Candida Höfer, unha ollada aberta

A mostra reúne fotos realizadas entre 1968 e 2008, que esixen que o espectador colabore
Xornal.com 01/03/2010 - 04:15 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo abriu onte a exposición Projects Done, centrada na obra de Candida Höfer, unha das máis destacadas representantes da Escola de Düsseldorf, que ofrece unha selección dos seus traballos dos últimos corenta anos nunha montaxe realizada en colaboración co estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi. Estará aberta ata o 23 de maio.

Reúne proxectos fotográficos realizados por Höfer entre 1968 e 2008. A artista, os arquitectos Kuehn Malvezzi –que deseñaron a montaxe en estreita colaboración con ela– e os comisarios Markus Heinzelmann e Doreen Mende, fixeron da relación entre fotografía, arquitectura e presentación das obras ao público o eixe central deste proxecto. A propia autora sinala: “A imaxe é como un mapa, quero que conteña historias, e non que as conte, non que sexa expresiva, quero que estea aberta á historia da xente que pasa a vista por elas, que invite ao espectador a investir certo tempo en ollar cara a ela”.

A montaxe e a orde das obras é fundamental nesta “exposición sobre a arte de expoñer”, segundo a definen os comisarios. Markus Heinzelmann e Doreen Mende explican que “o termo project, proxecto, se entende aquí como unha forma de traballo que se desenvolve durante un período de tempo previamente establecido, e que se completa —done— unha vez conseguido o obxectivo formulado, que varía con cada un”, pero ata entón, só son ideas incompletas. Polo tanto, as obras seleccionadas para esta mostra ofrecen este risco distintivo respecto a outros traballos entendidos como actividade artística habitual.

Non é unha diferenza apreciable a primeira vista nas fotos expostas no Marco. Moitas delas teñen relación co tema central de Candida Höfer, que é, segundo os comisarios, “crear imaxes do espazo, dos seus diferentes contidos, do seu uso, do que mostra un espazo e de como o mostra”. Porén, algúns coñecedores da obra da alemá poden atopar un contraste cos obxectivos habituais da artista, como sucede en Flipper —unha obra temperá concibida como un proxecto editorial— ou con Liverpool, coas súas numerosas imaxes de rúa de aspecto neutral. A distinción reside máis ben nas limitacións establecidas por cada proxecto, e na asignación de imaxes a cada proxecto en particular. De modo que a exposición é tamén un convite a investigar os proxectos a través do obxectivo desta especie de orde interna non explicitada.

 

A PROPIA MOSTRA É UN PROXECTO

Outro proxecto é a presentación da exposición en si, que Höfer desenvolveu conxuntamente co estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi. Este proxecto baséase nunha colaboración entre a artista e os arquitectos, que comezou en 2002, cando Kuehn Malvezzi transformou os espazos de The Binding Brewery, unha das maiores fábricas de cervexa en Frankfort para unha intervención na prestixiosa feira Documenta 11, na que Candida Höfer mostrou o seu traballo sobre os burgueses de Calais. De novo, os comisarios sinalan que “o feito de concibir así a exposición implica renunciar ao concepto da división entre proxectos e produción artística habitual que antes se sinalaba, xa que neste caso os proxectos están feitos, done, só no momento en que son exhibidos, e cada exposición realizada a partir do traballo habitual dun artista é en último termo un proxecto”. Neste caso, un proxecto que exhibe os espazos como imaxes, e ao mesmo tempo o xeito en que os espazos exhiben as imaxes.

Na presentación da mostra, os comisarios insisten en que “os proxectos presentados falan de lugares deseñados, non todos accesibles para o público, nos que as esferas se activan mediante a lectura do que se expón”. en resumo, unha mostra da que se goza máis tras un pouco de esforzo para encaixar todas as pezas.

Candida Höfer estudou na Kunstakademie Düsseldorf, primeiro Cinema con Ole John, e despois Fotografía con Bernd Becher. A súa obra exhibiuse en museos como Kunsthalle Basel, Kunsthalle Bern, Portikus de Frankfurt am Main, e Hamburg Kunsthalle. Participou en mostras colectivas no Museum of Modern Art de Nova York, o Power Plant de Toronto, o Kunsthaus Bregenz e o Museum Ludwig de Colonia. En 2002 rodou o Documenta 11, e en 2003 representou a Alemaña na Bienal de Venecia –xunto a Martin Kippenberger–. A artista reside actualmente en na cidade de Colonia.

Pola súa banda, Kuehn Malvezzi é un estudio de arquitectura fundado en Berlín en 2001. Ademais de edificios para clientes públicos e privados, tamén realizaron arquitectura para grande número de exposicións artísticas.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.