Morris: “Sería un suicidio teatro en castelán no CDG”

O veterano profesional da escena propón crear unha fronte ampla para frear os recortes no eido da cultura
IAGO MARTÍNEZ 17/06/2010 - 00:12 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 19 voto/s

“A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) non é presidencialista”, apúrase a matizar Morris ao outro lado do teléfono. “As decisións tómanse por consenso e o traballo está repartido en vogalías. O meu papel é meramente testemuñal”. Con todo, non lle ha faltar traballo a Antonio Durán Morris que vén de iniciar este domingo, cando foi elixido para compartir con outros dez compañeiros a nova executiva da entidade. Sucede na presidencia a Vicente Montoto, de quen herda un feixe de frontes abertas. A máis grave, a económica: “As medidas anticrise van xerar máis paro, tamén na cultura. Se hai algunha solución, pasa por estarmos unidos”.

Xosé Luíz López Sacha, como secretario, e Casilda Alfaro, que será vicepresidenta se a asemblea da AAAG aproba a modificación dos seus estatutos, acompañan a Morris na primeira liña da nova executiva. Complétana Mónica García, José Leis, Vicente de Souza, Josi Lage, Estíbaliz Veiga, César Cambeiro, Rubén Prieto e Fernando Morán. Por diante, varias tarefas. As máis inmediatas, rematar a nova web do colectivo, difundir e defender o convenio colectivo do teatro, promocionar o catálogo de profesionais e auspiciar unha fronte común para facerlles fronte aos recortes da Xunta. “Temos que estar todos, dende os escritores e os actores até institucións como a Real Academia ou o Consello da Cultura”.

Dun Diario Oficial de Galicia a outro, a Axencia Galega das Industrias Culturais reduciu de 2,3 a 2,1 millóns de euros as axudas ao sector para este ano. A “corrección”, como lle chamou a Xunta, parece que xa non ten volta atrás. “Daquela, terá que haber polo menos unha rectificación nas actitudes”, arrisca Morris. “A medida foi agresiva e mal intencionada. Na reunión á que non se nos convocou nin sequera estaba o conselleiro de Cultura”.

A defensa da lingua é outro dos tradicionais campos de batalla na asociación, que onte lle comunicou oficialmente á plataforma Queremos Galego o seu desexo de subir ao barco. “O que máis nos preocupa é que non baixe o nivel de produción do teatro público nin se perdan postos de traballo”, explica Morris, “pero tamén estamos en contra do decreto. E por suposto, de que o Centro Dramático Galego (CDG) faga teatro en castelán. Creo sinceramento que é un fantasma que ninguén quere axitar. Sería un suicidio”.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
CDG SEMPRE EN GALEGO
UxioRiouxa
2010-06-15 10:08:52
O CDG naceu , como unha póla máis da normalización lingüística para apoiar o teatro galego e sobre todo FEITO NA NOSA LINGUA.Nada teño en contra de que se representen obras traducidas, pero sempre traducidas ao galego, que é quen necesita a normalización. O teatro en castelán leva xa séculos normalizado.De acordo, Morris, que sería un suicidio; aquí non se pode dar nin un paso atrás, porque como se abra unha fenda por pequena que sexa, o barco vai a pique. Cómpre estarmos todos moi espertos e moi unidos para non tolerar máis aldraxes deste Conselleiro de Incultura, o de "Desván de los Monjes". Que peniña!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.