Ourense foi a provincia con menos mortos na estrada en 2009

Segundo o Observatorio Nacional de Seguridade Vial Ourense é a provincia galega con menos falecidos en estrada durante o pasado ano, con 32; seguida de Lugo 34; A Coruña, 71; e Pontevedra, 46
Xornal.com Actualizado 11/02/2010 - 00:26 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Ourense é a provincia galega con menos falecidos nas estradas durante o pasado ano 2009, segundo datos do Observatorio Nacional de Seguridade Vial, que foron analizados hoxe na subdelegación do Goberno ourensana.

 

As cifras de sinestralidade en 2009 víronse reducidas xa que nas estradas da provincia de Ourense se rexistraron 34 accidentes mortais, nos que faleceron 35 persoas, mentres que en 2008 houbo 37 mortos en estrada e vía urbana.

 

Segundo os datos do Observatorio Nacional de Seguridade Vial, Ourense é a provincia galega con menos falecidos en estrada durante o pasado ano, con 32; seguida de Lugo 34; A Coruña, 71; e Pontevedra, 46.

 

 

Reforma do código penal

Os responsables da Garda Civil e da Xefatura Provincial de Tráfico destacaron que tanto as medidas de permiso por puntos como a reforma de Código Penal e a intensificación das campañas de tráfico, entre outras, repercutiron no importante descenso na accidentalidade mortal, posto que en 2007-2008-2009 se descendeu do umbral de 40 falecidos (35, 37 e 35, respectivamente).

 

O pasado ano 2009 caracterizouse, segundo apuntaron, pola ausencia de puntos negros na provincia -considérase punto negro na DGT ao tramo de menos de 100 metros de lonxitude onde se produciron nun ano polo menos tres accidentes diferentes con feridos ou mortos-. En 2008 rexistrouse un punto negro no quilómetro 241,200 da estrada N-525, que une Benavente e Santiago, no que non se produciron accidentes mortais en 2009.

 

 

Ano Xacobeo

A Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Vial, presidida polo subdelegado de Goberno, Camilo Ocampo, valorou, así mesmo, na súa reunión de hoxe as incidencias que a celebración do Xacobeo pode ter na seguridade vial da provincia de Ourense.

 

Así, Garda Civil e Xefatura Provincial de Tráfico aumentarán a vixilancia na Ruta da Prata, que discorre integramente pola provincia, coa finalidade de previr atropelos polas zonas de paso de peregrinos.

 

Ao mesmo tempo, a previsión da Dirección Xeral de Tráfico é que se repitan os datos de intensidades de vehículos do pasado Ano Xacobeo 2004, no que se rexistraron cifras totais de 2,8 millóns de coches A-52 (pk 222) e 3,2 millóns de desprazamentos na N-525 (pk 242), durante todo o ano.

 

 

Colaboración

A colaboración cos concellos en seguridade vial foi outro dos puntos da orde do día da comisión, á que asistiron representantes da Xunta, a Fegamp, a Comandancia da Garda Civil, Policía Local, Demarcación de Estradas e Deputación.

 

A colaboración coas policías locais materialízase na cesión a comezos de 2009 de seis etilómetros manuais -en Allariz, O Carballiño, Maceda, Ribadavia, Verín e Xinzo-; e de 3 etilómetros de precisión e cesión dun radar -a Ourense, O Barco, O Carballiño e Verín-. En 2010 avanzarase no acceso completo das policías municipais ao rexistro de condutores e infractores da DGT.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.