O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu esta mañá que a visita do Papa Bieito XVI a Santiago foi froito das xestións do arcebispo de Santiago, Julián Barrio, ante o Vaticano, descartando polo tanto que a súa integración no "séquito" do prelado compostelán, o pasado día 1 en Roma, fose decisiva no resultado das negociacións.
Neste sentido, Feijóo mostrouse "agradecido" por unha visita que "non é ningún mérito do presidente, senón do pobo galego, de España e da xerarquía eclesiástica galega e española, que convenceron ao Santo Padre de que era o momento oportuno" para visitar a capital de Galicia.