Jueves, 09 de septiembre de 2010 - 10:07 h

Tosar, Reixa, Martiño Rivas, Castro... Polo “orgullo de falar galego”

 
Xornal.com 25/02/2010 - 02:20 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
29 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 39 voto/s

“Hai quen pensa que nos temos que avergoñar, pero nós estamos moi orgullosos de falar galego”. Con este espírito de fondo, a Coordenadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que agrupa aos docentes de todos os niveis educativos encargados de promocionar a lingua propia nos centros, inicia hoxe unha campaña orientada a “sacar peito” co idioma.

Baixo o lema Orgullosos do noso, orgullosos do galego, o colectivo de mestres contará co apoio de persoeiros do mundo do cinema, o xornalismo e a música para pór rostro a unha acción que, explica o seu voceiro, Miguel Outeiro, trata de sementar ese “orgullo” no só no mundo do ensino, senón “no conxunto da sociedade galega.

Así, o acto de presentación oficial da campaña, esta mañá en Santiago, estará avalado polos que serán protagonistas dos seus videos promocionais, entre os que se atopan actores representativos do audiovisual de Galicia, tanto no cinema coma na televisión, caso de Luís Tosar –recentemente galardoado co Goya ao mellor intérprete–, María Castro, Martiño Rivas, Isabel Risco ou Carlos Ares.

Nestas montaxes de video, que serán difundidas nos centros do ensino e entre o conxunto da poboación, colaboran ademais profesionais da comunicación coma o produtor e cineasta Antón Reixa e a xornalista Belén Regueira. Neles, a perte musical correrá a cargo da gaiteira Susana Seivane.

Con estes vimbios, explica Outeiro que os Equipos de Normalización –aos que o denominado “decreto do plurilingüismo” limita a “equipos de dinamización lingüística”– pretende facer fronte ás propostas da Xunta dende o punto de vista do “orgullo”, algo ao que contribúe, expica, o feito de que o uso do galego se “asocie” a “profesionais de grandísima calidade”, coma os actores participantes na campaña, “que tamén se senten orgullosos” de empregar a lingua propia de Galicia, di.

Xunto ás gravacións protagonizadas por profesionais da escena, o colectivo de docentes apostará tamén pola implicación “de toda a sociedade” a través da elaboración dos seus propios videos.

Trátase, apunta Miguel Outeiro, de que pais, alumnos e mestres elaboren “pequenas historias” nas que a única condición pasa por mostrar o lema da campaña e, con el, o “orgullo de falar galego” na actividade da súa vida ordinaria.

A campaña que os Equipos de Normalización presentarán hoxe en Santiago engádese a accións anteriores coas que este colectivo tentou demostrar que “as linguas suman”, rexeitando así que o uso da lingua galega nas aulas “limite” o castelán ou supoña unha “imposición” para o alumnado que se forma nas aulas do ensino público de Galicia.

Do mesmo xeito, estes mestres responderon ás “bases” do decreto que prepara a Xunta cunha análise “pedagóxica” do texto, na que constaban que medidas como a impartición dun terzo de materias en inglés serían “inaplicables”, e na que defendían o mantemento dun “mínimo” do 50% das horas lectivas en lingua galega.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Razoar
Galicia caníbal
2010-02-23 19:18:37
Falades de razoar...el salvador, bolivia, honduras, ecuador, desgrazadamente o terceiro mundo...e falan en castelán!! Puerto Rico e filipinas quitáronse de enriba o imposto, no seu día, castelán e adoptaron o inglés, non querían ser "los chicos de los recados" en eeuu. É tan só o oitavo idioma falado de europa...e só fálase en partes de españa -na maioría dos muncipios de Galicia nin se fala nin se falou NUNCA-. Deixar de rebaixar o Galego dunha vez e usar ese tempo en algo produtivo...coma coller un libro, por ex.?? Non á Galegofobia! Túzaros non!
2
O guay
Mutenrohi
2010-02-23 18:58:47
Pero si a ti e moi fácil humillarte homiño. Di moito da túa capacidade como criado que non te decates delo. Falan galego en GB?? Que me dis!! Onde?? Ah si..para parecer guays e, por suposto, previo consentemento dos castelánfalantes. Non sexa que non estén "a gusto" ou lles dea "asco". Non era así, Nuestro?' Totalmente de acordo con esa frase?? Paréceme ben. Logo o castelán non ten dereitos, polo tanto non está en perigo nin sofre imposición doutro idioma. E como non das nin unha soa proba de imposición do galego a persoas...U-la imposición do galego? Que te pertence,,,non eras ti o que criticaba como algo malo o apropiarse do galego?? Pois a ver se te aclaras. Ou é que é teu e de ninguén máis?? Gostaríame sabelo. Asi que os que falan castelán non teñen orgullo?? Interesante...E de que non teñen orgullo?? En que te basas para dicir iso? Gostaríame sabe-lo tamén, xa que como logo, colgarasme este morto enriba, polo menos ter algunha idea por onde van ir os tiros... Es un divertimento para pasa-lo rato. No tema do idioma e da libertade para empregalo, preocupanme outras persoas distintas das frikis de GB.
3
supremacía disque
juan
2010-02-23 17:03:22
os que falan castelán están cheos de orgullo pero non pola súa lingua, que pa eles só é acto reflexo como cagar: o seu orgullo parece que sta nas peinetas e noutras paixóns máis importantes. A supremacía, a supremacía ..., mellor calar.
4
...
Hindemith
2010-02-23 16:53:05
Missa est. Amen.
5
Riamonos los dos Mutenrohi
nostrus
2010-02-23 11:29:35
Dime cando humillei a alguén por falar castelán??.puede que nunca lo hayas conseguido, pero al menos conmigo lo has intentado. Ou cando insinuei que o castelán era inferior o galego?? Ou cando considerei o castelán como lengua inútil?? Revisa tus comentarios y lo compruebas, pero de nada te vale que consideres inútil al castellano. Sodes os mais guapos, liberais, demócratas, tolerantes...E os que falan galego?? ¡oye! que yo hablo gallego ¡eh! y en GB tambien hablan gallego. "las lenguas no tienen derechos y no sienten ni padecen"…, no conocia esa frase, pero totalmente de acuerdo con ella y añado que solemos aplicarle calificativos excesivos a las lenguas (matar, odio, exterminar ctr.) y el principal motivo para conservar una lengua es porque supone un canal en que muchas personas expresan mejor sus sentimientos. Como ves, podemos reirnos los dos, pero de tus tonterias. Sigo esperando que me demostreis tu y tus camaradas el odio que le tengo al gallego, cuando como os tengo expuesto ese idioma pertenece a mi sistema nervioso, pero claro, como no soy supremacista como vosotros….¿verdad que crees que los que hablan castellano no tienen orgullo?, por algo te cambiaste.
6
Si hai imposición.. do español
ramonciño
2010-02-23 10:42:33
Nostrus o problema é que ti non es galego faltante e por tanto non viviches a experiencia de que che manden falar noutro idioma no teu posto de traballo, como vivín eu (SI ESTAS COUSAS PASAN). Tamén non viviches a experiencia de ver a túa lingua expulsada do sistema educativo, nin a experiencia de ter que mudar de idioma ao falar cos servizos de atención ao cliente de moitas grandes empresas. Nin a experiencia de non poder ir ao cine en galego. Nin a experiencia de recibir facturas, cartas non só en español senón cos topónimos deturpados. Nin a experiencia de que che zoupe un policía nunha manifestación porque te dirixiches a el en galego. Nin a experiencia de non atopar un dicionario galego-inglés. Nin a experiencia de que o 90% dos medios de comunicación ao teu redor "falen" en castelán. Os galego-falantes vivimos nunha inmersión forzosa en castelán. E se as cousas van mudando non é por suposto grazas a xente coma ti senón á que se sente orgullosa de ser o que é, malia haber moitas persoas moi poderosas que teiman en facernos crer o contrario. Supoño que te dirás a ti mesmo que son alucinacións pero a realidade é a que é aínda que a túa ideoloxía tente deformala, ocultala etc.
7
nostrus
2010-02-23 09:36:06
Normalmente el orgullo no lo considero un sentimiento sano, suele ser supremacista y lo encuentro bastante ligado con la soberbia. Puede sentirse uno orgulloso de algo excepcionalmente, puedes sentirte orgulloso de tu hijo si saca un sobresaliente, puedes sentirte orgulloso de tu equipo si gana un trofeo, o puedes sentirte orgulloso de ti mismo si has hecho algo extraordinario, pero sentirse orgulloso de la condición a que perteneces, en la mayoría de los casos, lleva a la vez sentir también desprecio. Yo no me siento orgulloso por ser blanco, ya que no representa nada extraordinario ser blanco sobre ser de otra condición. Un negro no hace falta que se sienta orgulloso por ser negro, basta con que no tenga complejo por ello. Yo no creo que sea motivo de orgullo ser de ciudad, ya que no supone nada extraordinario. Yo soy de aldea y no tengo ningún complejo, pero tampoco me parece motivo de orgullo. Decidme si hablar castellano es motivo de orgullo. Es mi opinión.
8
Diversión
Mutenrohi
2010-02-23 00:18:40
Dime cando humillei a alguén por falar castelán?? Ou cando insinuei que o castelán era inferior o galego?? Ou cando considerei o castelán como lengua inútil?? Algo que TI si fixeches co galego. Gustoume esa definición de feixismo que dixeches...Sabes?? Venvos que nin pintada os simpatizantes de GB. Sodes os mais guapos, liberais, demócratas, tolerantes...E os que falan galego?? Seres monstruosos que queren impoñer un idioma, intolerantes e liberticidas. Deixome algo, Nuestro?? E ti reza por que o castelán non esté en perigo dicindo o mesmo tempo o mantra famoso de GB: "las lenguas no tienen derechos y no sienten ni padecen". Pertencedes o grupo das persoas que cantos máis vos xuntades menos intelixentes parecedes. Divirteches Nuestro?? Alégrome. Pero asegúroche que non é nin a metade do que me divirto eu.
9
mimadriña
moraco
2010-02-22 23:59:01
¿Solo pueden sentirse orgullosos los que hablan castellano?. Vaya forma mas fascista de despreciar a la gente.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.