Un home falece tras bater co seu coche cunha árbore en Leiro, Ourense

Outro varón que viaxaba no vehículo resultou ferido grave
Xornal.com Actualizado 11/02/2010 - 00:26 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Un mozo de 33 anos faleceu hoxe e outro varón de 43 anos resultou ferido grave tras sairse da vía o vehículo no que circulaban e chocar contra unha árbore no municipio de Leiro (Ourense).

 

O sinistro tivo lugar sobre a unha da madrugada no quilómetro un da estrada OU-209 ao seu paso polo termo municipal de Leiro, segundo informou a Guardia Civil de Tráfico.

 

Como consecuencia do sinistro faleceu o condutor do vehículo, un veciño de Leiro de 33 anos de idade, o corpo da cal foi trasladado ao tanatorio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU).

 

Pola súa banda, o ocupante do turismo, un varón de 43 anos de idade veciño de Ribadavia, resultou ferido grave e foi evacuado ao CHOU para recibir asistencia sanitaria.

 

A Guardia Civil de Tráfico destacou que tanto o condutor como o acompañante do vehículo sinistro levaban posto o cinto de seguridade.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.