Domingo, 01 de agosto de 2010 - 10:10 h

Feijóo foi ao Vaticano como parte do “séquito” do arcebispo de Santiago

A oposición ve “unha reminiscencia feudal” na actitude de Feijóo ante o Papa e ínstao a “pórse a traballar no Xacobeo”
DAVID LOMBAO 04/03/2010 - 12:34 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
9 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

Un membro da comitiva do arcebispo de Santiago, Julian Barrio. Ese foi o papel exercido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita, o pasado luns, á Cidade do Vaticano e, nomeadamente, na audiencia na que apostou por “poñer a Galicia á disposición da Súa Santidade”, o Papa Bieito XVI.

Segundo as actividades previstas na axenda oficial do pontífice que cada día edita o servizo de prensa do Vaticano, o día 1 de marzo o máximo dirixente da Igrexa católica tiña previsto entrevistarse con varios bispos e arcebispos procedentes de diversos países do mundo, a maioría deles, nas denominadas visitas ad limina, encontros quinquenais nas que os prelados lle dan conta ao Papa da súa actividade ordinaria.

Dentro dese programa de actos, a Santa Sé indicaba que Bieito XVI recibiría en audiencia ao arcebispo Compostelán “e séquito”, no que se inseriu o titular da Xunta, a súa parella e varios membros do seu gabinete. Esa mesma referencia é posible atopala no servizo fotográfico do Observatorio Romano, o diario editado polo Estado Vaticano e o único que ten a posibilidade de tomar imaxes nestas recepcións.

O carácter dos actos varía se a axenda consultada é, no canto da feita pública polo gabinete do Papa, a transmitida polo Goberno galego. A través da previsión de actividades elaborada polo gabinete de comunicación da Xunta, os medios foron informados de que “o mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, será recibido en audiencia pola Súa Santidade, o Papa Bieito XVI”. Do mesmo xeito, a información achegada polo Executivo á prensa despois do encontro relataba que Feijóo explicara o contido da xuntanza “logo de ser recibido en audiencia no Vaticano polo sumo pontífice”. Pola contra, esa nota informativa da Xunta non menciona a presenza do arcebispo de Santiago.

 

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

O feito de que Feijóo optase por “celebrar” o aniversario da súa vitoria electoral participando nunha audiencia co Papa non foi ben visto dende os grupos da oposición. Dende o punto de vista da voceira do PSdeG, Mar Barcón, a actitude de Feijóo ante Bieito XVI, poñendo Galicia “a disposición” do Papa sitúa ao presidente galego nunha “reminiscencia feudal”.

“É coma os cruzados e os señores feudais –ironiza a socialista–, que ían a Terra Santa e paraban no Vaticano para poñer as súas posesións a disposición do Papa”. Neste sentido, Barcón subliña que “Galicia non é de Feijóo”, senón que o popular foi “elixido democraticamente como presidente da Xunta, pero por catro anos”. “Semella –afirma– que ás veces o señor Feijóo ten unha percepción distorsionada de si mesmo e do que os galegos esperan del”.

Neste escenario, Barcón opta por situar a visita de Feijóo ao Vaticano na esfera da vida “particular” do titular da Xunta, unha análise semellante á realizada polo voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, para quen as palabras de Feijóo sobre Galicia ante Bieito XVI responden “á emoción” e ás súas “crenzas”, pero non ao seu papel coma presidente: “Afortunadamente –matiza– estamos nun país democrático”.

Neste escenario, o deputado nacionalista coida que “fóra de fotografías co Papa”, Feijóo “ten que pórse a traballar”na organización do Xacobeo 2010, comezando por “intervir directamente na Consellería de Cultura e Turismo”.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
COMISIÓN DE FESTAS
SANSOSITO Y CIERRA...
2010-03-03 23:17:27
¿É UNHA INVITACIÓN OU UNHA CONTRATACIÓN PARA CELEBRAR O ANO DA VICTORIA? ¿CÁNTOS CARTOS PÚBLICOS? SE É MENOS QUE UN AUDI, ACEPTO. ¿OS CURAS PAGAN?
2
Volve o nodo a Galicia!
Feijeeta
2010-03-03 22:52:10
Esperpéntica a imaxe de Feijeeta e a súa amiga no Vaticano. Esta señora toda de negro e coa gran cruz colgando lémbrame a señora de Franco entre cardinais. As fotos da visita tiñan que estar en sepia para darlle un toque retro. Volvemos o pasado. A dereita tan relixiosa para a foto e despois nas súas vidas privadas “pecan” a esgallo. Pero xa se sabe a igrexa ca dereita mira para outro lado.
3
O Ratzinger sabe moito de mordidas
Roi Bran
2010-03-03 19:55:04
E da moinantada dos cartos da Gürtel na derradeira viaxe do Ratzinger a Valencia falaron algo? Seguramente os cartos tan no paraiso fiscal vaticano xunto co diñeiro dos mafiosos e do trafico de armas.
4
Feijoo, ¿o Papa sabe o teu?
A.V.
2010-03-03 14:37:46
Anda que cando Benemérito XVI saiba que Habichuelo cohabita en pecado mortal cunha separada... se cadra toda a parafernalia esta da visita inclúe unha dispensa papal e un divorcio pola Igrexa (o que chaman "nulidade matrimonial") para Chiny (abonda con pór trinta moedas de prata sobre o altar e o que separan os curas na terra non o arranxa nin Diola no ceo). É máis: anda que non daría espectáculo unha boda presidencial oficiada por Súa Santidade na Catedral de Santiago, co nuncio PPaco Vázquez de padriño...
5
OU SEXA...QUE...
un de acá e dacolá
2010-03-03 13:09:06
OU SEXA QUE...EN VEZ DE IR COMO MÁXIMO REPRESENTANTE E PRESIDENTE DE GALICIA...QUE PARA VE-LO PAPA DEBERÍA SER MÁIS QUE SUFICIENTE...PARA QUE O PAPA LLE FIXERA CASO TIVO QUE IR COMO INVITADO DUN DELEGADO DOUTRO ESTADO??..O ARZEBISPO DE SANTIAGO???...(lembremos que o vaticano é un estado e o Papa o seu "xefe", o que fai a o arcebispo como un "cónsul doutro estado en Galicia")...VAIA CHULERÍA POR UNHA PARTE...E VAIA XEITO DE LAME-LO CHAN POR OUTRA...todos sabemos de quen se fala en ambos sentidos...
6
en pecado
Felicia
2010-03-03 10:06:52
Me parece fatal que el sr Feijoo lleve a su chica, con la que supuestamente vive en Monte Pio, a visitar al Papa. Va a visitarlo para casarse antes de terminar su mandato? Porque peor que eso sería que ponga a Galicia después de un año de echarla a perder, a disposición papal.
7
Chamar ao cura
Manuel
2010-03-03 09:37:26
Cando unha persoa está mal e mandan chamar o cura, mal asunto. Cando o goberno dun pais (C.A.) ante a crisis o único que se lle ocorre é chamar ir ver o Papa, e que a cousas está fodida.
8
Outro cas fotos
Anxo
2010-03-03 09:33:25
Maís traballar e menos fotografiar
9
Merendiñas 2
2010-03-03 09:00:32
Merendiñas 2, e decir Feijoo, non ten tempo para traballar en Galicia pois anda atareado na sua campaña persoal co a presunta idea de sustituir a Rajoy.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.