Galicia perdeu 1.338 aldeas ata o 2009

Os lugares que quedaron sen veciños atópanse nas zonas rurais, que só contan co 17% da poboación de España
Xornal.com Actualizado 10/02/2010 - 17:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Galicia pechou o 2009 con 1.338 aldeas menos, case o 3% do total de núcleos poboacionais da comunidade autónoma. É, xunto con Asturias, un dos territorios de España que máis sofren a despoboación do entorno rural, xa que existen outros 700 lugares habitados por tan só un veciño, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

As provincias cunha maior perda de habitantes son Lugo e A Coruña; entre as dúas suman un millar de pobos prácticamente deshabitados, con 524 nos que non hai un só veciño, no primeiro caso, e outros 500, no segundo. Menos acusado é o descenso en Pontevedra e Ourense, onde as aldeas que quedaron baleiras son pouco máis dun cento, respectivamente. Gobia ou Pedracha, no municipio de Ares; o Areal ou A Pumara, en Carballo; A Abelleira e Portaivente, en Bóveda, ou o Frouxón, en Palas de Rei, son algúns dos nomes que se conservan no listado de poboacións galegas á espera de que algún veciño se cense nelas.

Galicia conta co 50% dos 900 pobos que desapareceron nos últimos 15 anos, mentres que, en Asturias, a segunda comunidade que máis sofre este problema, se localizan tan só o 18% do total segundo as cifras do INE.

Actualmente, o 84% do territorio de España é rural, pero soamente aglutina ao 17% da poboación, ben porque as cabeceiras de comarca absorberon poboación a través dos fenómenos migratorios relacionados co traballo, ben polo envellecemento da poboación e a falta de relevo xeracional, como comenta o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez.

Ademais, as previsións demográficas tampouco son alentadoras para Galicia. Segundo as previsións demográficas do INE, a comunidade perderá un 3% da súa poboación na próxima década, ata quedar con 2,65 millóns de habitantes, polo que é previsible que moitos núcleos que foron vendo reducido o número de veciños terminen por esmorecer.

O saldo negativo da autonomía elevarase a máis de 14.100 cidadáns para o 2018, dificultando o relevo xeracional. Segundo o INE, a autonomía é a terceira que perderá máis cidadáns nos próximos dez anos, por detrás de Asturias, que sufrirá un descenso do 5%, e do País Vasco, onde a redución se acercará ao 3,2%. Ademais, será unha das oito que rexistre un número de pasamentos maior que de nacementos.

Estes datos non se corresponden cos do conxunto do Estado, onde o número de persoas crecerá en máis dun 2%, o que supón 1,1 millóns de habitantes máis, pese a que o ritmo de crecemento se reduza nun 75%. Así, o INE prevé que no 2019 España conte con case 47 millóns de habitantes.

 

O CASO MÁIS PARADIGMÁTICO

Lugo é a provincia que conta cos datos demográficos máis negativos. Como sinala o presidente da Deputación, non é unha novidade. A densidade de poboación foi descendendo dende o ano 2001. Dende esa data, o número de habitantes crece a un ritmo negativo, -0,21%. Ademais, é tamén a que ten unha maior dispersión xeográfica, con 36 habitantes por quilómentro cadrado, fronte aos 750 de media estatal. Conta en conxunto con 350.000 habitantes, unha cifra que superan a maioría dos municipios da periferia de Madrid, por exemplo.

Ademais da dispersión, o avellentamento poboacional é moi acusado na provincia. As persoas menores de 15 anos sitúanse no 9,3% fronte a unha media estal do 14%, sendo, deste xeito, a zona con menos mozos de España. Igualmente, dos 67 municipios lucenses, 40 superan a media de idade de 50 anos e, en 54, o 30% da poboación está en idade de xubilación, fronte o 16% do resto do Estado.

Ao longo desta década, tamén medrou o número de anciáns censados, que representan case o 30% da cidadanía luguesa, cando, mesmo no conxunto de Galicia, estes habitantes non acadan o 22%.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.