bueno, pues ahora que no se queje si cree que la paralización de la misma ley es otra decisión política. Le pagan la política con política. ¿O es que se cree que tiene patente de corso?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.