Galicia celebra o Día Mundial da Poesía con versos solidarios

No acto participaron Luísa Castro, González Tosar, o chileno Sergio Macías, o haitiano James Nöel e a italiana Federica D’Amato
ALBERTO RAMOS 26/03/2010 - 00:46 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

Cinco poetas subiron onte ao escenario no Centro Social Caixanova de Compostela cos versos nos beizos e a solidariedade no corazón para celebrar o Día Mundial da Poesía cunha especial lembranza para as vítimas dos terremotos que devastaron Chile, Italia, Turquía e Haití no último ano. En representación de Galicia, Luís González Tosar e Luísa Castro actuaron de anfitrións para o chileno Sergio Macías Brevis, a italiana Federica D’Amato e o haitiano James Noël.

“Polas desgrazas que sufriron países amigos, quixemos darlle un sabor solidario a esta celebración porque a poesía é compromiso, hai que reivindicar o compromiso”, explicou o poeta e presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar, quen recitou varias pezas do seu último libro, Estúrdiga Materia. “A natureza pode ser o máis marabilloso deste mundo, pero tamén terrible cando se manifesta coa súa devastadora forza. Usamos a palabra para amosar o noso apoio”, sinalou Tosar.

Pola súa banda, Luisa Catro leu un único poema, de longa extensión, para amosar o seu pesar polas vítimas dos sismos. Un poema sen título, pero que comeza cun sinxelo “Construír miña alma ao modo dos fabulosos granxeiros”. Luisa Castro elixiu ese texto polo seu significado que, aínda que non ten relación coas catástrofes naturais vividas nos últimos tempos, amosa unha das caras máis duras da dor humana. “Non é un poema feito a propósito das desgrazas de Chile ou Haití, pero hai unha relación directa con ese sufrimento porque reflicte a dor de perder o lugar no que se vive e indica un camiño cara a resurrección. Este poema céntrase na situación dos palestinos e xudeus”, sinala a poeta galega. Pola súa banda, o chileno Sergio Macías Brevis recitou un poema inédito, inspirado no sismo que sufriu o seu país, titulado Cuando la tierra y el mar sueltan su dureza.

A continuación, James Noël participou en representación de Haití nun acto poético no que a organización quixo homenaxear o seu compatriota George Anglade, presidente do PEN Haití, poeta e intelectual que faleceu no terremoto. En representación de Italia, participou a poeta Federica D’Amato que completou o póquer de versos desta celebración do Día Mundial da Poesía.

O acto, ademais do recital, tamén incluíu a intervención do profesor Darío Villanueva, quen falou da figura de Gabriela Mistral como exemplo de poeta solidaria e comprometida socialmente.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.