Falece aos 76 anos o crego progresista galego Manuel Espiña Gamallo

CRIS SOUTO 07/03/2010 - 02:01 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
15 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

Manuel Espiña Gamallo faleceu onte en Pontevedra á idade de 76 anos, vítima da Esclerose lateral amiotrófica (ELA) que padecía desde hai dous anos. O padre Espiña, coengo na Colexiata da Coruña, quedará na memoria histórica de Galicia pola súa defensa do galego, dentro e fóra da Igrexa Católica xa que, como mestre, sempre deu as súas clases en galego e, como crego, foi o primeiro que iniciou as misas no noso idioma.

A súa forte fe “sempre estivo encanada no ser humano máis indefenso e máis pobre”, comenta Ramón Muñiz de las Cuevas, presidente da Irmandade Moncho Valcarce, o coñecido como Cura das Encrobas, colaborador do sindicato Comisións Labregas. Espiña era o vicepresidente da Irmandade e “coñeceu persoalmente a Valcarce; foi el quen o axudou a facerse sacerdote”, conta Muñiz de las Cuevas.

Espiña apoiouno cando foi castigado por rebelarse contra a educación “arcaica e submisa” que se impartía no Seminario de Santiago e axudouno a rematar os estudos e ordenarse.

O padre Espiña “sempre criticou que a Igrexa galega non era galega, era un deses cregos progresistas, ligados á teoloxía da liberación”, como lembra Ramón Muñiz. Por iso, “só quince anos despois de que o Vaticano permitise a liturxia nas linguas minoritarias, deu as primeiras misas en galego”. “Era un defensor da lingua galega e levaba Galicia no fondo do corazón”, engade.

Entre as moitas publicacións e escritos asinados polo padre Espiña, cómpre destacar a súa colaboración na primeira tradución completa dos Evanxeos ao galego. O funeral celébrase ás cinco desta tarde na igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
UN HOME DE DEUS, UN GALEGO DE DEUS
Manuel Queimaliños
2010-03-06 22:40:29
Hai homes que pasan pola vida sen saber que pasan, outros pasan pola vida sabendo quen pasan ao seu carón e hai outros que son conscientes da súa vida e da vida dos demáis. E estos, como faros, alumean as virtudes dos demáis ensinándonos as súas propias. Son guías perfectos que nos sinalan, sen acritude e coa mellor intelixencia, os camiños idóneos polos que temos que transitar sen necesidade de tropezar demasiadas veces. Porque, é verdade, o erro agárdanos en cada xiro que damos na vida e, por elo, necesitamos de faros de intelixencia que nos guíen nas tormentas- curtas ou longas, intensas ou febles- que nos depara a mesma. E Manuel Espiña Gamallo pertencía a eses raros seres que atopamos na vida que nos facían non só atoparnos ben senón tamén importantes. Porque el pertenceu a ese raro grupo de homes que defendían con paixón e razoadamente o estado duna espiritualidade enraizada na terra de Galicia, que provén do máis fondo do ser galego. Sentíase orgulloso da súa terra, da sua nación, da súa bandeira, da súa lingua e sobre todo das súas xentes. Para el, Galicia eran as xentes que a habitaban, as emocións que suscitaban, a espiritualidade próxima e fermosa que se enseñoreaba nos pobos galegos. El desexaba que as súas xentes chegasen a Deus dende o máis profundo do ser galego e por eso, porque non existía contradicción algunha proclamaba o orgullo de ser galego e de ser un home de Deus. E eso traducíase en ser un home de ben. Non concebía outra forma de ser nin de actuar. Ser galego era un compendio das mellores virtudes dun cristián e ser cristián era unha amalgama das mellores virtudes galegas. Para as persoas que o coñecimos xogaba na División de Honra da bondade e case sempre, a súa humildade non permitía o "sempre", era o campeón. Testemuñas do seu ben facer, do seu traballo diario en pos dun mundo mellor, seguro que están espalladas ao longo da xeografía galega. Podo dar fe da súa entereza, do seu humor, do seu afecto despregado nos derradeiros días do seu andar por esta vida. Cando a enfermidade o aprisionou e deixou inmóbil aceptouno coa tranquilidade dun home que abrazaba un destino duro e difícil. El, tan independente, tomou conciencia de que dependía enteiramente dos demáis, e moi especialmente, das súas irmás-Josefina e María- que se volcaron para facer que a súa vida fose o máis prácida e fermosa posible ante a dura enfermidade. El sempre nos regalou o seu sorriso, o seu afecto, a súa comprensión e o acougo que emanaba a súa presencia. Era unha persoa de Deus, era un galego de Deus, era, en definitiva un galego-intelixente bondadoso de Deus e, por último grazas pola súa vida e por ter a oportunidade de coñecelo.
2
Querido tocayo: Graciñas por todo
Manuel Silva
2010-03-06 16:52:55
Tratei a don Manuel Espiña estes dez últimos anos da súa vida (2000-2010), o que foi pra min un gran regalo de Deus. Falando con el no despacho do seu piso de Veramar, xantando na "Tasca sueva" ou paseando polo Monte de San Pedro vin encarnadas nel as virtudes teologais: unha gran fe, unha inmensa esperanza e unha profunda caridade. Querido tocayo: Ti que xa estás o lado do noso Pai do ceo, prega por nós. Manuel Silva
3
PUNTO E SEGUIDO PARA MANUEL ESPIÑA GAMALLO
Charo Pérez Espiña
2010-03-04 13:49:09
PUNTO E SEGUIDO PARA MANUEL ESPIÑA GAMALLO (Lembranza da súa sobriña Charo Pérez Espiña) O 28 de febreiro descansou na Paz do Señor o noso querido tío Manolo, persoa exemplar, chea de bondade, amante da súa apreciada Terra galega e defensor da súa lingua. Seguro, e con paso firme, camiñou por esta vida, valorada para el como agasallo de Deus, e adicada a facer o ben e axudar aos máis desfavorecidos. Intelectual e loitador incansable, non tiña o menor reparo en manifestar o seu pensamento e reafirmar as súas crenzas sen vacilar. Para a familia foi un pilar fundamental que sempre estaba presente nos acontecementos máis importantes, presidindo as celebracións cun ton certamente solemne. O Pai do Ceo cumpríulle o seu desexo pasando á Patria Celestial, que tanto ansiaba nesta derradeira etapa, con serenidade, cheo de paz e na compaña dos seus seres queridos. Respectando as últimas vontades, para non sentir nostalxia da Terra onde naceu (que tanto visitaba cando a súa axenda llo permitía), deixará pegada espallando as súas cinzas no nacemento do Lérez percorrendo como el dicía “a miña querida Terra de Montes”. Para todos os que o seguían e admiraban, para os seus familiares e tantos e tantos amigos, Manuel Espiña non se foi, seguirá sempre con nós, permanecerá nos nosos corazóns e lembrarémolo como primeiro servidor, exemplo de humanidade, como unha estrela que nos guiará polo camiño da xustiza e liberdade. ¡Ata sempre, unha aperta, tío Manolo!
4
En nome dos que xa non están
Ana González Oreiro
2010-03-02 16:59:34
Correción de errores: "Doulles o pésame a toda a súa familia en nome da miña: o meu avó, un mestre da Coruña chamado Bernardino González Freire, amigo de Manuel Espiña durante moitos anos e do meu pai, Bernardino J. González Cordero que sempre me falou do cariño que lle tiña ao amigo do seu pai. Ambos faleceron. Unha forte aperta." A.G.O
5
Bágoas Galegas
R.Q
2010-03-02 13:26:37
Galiza en loita. Loito en Galiza. Graciñas por facer da terra un lugar máis habitable... Vémonos
6
Un galego de Deus
Mª Ángeles Pérez Espiña
2010-03-02 13:14:00
El sempre nos regalou o seu sorriso, o seu afecto, a súa comprensión e o sosiego que emanaba a súa persoa. Era un galego de Deus.
7
Un cura galego bo e xeneroso
Carlos Platas Seixas, A Coruña
2010-03-02 12:49:53
Comigo sempre se portou moi ben e aprendín moito del. Alégrome que nos derradeiros días tivese paz e o amor da familia. Graciñas, don Manuel.
8
En nome dos que xa non están
Ana González Oreiro
2010-03-02 11:10:50
Dolulles o pésame a toda a súa familia en nome da miña: o meu abó, un mestre da Coruña chamado Bernardino González Freire, amigo de Manuel Espiña durante moitos anos e do meu pai, Bernardino J. González Cordero que sempre me falou do cariño que lle tiña ao amigo do seu pai. Ambos faleceron. Unha forte aperta. A.G.O
9
Moi difícil decirlle adeus
Loly Pérez Espiña (L.P.Espiña)
2010-03-02 09:54:56
Meu tío MANOLO (MANUEL ESPIÑA GAMALLO) deixounos pero seguirá sempre acompañando as nosas vidas. Quero plasmar en poucas liñas cousa difícil meu recordo: viviu en galego, falou en galego e sentiu en galego. Unha persoa cercana ós necesitados sempre tendendo a man a quen se lle acercou cun problema ou cunha necesidade.Moi afastado da Igrexa encumbrada e lonxana do pobo, non comprendia as riquezas da Igrexa con tantos pobres no Mundo. Para nos un "tío" cercano, familiar e moi cariñoso, amante da unión familiar, disfrutaba moito das xuntanzas. Aprendemos moito nesta última etapa de como unha persoa non ten medo a morrer senón que o ve como un cambio a outra vida na que nos atoparemos todos algún día. Despediuse de min decindo "Ata que todos nos vexamos na Vida Eterna que a todos nos espera" . Recibiu moito cariño das súas irmáns e dos sobriños e dun interminable grupo de amigos de verdade. Foi un exemplo de vida e de morte, tivo a sorte de morrer cun sorriso e emprender este transito durmindo, o merecia moito. Hasta vernos tío Manolo.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.