Kirmen Uribe: “Quero amosar o lado amable do País Vasco”

Publica a súa novela ‘Bilbao-New York-Bilbao’ en castelán e catalán; ao galego chegará en marzo
Xornal.com 26/02/2010 - 00:30 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

“Quería dar unha visión amable do País Vasco”, afirmou onte Kirmen Uribe sobre a súa obra Bilbao-New York-Bilbao, gañadora do Premio Nacional de Narrativa en 2009. A súa novela, escrita orixinalmente en éuscaro, apareceu este mes traducida ao castelán por Seix Barral, e ao catalán por Edicións 62. En marzo chegará a versión en galego da man de Edicións Xerais.

Bilbao-New York-Bilbao é unha “autoficción” que transcorre durante un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JKF de Nova York, relatando a historia de tres xeracións da familia do autor –unha estirpe de mariños– a través de diarios, cartas, e-mails ou poemas. “A idea do voo é retratar ese movemento que é a vida de todos nós. Hoxe cambiamos de parella, de casa, de traballo, é como vivir tres ou catro vidas distintas”, comparou. O personaxe que dá inicio á saga é Liborio Uribe, avó paterno do escritor, que cando soubo que ía morrer quixo ver por última vez un cadro de Aurelio Arteta. O pintor, o arquitecto Ricardo Bastida ou o escritor Pedro de Aguerre, Axular, son algúns dos personaxes que aparecen no libro xunto aos Uribe.

A pesar de afundir as bases do texto no País Vasco (“é unha homenaxe ao vasco, pero con ironía”), a historia do libro foi cualificada como “literatura universal” por algúns críticos, un dos obxectivos iniciais de Uribe. “Orhan Pamuk unha vez declarou que quería dar unha visión amable de Turquía cos seus libros. Eu tamén quería facer iso co País Vasco”, detallou o escritor, máis coñecido pola súa poesía e que fai o seu debut na novela con este libro, que posiblemente se converterá en película. Uribe, que escribe só en éuscaro, non ve “ningún conflito na cuestión das linguas” e cre que é necesario ter unha visión máis “aberta e natural” respecto dos idiomas, “sen cargalos de contidos”. E cre que o Premio Nacional espertou o interese pola literatura vasca. “Se outros autores en éuscaro teñen a oportunidade de ser traducidos ou polo menos lidos nunha editorial estaría moi ben”, apostilou.

Máis de 15.000 exemplares de Bilbao-New York-Bilbao vendéronse en eúscaro e espérase que a cifra aumente moito máis coas traducións ao castelán, catalán e galego. “Estaba a esperar que fose traducida, estaba ansioso por vela na rúa, creo que sairá moi ben”, detallou.

O libro, realizado en catro anos, xoga con diversos xéneros literarios, ademais de contar con influencias das novas tecnoloxías, trascribindo textos do Facebook, e-mails e mesmo a Wikipedia.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.